Centro Cultural e Deportivo Cerceda
O Centro Cultural e Deportivo Cerceda é o equipo de fútbol de Cerceda (A Coruña). Fundado en 1968 xoga na actualidade na Segunda División B. O club está xestionado polo Club Deportivo Lugo desde a temporada 2017-18. En xuño de 2018, sumido en graves problemas económicos, tras quedar último no grupo I de Segunda B, anunciou que non se inscribiría en competición ningunha na temporada seguinte. O seu campo de fútbol é o Campo do Roxo, con capacidade para 1.000 espectadores.
Cerceda | |||
---|---|---|---|
Nome | Centro Cultural e Deportivo Cerceda | ||
Fundación | 1968 (51 anos) | ||
Estadio | O Roxo, Cerceda, Galicia | ||
Capacidade | 1.000 | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Liga | 2ªB – Grupo 1 | ||
2016–17 | 3º (3ª) | ||
Vestimenta | Luanvi | ||
Páxina web | Páxina web | ||
| |||
HistoriaEditar
Dende 1998 leva xogando ininterrompidamente na Terceira División, sen descender nin un só ano a Preferente. En catro ocasións gañou a competición de Terceira División, nas tempadas 1995–96, 2002–03, 2003–04 e 2010–11. Xogou a promoción de ascenso a Segunda B en catro ocasións, as catro sen éxito.
- en 1996, contra o Atlético Bembibre, o Colmenar Viejo e o Oviedo B, da que ascendería o equipo asturiano[1].
- en 1999, contra o Atlético de Madrid C, a Gimnástica Segoviana e o Marino de Luanco, onde ascendeu o equipo de Segovia[2].
- en 2003, contra o La Bañeza, o Rayo Majadahonda e o Titánico, onde ascendeu o equipo de Majadahonda[3].
- en 2004, contra o Navalcarnero, equipo que finalmente ascendería, contra o que perdeu en primeira rolda 1-0 e 0-0 [4].
Na tempada 2010–11 resultou campión da categoría, xogando a fase de ascenso como primeiro de grupo. Na primeira rolda caeu contra o UE Llagostera (0–3, no global), pero podendo xogar a segunda ao ser campión. Na segunda rolda caeu contra o UD San Sebastián de los Reyes (2–3, no global), sendo eliminado definitivamente.
Na tempada 2016-17 ascende por fin a Segunda B tras perder na terceira eliminatoria do play-off, pero aproveitando o descenso administrativo do Boiro.
Cadro actualEditar
XogadoresEditar
- Datos do 18 de agosto de 2017.
|
Datos do clubEditar
Historial na ligaEditar
|
|
|
XogadoresEditar
Cadro actualEditar
|
PalmarésEditar
- Terceira División (4): 1995–96, 2002–03, 2003–04, 2010–11
- Subcampión da Terceira División (2): 2009–10, 2013–14
- Copa Galiza (1): 2009
- Fase Autonómica Galega da Copa RFEF (2): 1996–97, 2009–10
- Preferente Autonómica (1): 1993–94
- Segunda Autonómica (1): 1989–90
- Copa Deputación da Coruña (3): 2004, 2008, 2009
NotasEditar
- ↑ Promoción a Segunda B - 1995-96 Arquivado 01 de marzo de 2009 en Wayback Machine., Futbolme.com
- ↑ Promoción a Segunda B - 1998-99 Arquivado 01 de marzo de 2009 en Wayback Machine., Futbolme.com
- ↑ Promoción a Segunda B - 2002-03 Arquivado 01 de marzo de 2009 en Wayback Machine., Futbolme.com
- ↑ Promoción a Segunda B - 2003-04 Arquivado 01 de marzo de 2009 en Wayback Machine., Futbolme.com