Campo Municipal Ponte dos Brozos
campo de fútbol en Sabón, Arteixo
Coordenadas: 43°18′39″N 8°30′30″O / 43.310861111111, -8.5083888888889
O Campo Municipal Ponte dos Brozos é unha instalación deportiva dedicada á práctica do fútbol situada nunha área de equipamento deportivo e de educación do Polígono Industrial de Sabón, Arteixo. O seu propietario é o Concello de Arteixo e nel xoga os seus partidos como local o Atlético Arteixo.
Campo Municipal de Fútbol Ponte dos Brozos | |
---|---|
Datos | |
Localización | Avenida Arsenio Iglesias s/n 15142 Arteixo ![]() |
Estadio | |
Superficie | Herba natural |
Dimensións | 100x62 |
Capacidade | 2.000 |
Propietario | Concello de Arteixo |
Localía | Atlético Arteixo |
Dispón dun terreo de xogo de herba natural de 100 x 62 metros; conta ademais cunha bancada cuberta con capacidade para unhas 2.000 persoas, aparcadoiro e outro campo anexo de herba artifical[1].
Notas Editar
- ↑ "Campo de Fútbol Municipal Ponte dos Brozos". Páxinas Galegas. Consultado o 03-04-2016.