Club Deportivo Lugo

equipo de fútbol galego
(Redirección desde «CD Lugo»)

O Club Deportivo Lugo é un club de fútbol galego da cidade de Lugo, que milita na Primeira Federación. O equipo foi fundado en 1953 trala desaparición dos dous principais equipos da cidade, a Ximnástica Lucense, que viña de competir na Segunda División, e o Club Deportivo Polvorín, desaparecido por motivos económicos. O club, baixo a presidencia de Emilio Núñez Torrón, comezou a súa andaina na Terceira División e militou na Segunda División durante a tempada 1992–93, perdendo a categoría ese mesmo ano.

Lugo
NomeClub Deportivo Lugo S.A.D.
Alcume(s)Albivermellos, Luguiño
O xogo bonito
Fundación16 de xuño de 1953
EstadioAnxo Carro,
Lugo, Galicia
Inauguración31 de agosto de 1976
Capacidade7.840
PresidenteGalicia Tino Saqués
AdestradorEspaña Lolo Escobar
LigaPrimeira Federación
2023–2410º
VestimentaKappa
PatrocinadorEstrella Galicia
Na rede
http://www.cdlugo.com/gl
Facebook: cdeportivolugo Instagram: cdeportivolugo Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro


CD Lugo na Copa Federación 2024.

Logrou retornar ao fútbol profesional o 25 de xuño de 2012, logo de vinte campañas en categorías inferiores. O ano anterior, durante a tempada 2010-11, o club conseguira o campionato de liga do grupo 1 da Segunda División B, o que lle permitira xogar a fase de ascenso. Con todo, non acadaría o seu obxectivo. Ao ano seguinte, porén, pese acadar tan só o terceiro posto do seu grupo conseguiría o ascenso logo de superar senllas eliminatorias ante o Eibar, o Atlético Baleares, campión do grupo 3, e o Cádiz, campión do grupo 4. O último encontro polo ascenso ante os gaditanos non foi senón resolto até chegar á rolda de penaltis. O club mantívose na categoría de prata durante as seguintes once tempadas, ata que acabou descendendo ao remate da 2022/23. O Lugo posúe un filial na Terceira División RFEF, o Polvorín Fútbol Club.

Actualmente, o club xoga os seus partidos como local no Anxo Carro, estadio que contaba até a súa remodelación en verán de 2013 con capacidade para 4.800 seareiros, sendo aumentada até albergar 7.840 espectadores. O adestrador principal do club é Paulo Alves. No aspecto institucional o presidente desde o ano 2015 é Tino Saqués. O principal patrocinador do club desde 2012 é Estrella Galicia.

Historia

editar

Orixes

editar

En 1908 fundouse na capital lucense o Club Deportivo de Lugo, equipo que disputaría os seus encontros no vello campo do Polvorín, que daquela era usado como aeródromo durante as festas de San Froilán. Con todo, o equipo non tivo moito éxito e nunca chegou a participar en competicións federadas.

Posteriormente apareceron dous equipos que representaron á cidade en partidos de fútbol: o Lugo Spórting e a Sociedade Ximnástica Raio, os cales deron lugar ao primeiro club importante da cidade en 1943: a Ximnástica Lucense. Posteriormente aparecería outro club que sería semente, ao igual que a Ximnástica, do futuro Club Deportivo Lugo: o Club Deportivo Polvorín.

A Ximnástica Lucense

editar
Artigo principal: Sociedade Ximnástica Lucense.

