Sigüeiro, Oroso, Oroso
Sigüeiro é unha vila da parroquia de Oroso, no concello coruñés de Oroso. Segundo o IGE en 2018 tiña 3.845 habitantes (1.921 homes e 1.924 mulleres)[1]. É a capital administrativa do concello.
Sigüeiro | |
---|---|
Casa consistorial de Oroso | |
Parroquia | Oroso |
Concello | Oroso |
Coordenadas | 42°58′08″N 8°26′34″O / 42.968888888889, -8.4427777777778 |
Poboación | 3.845 hab. (2018) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarAta o ano 2005 existían oficialmente dous lugares co nome de Sigüeiro nos concellos de Oroso e Santiago de Compostela. O Decreto 25/2005 do 3 de febreiro (DOG nº 34 do 18 de febreiro)[2] incorporou o lugar do concello de Santiago ao concello de Oroso xa que, como se recolle en dito decreto, "na actualidade Sigüeiro configúrase como un único núcleo urbano, integrado por Sigüeiro de Oroso e Sigüeiro de Santiago de Compostela". Porén, no Nomenclátor de Galicia seguen a aparecer en 2015 ambos os lugares en cadanseu concello, feito que está en contradición co Decreto anteriormente nomeado.
Sigüeiro pertence á parroquia da Barciela cuxo territorio se reparte entre os concellos de Oroso e Santiago de Compostela.
Galería de imaxes
editar-
Vídeo cruzando Sigüeiro pola N-550.
Notas
editar- ↑ O número total de habitantes é a suma dos correspondentes aos dous lugares que aparecen no nomenclátor do IGE con este nome nos concellos de Oroso e Santiago de Compostela. Véxase: IGE (ed.). "Nomenclátor de Galicia, ano 2014. Busca por entidades". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2021. Consultado o 28 de abril de 2021.
- ↑ DOG (ed.). "DECRETO 25/2005, do 3 de febreiro, polo que se resolve o expediente de segregación-agregación entre os termos municipais de Santiago de Compostela-Oroso".
Lugares e parroquias
editarLugares de Oroso
editarLugares da parroquia de Oroso no concello de Oroso (A Coruña) | |
---|---|
O Alto de Vilanova | O Barreiro | O Cruceiro | A Estación de Oroso | A Foca | A Igrexa | Os Mariñaos | Oroso Pequeno | A Pena | Os Riás | San Martiño | Sigüeiro | A Ulloa | Vilacide de Abaixo | Vilacide de Arriba | Vilalbarro | Vilanova |