Deixebre, Oroso

parroquia civil do concello de Oroso

Santa María de Deixebre[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Oroso. Segundo o IGE en 2018 tiña 334 habitantes (164 homes e 170 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación.

Deixebre
Igrexa de Santa María de Deixebre.
ConcelloOroso[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°00′40″N 8°25′54″O / 43.011, -8.4318
Poboación334 hab. (2018)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

Deixebre sitúase entre as parroquias de Oroso e mais Santa Cruz de Montaos e Beán (concello de Ordes). Está atravesada pola autoestrada AP-9, e a carón dela discorre a estrada N-550.

A igrexa parroquial de Santa María de Deixebre atópase nos Carballos, a carón da carballeira do campo da festa e do cemiterio. O antigo templo parroquial estaba na aldea da Igrexa, preto da fonte da Santiña. Celébranse as festas de Santa Margarita o 24 de xullo e Santa María o 15 de agosto.

O equipo de fútbol da SD Deixebre xoga na Segunda Autonómica de Galicia. Foi creado a mediados do século XX, e xoga no campo do Peteiro. O seu uniforme é camiseta negra con raias brancas no lateral.

Atravesando Deixebre pola N-550.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Deixebre

editar
Lugares da parroquia de Deixebre no concello de Oroso (A Coruña)

Baxoia | Bouzalonga | A Burata | Os Carballos | A Igrexa | Peteiro | A Rúa | Vilar de Abaixo | Vilar de Arriba

Parroquias de Oroso

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Oroso

Os Ánxeles (San Mamede) | Calvente (San Xoán) | Cardama (Santa María) | Deixebre (Santa María) | A Gándara (San Miguel) | Marzoa (San Martiño) | Oroso (San Martiño) | Pasarelos (San Román) | Senra (Santa Eulalia) | Trasmonte (Santo Estevo) | Vilarromarís (San Tomé)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar