Abrir o menú principal

O Cádiz CF é un equipo de fútbol español da cidade de Cádiz, en Andalucía. Foi fundado en 1910 e actualmente compite na Segunda División.

Cádiz CF
NomeCádiz Club de Fútbol, S.A.D.
Alcume(s)El Submarino
Fundación10 de setembro de 1910 (109 anos)
EstadioRamón de Carranza
Cádiz, España
Inauguración1955
Capacidade25.724
PresidenteEspaña Manuel Vizcaíno
AdestradorEspaña Álvaro Cervera
LigaSegunda División
2015–164.º (2ªB – Grupo 4)
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra
Terceira

HistoriaEditar

Fundouse en 1910 por José Rivera y Lora. Compite por primeira vez no Campionato Nacional de Liga de Segunda División na tempada 1935-36, baixo a denominación de Mirandilla F.C. En xuño de 1936, cambia a súa denominación pola de Cádiz F.C., nome máis representativo da cidade.

Foi campión de Liga en todas as categorías nas que participou, excepto na Primeira División. O seu maior logro na Copa do Rei foi na tempada 1989-90 cando alcanzou as semifinais. En sete ocasións conseguiu o Trofeo Ramón de Carranza, o seu histórico torneo de verán.

EstadioEditar

Artigo principal: Estadio Ramón de Carranza.

O estadio Ramón de Carranza é o actual estadio do Cádiz. Foi construído entre maio de 1954 e agosto de 1955 e ao final foi inaugurado o día 2 de setembro de 1955, co partido disputado entre o mesmo Cádiz e o FC Barcelona, acabando co resultado de 0-4 favorable ao equipo catalán. Actualmente está en proceso de iniciarse a terceira fase da súa remodelación, a primeira fase concluíu a principios de 2005, a segunda fase do fondo norte concluíu en 2008 e a terceira fase da tribuna prevé finalizarse en 2010, ano no que o Cádiz CF celebra o seu centenario. Actualmente o propietario do estadio non é o equipo de fútbol senón o Concello.

Datos do clubEditar

XogadoresEditar

Categoría principal: Xogadores da Cádiz CF.

Cadro 2009/10Editar

Posto País Xogador
1 POR   Dani Miguélez
2 DEF   José Julián De la Cuesta
3 DEF   Raúl López
4 DEF   Mansilla
5 DEF   Dani Fragoso
6 MED   Jon Erice
7 DEF   Cristian
8 MED   Enrique
9 DEL   Diego Tristán
10 MED   Fran Cortés
11 MED   López Silva
12 DEL   Mariano Toedtli
13 POR   Kiko Casilla
Posto País Xogador
14 DEL   Bartholomew Ogbeche
15 DEF   Cifu
16 MED   José Andrés Fleurquín
17 MED   Velasco
18 DEL   Arriaga
19 MED   Víctor Ormazábal
20 MED   Abraham
21 MED   Caballero
22 MED   Nano González
23 DEF   Jaume Costa
24 DEF   Álvaro Silva
25 POR   Zdeněk Zlámal

PalmarésEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar