Universidad de Las Palmas de Gran Canaria Club de Fútbol
O Universidad de Las Palmas de Gran Canaria Club de Fútbol, coñecido como Universidade das Palmas, foi un club de fútbol de España, da cidade das Palmas de Gran Canaria na illa de Gran Canaria. Foi fundado en 1994 e desapareceu en 2011, logo de ser descendido a Terceira División por impagamentos.[1]
Nome | Universidad de Las Palmas de Gran Canaria CF | ||
---|---|---|---|
Alcume(s) | O sétimo de cabalería, Uni | ||
Fundación | 1994 | ||
Desaparición | 2011 | ||
Estadio | Pepe Gonçalvez, As Palmas de Gran Canaria, España ![]() | ||
Inauguración | 1938 | ||
Capacidade | 3.000 espectadores | ||
|
Historia
editarEn 1994, grazas ao xuíz Gómez Cáceres, axudado pola experiencia comercial dos irmáns Morales, comezou a escribirse a curta pero rápida historia do Vegueta-Universidad. Anos máis tarde cambiouse o nome polo de Universidade de Las Palmas de Gran Canaria Club de Fútbol e o club comezou a ascender categorías, chegando a militar en Segunda B en tan só 4 anos, e en só 6 chegou á Segunda División.
Na tempada 2001/02, Alfredo Morales decide fusionarse coa UD Las Palmas, prexudicando a toda a cadea de filiais do Universidad e obtendo el un posto na xunta directiva da UD Las Palmas.
Na tempada 2002/03, as cousas volven á súa canle e sae da presidencia do club Alfredo Morales, tomándoa de novo Francisco José Gómez Cáceres, desvinculando ao club da UD Las Palmas e tomando de novo total independencia.
O 7 de xullo de 2011, o club grancanario confirmaba a súa disolución[1] como club de fútbol tras o seu descenso a terceira división por falta de pagamentos denunciada pola Asociación de Futbolistas Españois e ante a imposibilidade de asumir unha débeda que roldaba os dous millóns de euros, pola cal tiña os ingresos bloqueados.
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta, pantalón e medias azuis.
- Uniforme suplente: Camiseta, pantalón e medias amarelas dourado.
Estadio
editar- Artigo principal: Estadio Pepe Gonçalvez.
O Universidad xogaba os seus partidos no Estadio Pepe Gonçalvez, que ten unha capacidade para 3.000 espectadores, e que comparte co Las Palmas Atlético. É propiedade do concello das Palmas de Gran Canaria.
Outros estadios nos que xogou foron o estadio de Tafira, Municipal de Maspalomas, Insular e Alfonso Silva.
Datos do club
editar- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 1
- Tempadas en 2ªB: 12
- Tempadas en 3ª: 1
- Tempadas en Categorías Rexionais: 3
- Mellor posto na liga: 20º (2ª división, tempada 00-01)
Historial na liga
editarTempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
1994/95 | 2ª Rexional | 1º |
1995/96 | 1ª Rexional | 1º |
1996/97 | Preferente | 1º |
1997/98 | 3ª | 1º |
1998/99 | 2ªB | 2º |
1999/00 | 2ªB | 1º |
2000/01 | 2ª | 20º |
2001/02 | 2ªB | 4º |
2002/03 | 2ªB | 1º |
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
2003/04 | 2ªB | 10º |
2004/05 | 2ªB | 2º |
2005/06 | 2ªB | 1º |
2006/07 | 2ªB | 4º |
2007/08 | 2ªB | 6º |
2008/09 | 2ªB | 12º |
2009/10 | 2ªB | 4º |
2010/11 | 2ªB | 5º |
Xogadores destacados
editarPalmarés
editarTorneos nacionais
editar- Segunda División B de España (3): 1999-00, 2002-03, 2005-06.
- Terceira División de España (1): 1997-98.
- Subcampión da Segunda División B (2): 1998-99, 2004-05.
Torneos amigables
editar- Trofeo Teide (1): 2000.
- Torneo de San Ginés (1): 2006.
- Memorial Carlos Fuentes (3): 2005, 2008, 2009.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Desaparece o Universidad de Las Palmas Marca, 7 de xullo de 2011