Caselas Fútbol Club
O Caselas Fútbol Club é un equipo de fútbol galego de Salceda de Caselas. Fundouse en 1967 e compite no Grupo 5 da Primeira Autonómica de Galicia. O seu terreo de xogo é o Campo da Gándara.
Caselas | |||
---|---|---|---|
Nome | Caselas Fútbol Club | ||
Fundación | 1967 | ||
Estadio | A Gándara, Salceda de Caselas, Galicia | ||
Liga | 1ª Autonómica – Grupo 5 | ||
2017–18 | 15º (Preferente – Grupo Sur) | ||
Na rede | |||
https://www.caselasfc.es | |||
| |||
Historia
editarEn Salceda de Caselas, o 28 de xuño de 1967, por instancia de varios veciños e coa asistencia das autoridades locais, celébrase unha reunión no Concello co obxectivo de construír unha sociedade deportiva. O anuncio da reunión espertou grande interese entre a veciñanza. Discutidos amplamente todos os puntos sometidos a consideración dos presentes, chegouse á conclusión de que, tendo en conta a grande afección que existe nesta comarca, debería constituiíse un equipo de fútbol co nome de "Caselas FC". Tras amplas deliberacións, acórdase nomear unha comisión xestora encargada da constitución da "Sociedad Deportiva Caselas FC" e da redacción dos seus estatutos. Así mesmo, acórdase abrir prazo para a presentación de candidatura para a xunta directiva e que, tan pronto estean os estatutos, se convoque unha asemblea para a súa aprobación.
Este equipo representativo da localidade ata aquí chamábase "Salceda FC". Ao solicitar a inscrición federativa, viuse obrigado a variar o nome por "Caselas FC".
Inicialmente, o uniforme foi: camiseta azul celeste, pantalón negro e medias negras con rebordo branco.
O escudo é un círculo en cuxo interior figuran un C, mais un F superposto e máis pequeno e, igualmente superposto e máis pequeno, un C.
A afección do Caselas F.C foi premiada pola Federación Galega de Fútbol, como a máis deportiva da tempada 1967-1968.
Datos do club
editarHistorial na liga
editar
|
|
|
Palmarés
editar- Dúas ligas de División Preferente Autonómica, grupo sur: 1991-1992 e 1999-2000.
- Unha liga de Primeira División Autonómica: 1976-1977.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Paz Antón, X. R. (2017). Crónicas do fútbol na Gándara. Concello de Salceda de Caselas.
Ligazóns externas
editar