Rogelio Gómez Fernández
Rogelio Gómez Fernández, máis coñecido coma Gelucho, nado en Cacheiras (Teo) o 13 de febreiro de 1970, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol galego. Xogaba na demarcación de dianteiro e dende 2020 adestra a Agrupación Estudiantil, en Terceira División.
Gelucho | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Rogelio Gómez Fernández | ||
Nacemento | 13 de febreiro de 1970 (54 anos) | ||
Lugar de nacemento | Cacheiras | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Cacheiras | |||
Vista Alegre SD | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1992–1998 | SD Compostela B | ||
1998–1999 | Lugo | 21 | (10) |
1999–2000 | Las Palmas | 13 | (1) |
2000–2001 | Lugo | 30 | (5) |
2001–2003 | Negreira | ||
Adestrador | |||
2003–2006 | Negreira | ||
2006–2007 | Lalín | ||
2007–2012 | Santa Comba | ||
2012–2014 | Boiro | ||
2016–2018 | Estudiantil | ||
2018–2020 | Arenteiro | ||
2020– | Estudiantil | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarComo futbolista
editarComezou nas categorías inferiores do Cacheiras, pasando logo aos xuvenís do Vista Alegre SD. Volveu logo ao Cacheiras, onde xogou co primeiro equipo en Preferente e en 1992 fichou polo Vista Alegre, que viña de converterse en filial da SD Compostela.[1] Militou durante varias campañas no Vista Alegre, sendo capitán do equipo e máximo goleador de Preferente nas tempada 1994/95, con 29 goles, e 1995/96, con 31.[2] Na 1995/96 logrou o ascenso á Terceira División, e na seguinte estivo a piques de ascender a Segunda B, tras formar unha gran dupla goleadora con Changui que catapultou ao equipo ao primeiro posto da clasificación e a xogar a fase de ascenso.[3][4] O Vista Alegre, renomeado como Compostela B, repetiu primeiro posto na tempada seguinte, de novo con grandes números goleadores de Gelucho.
En decembro de 1998 fichou polo CD Lugo, de 2ªB, despois de non ter ningunha oportunidade co primeiro equipo do Compostela, co que só chegou a xogar en partido amigábel, a pesar das súas cifras goleadoras co filial durante anos, e de levar marcados nese momento 17 dos 25 goles do equipo.[5] Aínda que chegou a Lugo na metade da tempada, acabou como máximo goleador do equipo con 10 goles.
En setembro de 1999 fichou polo Universidad de Las Palmas, co que só conseguiu anotar un gol en 13 partidos. Con todo, o equipo ascendeu á Segunda División. Ao remate da tempada volveu ao Lugo, co que marcou outros 5 goles.
No verán de 2001 fichou pola SD Negreira, que acababa de ascender á Terceira División.[6] Xogou dúas tempadas co club da Barcala, retirándose do fútbol ao remate da segunda delas, no verán de 2003, e converténdose ao mesmo tempo no novo adestrador do equipo.
Como adestrador
editarAdestrou a SD Negreira durante tres tempadas, logrando na segunda delas (2004/05) un histórico ascenso á Segunda División B. A súa etapa en Negreira rematou un ano despois, ao descender o equipo de novo a Terceira, tras quedar último do seu grupo.[7]
Tras un breve paso polo CD Lalín, tamén en Terceira,[8][9] adestrou durante cinco tempadas ao Santa Comba FC, ata que este se fusionou en 2012, co Xallas para dar lugar ao Xallas de Santa Comba Club de Fútbol. Fichou entón polo CD Boiro, co que logrou o ascenso a Terceira e onde permaneceu ata a súa destitución en setembro de 2014.[10]
En 2016 converteuse en adestrador da Agrupación Estudiantil,[11] coa que quedou no seu primeiro ano a un punto do ascenso directo, o cal lle sería adxudicado dous anos despois tras un litixio xudicial por unha aliñación indebida do CSD Arzúa. Con todo, Gelucho deixou o equipo cando este decidiu xogar un ano na Terceira Autonómica antes de ocupar a súa praza en Terceira nacional. En novembro de 2018 fichou polo o CD Arenteiro, á fronte do cal estivo un ano e medio ata xullo de 2020.[12][13]
En novembro de 2020 regresou ao Estudiantil, xa en Terceira, tras a fusión deste co Vista Alegre.[14]
Vida persoal
editarÉ xenro do exfutbolista compostelán Tito Valdés, histórico capitán do Burgos.[15]
Notas
editar- ↑ "Gelucho, o mellor argumento ofensivo do Vista Alegre, loita polo pichichi". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 23 de marzo de 1994. p. 45.
- ↑ "Gelucho, máximo goleador de Preferente". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 10 de xuño de 1995. p. 58.
- ↑ "El Vista Alegre juega hoy su primera gran final en busca de la 2ª B". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 25 de maio de 1997. p. 71.
- ↑ "Un corazón destrozado". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 30 de xuño de 1997. p. 25.
- ↑ "Gelucho se comprometió con el Lugo el lunes pasado por lo que resta de temporada y la próxima". La Voz de Galicia (en castelán) (Arousa ed.). 30 de decembro de 1998. p. 47.
- ↑ "El Negreira cierra la plantilla con tres fichajes". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 28 de xullo de 2001. p. 30.
- ↑ "El Negreira se despide de la categoría con una derrota gris". El Correo Gallego (en castelán). 29 de maio de 2006. Consultado o 30 de novembro de 2020.
- ↑ "Gelucho toma las riendas del Lalín tras destituir a Acevedo". El Correo Gallego (en castelán). 23 de novembro de 2006. Consultado o 30 de novembro de 2020.
- ↑ "El Lalín destituyó a Gelucho después del empate". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de marzo de 2007. p. 29.
- ↑ "El Boiro prescinde del técnico Gelucho tras el irregular arranque liguero" (en castelán). 30 de setembro de 2014. Consultado o 30 de novembro de 2020.
- ↑ "Gelucho se estrena en el Estudiantil ante el Chantada". Faro de Vigo (en castelán). 28 de febreiro de 2016. Consultado o 30 de novembro de 2020.
- ↑ "Gelucho asume el banquillo del Arenteiro en Tercera División". La Voz de Galicia. 23/11/2018. Consultado o 23/11/2018.
- ↑ "Gelucho no seguirá al frente del Arenteiro" (en castelán). 15 de xullo de 2020. Consultado o 30 de novembro de 2020.
- ↑ "Gelucho sustituye a Lestayo como entrenador del Vista Alegre Estudiantil". Faro de Vigo (en castelán). 20 de novembro de 2020. Consultado o 30 de novembro de 2020.
- ↑ "Lugo-Burgos, un partido especial e con historia familiar". Telexornal. 29 de xaneiro de 2022. Consultado o 6 de febreiro de 2022.