Campo Municipal de Fútbol da Gándara
campo de fútbol en Salceda de Caselas
Coordenadas: 42°05′54″N 8°33′17″O / 42.09825, -8.55472
O Campo Municipal de Fútbol da Gándara é unha instalación destinada á práctica do fútbol na vila de Salceda de Caselas. O seu propietario é o Concello de Salceda de Caselas e nel xoga os seus partidos como local o Caselas Fútbol Club.
Campo Municipal de Fútbol da Gándara | |
---|---|
Datos | |
Localización | Avenida de Galicia 53, 36470 Salceda de Caselas, Galiza |
Estadio | |
Superficie | Herba artificial |
Capacidade | 433 |
Propietario | Concello de Salceda de Caselas |
Localía | Caselas FC |
Ten un terreo de xogo de céspede cunha bancada cuberta con capacidade para 433 espectadores[1]. En 2014 acometéronse obras de mellora do terreo de xogo por parte da Deputación de Pontevedra[2].
Notas Editar
- ↑ "Instalaciones deportivas del CASELAS F.C. . Como llegar.". www.caselasfc.es. Consultado o 2016-04-11.
- ↑ "Visita a las obras de mejora en el campo de fútbol de A Gándara, en Salceda". Faro de Vigo. Consultado o 2016-04-11.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Paz Antón, X. R. (2017). Crónicas do fútbol na Gándara. Concello de Salceda de Caselas.