Club Deportivo Ribadumia

equipo galego de fútbol

O Club Deportivo Ribadumia é un club galego de fútbol que naceu en 1959 en Ribadumia. Na actualidade compite na Terceira División, logo de ascender na tempada 2019–20.

Ribadumia
NomeClub Deportivo Ribadumia
Alcume(s)Riber
Fundación1959
EstadioA Senra,
Ribadumia, Galicia
Capacidade2000
PresidenteGalicia Alberto Vázquez Ruibal
AdestradorGalicia Luis Carro
Liga3ª – Grupo 1
2019/20
VestimentaTrezze
PatrocinadorTreyco
Na rede
Facebook: CDRibadumia Twitter: cd_ribadumia Instagram: cdribadumia_ Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo

Historia

editar

O club fundouse en 1959, sendo o seu primeiro presidente Amadeo Serantes.[1] En 1961 comezou a competir na liga das Rías Baixas, permanecendo nesta categoría ata 1975, cando pasou a Terceira Rexional. En 1985 ascendeu a Segunda e na tempada 1989/90 ascendeu por primeira vez a Primeira Rexional. Estivo só un ano na categoría, descendendo de novo a Segunda ao remate da tempada, ata que volveu ascender na 1993/94.[2]

Na tempada 2006/07 acabou campión do grupo 4º, conseguindo o ascenso a Preferente, categoría na que xogaría durante os seguintes sete anos.[3][4] Na tempada 2013/14 o equipo conseguiu o seu primeiro ascenso á Terceira División, despois de quedar campión do Grupo Sur de Preferente,[5] con Gabriel Leis no banco e liderado no campo por Changui, autor de 32 goles.[6][7] O equipo alcanzou a sétima praza na súa primeira tempada en Terceira. Nesa tempada creouse tamén o Ribadumia B, un filial para formar xogadores da canteira, que comezou a xogar en Terceira Autonómica Grupo 15.

Tras cinco tempadas en Terceira, o Ribadumia volveu caer a Preferente ao remate da tempada 2018/19, ao rematar 18º. Con todo, o equipo acabou como primeiro do Grupo Sur no seu regreso a Preferente. Venceu ademais ao Viveiro, primeiro do grupo Norte, proclamándose así como campión de Preferente e accedendo á fase previa da Copa do Rei.[8] En dita fase xogada o 11 de novembro de 2020 o equipo ribadumiense, adestrado por Luis Carro, conseguiu unha histórica clasificación para a Copa, derrotando en Cantabria ao Miengo FC por 0-1, cun gol de Diego Abal.[9] No sorteo da primeira rolda o equipo quedou emparellado co Cádiz CF, de Primeira División,[10] contra o que finalmente quedou eliminado ao perder por 0-2 na Senra.[11]

Datos do club

editar

Historial na liga

editar
Tempada Categoría Posto
1988/89 2ª Autonómica
1989/90 2ª Autonómica
1990/91 1ª Autonómica 12º
1991/92 2ª Autonómica 14º
1992/93 2ª Autonómica
1993/94 2ª Autonómica
1994/95 1ª Autonómica 17º
1995/96 1ª Autonómica 13º
1996/97 1ª Autonómica
1997/98 1ª Autonómica
1998/99 1ª Autonómica
1999/00 1ª Autonómica
2000/01 1ª Autonómica
2001/02 1ª Autonómica
2002/03 1ª Autonómica 15º
2003/04 2ª Autonómica
2004/05 1ª Autonómica 14º
Tempada Categoría Posto
2005/06 1ª Autonómica
2006/07 1ª Autonómica
2007/08 Preferente 13º
2008/09 Preferente
2009/10 Preferente 10º
2010/11 Preferente 14º
2011/12 Preferente
2012/13 Preferente
2013/14 Preferente
2014/15
2015/16 11º
2016/17 15º
2017/18 12º
2018/19 18º
2019/20 Preferente
2020/21
  1. "La Diputación edita un libro sobre los 50 años del club Ribadumia". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de marzo de 2011. Consultado o 12 de novembro de 2020. 
  2. "Un encuentro con la historia". La Voz de Galicia (en castelán) (Arousa ed.). 9 de xullo de 1994. p. 46. 
  3. "El Ribadumia aseguró su ascenso a Preferente pese a su derrota". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de abril de 2007. Consultado o 12 de novembro de 2020. 
  4. "Primera Autonómica". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de maio de 2007. p. 38. 
  5. "Histórico ascenso do Ribadumia a Terceira División". 11 de maio de 2014. Consultado o 12 de novembro de 2020. 
  6. "El Ribadumia gana en Atios y acaricia un histórico ascenso" (en castelán). 21 de abril de 2014. Consultado o 12 de novembro de 2020. 
  7. "Changui marcó dos goles en el histórico debut del Ribadumia". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de agosto de 2014. Consultado o 12 de novembro de 2020. 
  8. "Éxito del equipo Ribadumia desde los once metros" (en castelán). 11 de outubro de 2020. Consultado o 12 de novembro de 2020. 
  9. Espiño, Diego (11 de novembro de 2020). "Histórico Ribadumia! Vence o Miengo en Cantabria (0-1) e recibirá a un equipo de Primeira na Copa do Rei". Pontevedra Viva. Consultado o 12 de novembro de 2020. 
  10. Otero, Manu (16 de novembro de 2020). "Copa do Rei: O Ribadumia recibirá ao Cádiz; o Pontevedra, ao Cartagena". Pontevedra Viva. Consultado o 16 de novembro de 2020. 
  11. Espiño, Diego (17 de decembro de 2020). "O Cádiz esperta do soño copeiro a un digno Ribadumia (0-2)". Pontevedra Viva. Consultado o 26 de decembro de 2020.