Xosé Ramón Paz Antón
Xosé Ramón Paz Antón, nado no Porriño en 1957, é un músico, pintor, escritor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1957 ![]() O Porriño, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | músico, escritor, pintor, político ![]() |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarMembro fundador do grupo musical Na Lúa (1980), compartiu este labor coa actividade plástica a partir da década dos noventa. Uns anos despois comeza a publicar artigos e libros sobre historia contemporánea e musicoloxía. Foi concelleiro do BNG no Porriño no período 1991-2003 e en 2011. Elixido parlamentario pola provincia de Pontevedra nas eleccións autonómicas de 2005, presidiu as Comisións de Industria e Emigración do Parlamento galego. En 2012 pediu a baixa no BNG e tamén como concelleiro con Raúl Francés e Victoria Cardoso.[1]
Exposicións
editarAlgunhas exposicións individuais: 26 Pinturas Neomíticas (1993), Viaxe Interior (1995), Individual en Galería Trisquel e Medulio (2002), Música Plástica (2011), Revisións (2015).
Discografía
editarCon Na Lúa
editar- Na Lúa (1985).
- A estrela de Maio (1987).
- Ondas do mar de Vigo (1988).
- Contradanzas (1991).
- Peliqueiro (1994).
- Os tempos son chegados (1997).
- Feitizo (1999).
- As fases de Na Lúa (2001).
Con Uxía
editar- Foliada de marzo (1986).
- Entre cidades (1991).
Obras
editar- O Porriño 1936, 2007.
- Bandas, músicos e orquestras do Porriño, 2009.
- O compositor Antonio Paz Valverde e a Coral Polifónica, 2010.
- Salceda en festa. Historia das bandas de música de Salceda de Caselas, 2011.
- O Doutor Zunzunegui, 2015.
- Crónicas do fútbol na Gándara, 2017.
- Antonio Palacios, unha viaxe por Galicia (2019). Ed. de Xosé Ramón Pan Antón. Engaiolarte. 176 páxs. ISBN 978-84-949007-2-3.
Obras colectivas
editar- O Porriño-Bibliografías (2005) con Albino Alonso e David Pérez.
- O Miño, unha corrente de memoria (2008).
- Facianas da represión franquista en Terra de Montes (2011) con Dionísio Pereira.
- Bandas de Pontevedra (2014).
Notas
editar- ↑ "Lo que pasó en el BNG fue un divorcio y la vida pondrá a cada uno en su sitio", artigo en Faro de Vigo, 20 de abril de 2012 (en castelán).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Alfonso Pato (23 de febreiro de 2009). "Paz Antón, músico en excedencia". El País.