Cultural Deportiva Beluso
A Cultural Deportiva Beluso é un club de fútbol galego da parroquia de Beluso (Bueu). Fundouse en 1975, e compite no Grupo 2 da Preferente Galicia. O seu terreo de xogo é o campo das Laxes.
Beluso | ||
---|---|---|
Nome | Cultural Deportiva Beluso | |
Estadio | As Laxes Beluso (Bueu) | |
Presidente | Antonio Castro "Toñín" | |
Adestrador | Rafa Villaverde | |
Liga | Preferente – Grupo 2 | |
2023/24 | 4º | |
Na rede | ||
| ||
En 1985 ascendeu por primeira vez á Segunda Rexional, onde se mentivo 6 tempadas antes de dar o salto a Primeira Rexional na 1990-91, na que sería a primeira época dourada do Beluso. Nos anos 90 era unha canteira forte en Galicia, chegando algún dos seus xogadores a Segunda e Segunda B. Na 1995-96 descendeu a Segunda Rexional, e non volveu á maior categoría da provincia ata as tempadas 2005-06 e 2006-07.
No ano 2009-10 tocou chan en terceira rexional pero a partir de aí unha serie de ascensos en poucos anos levárono á súa maior época dourada co ascenso a Preferente Galicia na 2017-18. Sendo un equipo humilde foise consolidando na categoría, chegando incluso a loitar polo playoff a Terceira División. Na 2022-23 descendeu por arrastres, pero conseguiu ascender de novo na seguinte campaña, cun equipo totalmente renovado.
Mantén unha forte rivalidade co Rápido Bahía, co que ao longo dos anos disputou derbis moi igualados tanto en categoría absoluta como nas inferiores. Fai pouco o Beluso acadou unha vitoria histórica no derbi contra o Bahía por 8-1.
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta azul celeste, pantalón branco e medias azuis celestes.
Datos do club
editarHistorial na liga
editarTempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
2014/15 | 1ª Autonómica | 4º |
2015/16 | 1ª Autonómica | 14º |
2016/17 | 1ª Autonómica | 1º |
2017/18 | Preferente | 9º |
2018/19 | Preferente | 8º |
2019/20 | Preferente | 14º |
2020/21 | Preferente | 6º |
2021/22 | Preferente | 9º / 2º |
2022/23 | Preferente | 16º |
2023/24 | 1ª Galicia | 4º |
2024/25 | Preferente | — |