Abrir o menú principal

Agrupación Estudiantil

O Agrupación Estudiantil é un club de fútbol galego, fundado en 1982 na parroquia de Loimil, no concello da Estrada. Compite na Terceira Autonómica.

Agrupación Estudiantil
NomeCF Agrupación Estudiantil
Fundación1982
EstadioOs Casares,
A Estrada, Galicia
Liga3ª Autonómica Grupo 7
2018–1920
Na casa

HistoriaEditar

Na tempada 2016/17 o Estudiantil quedou a tres puntos de ser campión de Preferente, o que lle daría o ascenso directo a Terceira División. O club acudiu ao Comité de Competición da Federación Galega de Fútbol para impugnar o partido contra o CSD Arzúa, por aliñación indebida deste, ao considerar que un dos xogadores non podía xogar por estar sancionado. O comité non lle deu a razón, polo cal o club foi ao Comité de Apelación que si lle deu a razón e adxudicoulle ao Estudiantil os tres puntos daquel partido que gañara o Arzúa no campo. Nese punto o Arzúa acudiu ao Comité Galego de Xustiza Deportiva, que lle volveu dar a razón quitándolle de novo os puntos ao Estudiantil. Entón o Estudiantil denunciou o caso ante a xustiza ordinaria, quen fallou na súa contra a finais de 2018.[1] O Estudiantil non seu por vencido e presentou un recurso perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, quen esta vez fallou definitivamente a favor, outorgándolle o dereito a xogar na Terceira División.[2] Finalmente, o club aceptou a proposta da Federación de xogar a tempada 2019/20 na última categoría do fútbol galego, Terceira Autonómica, e ascender a Terceira española na 2020/21.[3]

Datos do clubEditar

NotasEditar

  1. "La justicia ordinaria falla en contra del Estudiantil". Faro de Vigo (en castelán). 4 de decembro de 2018. Consultado o 12 de outubro de 2019. 
  2. "Una sentencia del TSXG podría provocar una Tercera de 21 equipos". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de xullo de 2019. Consultado o 12 de outubro de 2019. 
  3. "El Estudiantil jugará en Tercera Autonómica antes de su ascenso". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de xullo de 2019. Consultado o 12 de outubro de 2019. 

Véxase taménEditar