Campo da Porta Santa
O Campo Municipal de Fútbol A Porta Santa é unha instalación destinada á práctica do fútbol situada no lugar de Paiosaco, parroquia de Lestón. Nel, xoga os seus partidos como local a Unión Deportiva Paiosaco e o seu propietario é o Concello da Laracha.
Campo Municipal de Fútbol A Porta Santa | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 43°15′01″N 8°33′28″O / 43.250277777778, -8.5577777777778 |
Localización | Porta Santa s/n - Lestón, 15145 Laracha |
Construción | |
Inauguración | 1 de outubro de 2005 |
Estadio | |
Superficie | Herba aritficial |
Dimensións | 105 x 65 |
Capacidade | 250 (sentados) 500 (total) |
Propietario | Concello da Laracha |
Localía | UD Paiosaco |
[ editar datos en Wikidata ] |
O seu terreo de xogo é de céspede artificial de 105 x 65 metros e conta cunha bancada cuberta con capacidade para 250 espectadores[1], sendo a capacidade total do recinto de 500 persoas[2]. En 2013 instaláronse asentos de plástico con respaldo na bancada[3].
Atópase a poucos metros do antigo campo, do mesmo nome e foi inaugurado o 1 de outubro de 2005 cun encontro entre a UD Paiosaco e o Sporting Ciudad da Coruña. Este novo recinto supuxo un investimento de 1.000.000 de euros. A maior contía foi achegada polo Concello da Laracha, aínda que tamén participaron a Deputación Provincial da Coruña e a Xunta de Galicia. Desde a tempada 2002-2003, o Paiosaco viña xogando no Campo Municipal da Laracha por mor das malas condicións da vella Porta Santa.[4]
Notas
editar- ↑ "O concello instala asentos plásticos nas bancadas dos campos de fútbol municipais da Laracha e de Paiosaco — EL NOTICIERO DE ARTEIXO". EL NOTICIERO DE ARTEIXO. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2016. Consultado o 2016-04-10.
- ↑ "U.D. Paiosaco Hierros Añón :: Estadio ::". 162.217.173.178. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2016. Consultado o 2016-04-10.
- ↑ "Inicio de las obras de mejora de las instalaciones del campo de fútbol de Paiosaco/El diario da Laracha". El diario de Laracha (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2016. Consultado o 2016-04-10.
- ↑ Galicia, La Voz de. "El Paiosaco inaugura ante el Sporting Ciudad el nuevo campo municipal A Porta Santa". www.lavozdegalicia.es. Arquivado dende o orixinal o 20/04/2016. Consultado o 2016-04-10.