A Sociedade Ximnástica Lucense fora fundada en 1943, entre outros por Felisindo Rodríguez Caride, nacendo da fusión de dous equipos da cidade: a Sociedade Ximnástica Raio e o Club de Lugo. Un ano despois da súa fundación a Ximnástica lograba o seu primeiro título, a Copa Galicia, e tan só catro anos despois conseguía ascender á Segunda División, época na que aínda non existía a Segunda División B e a primeira división estaba limitada a dezaseis equipos. Este ascenso da Ximnástica tivo tres artífices principais: Anxo Carro Crespo, José Páramo Fernández e Paco Rivera Manso. Porén o equipo só se mantivo tres tempadas na categoría:

Tempada Posto Nome PX PG PE PP GF GC PN
1949–50
11
  Sociedade Ximnástica Lucense
30
12
1
17
54
65
25
1950–51
14
  Sociedade Ximnástica Lucense
32
11
7
14
49
69
29
1951–52
16
  Sociedade Ximnástica Lucense
30
5
10
15
32
63
20
Total
  Sociedade Ximnástica Lucense
92
28
18
46
135
197
74

A tempada seguinte, despois do descenso á Terceira División, comezou cunha avultada derrota, perdendo por 9-1 nun amigable contra o Celta de Vigo. Este mesmo ano, debido aos axustes da FEF nas categorías, pese a descender da Segunda División tivo que xogar pola permanencia en Terceira, o que puido chegar a supoñer o descenso de dúas categorías nun só ano. Con todo conseguiu manterse, aínda que iso non evitou a desaparición do equipo ao ano seguinte, sendo presidente Rafael Sarandeses. O último partido da Sociedade xogouse en Badalona, onde os lucense perderon por 3-0, xogando ese encontro: Prego; Andreu, Tito, Mantido; Otero, Fiestas; Avelino, Antonio, Sáez, Fraga e Ezcurra. Con respecto ao campionato de Copa, a Ximnástica participou en catro ocasións, chegando até a cuarta rolda nas edicións de 1944, 1948 e 1949.

Ano Data Equipo local Resultado Equipo visitante
1944 22 de febreiro de 1944   SX Lucense
4 - 1
  Betanzos CF
27 de febreiro de 1944   UD Ourensana
1 - 1
  SX Lucense
29 de febreiro de 1944   SX Lucense
4 - 0
  UD Ourensana
22 de febreiro de 1944   SX Lucense
2 - 3
  Berbés CF
1948 19 de outubro de 1947   SX Lucense
9 - 0
  Betanzos CF
28 de decembro de 1947   SX Lucense
3 - 2
  CD Xuvenil
21 de marzo de 1948   SX Lucense
5 - 2
  Pontevedra CF
18 de abril de 1948   SX Lucense
0 - 3
  Club Ferrol
1949 5 de setembro de 1948   SX Lucense
2 - 0
  UD Ourensana
19 de decembro de 1948   CD Xuvenil
1 - 3
  SX Lucense
26 de decembro de 1948   Pontevedra CF
1 - 2
  SX Lucense
6 de xaneiro de 1949   SX Lucense
1 - 2
  Celta de Vigo
1950 27 de novembro de 1949   SX Lucense
0 - 1
  Club Ferrol

O Polvorín

editar
Artigo principal: Club Deportivo Polvorín.

En pleno apoxeo da Ximnástica Lucense, en 1946 era fundado o Club Deportivo Polvorín,[1] o cal recibía o nome do campo de O Polvorín, situado no barrio de Montirón da cidade amurallada. Fundado como equipo para xuntar aos rapaces da cidade, xa pronto comezou a gañar diversos títulos a nivel local e provincial. O Polvorín, que vestía con camisola albivermella e pantalón negro (moi semellante ao uniforme do CD Lugo), xogaba no antigo estadio Anxo Carro (coñecido na época como Os Miñóns).

Entrados os anos 1950[2] o Polvorín remata segundo no Grupo Norte da Primeira Categoría, na que xa xogara a finais da anterior década, chegando a quedar segundo en 1949. Na fase final consegue o ascenso á terceira división, tan só seis anos despois da súa fundación, tras vencer ao Fabril S.D. da Coruña. Grazas ás súas vitorias o club comezou a chamar a atención dos seareiros lucenses, contando o equipo cada vez con máis popularidade. Con Delio Rodríguez como prediente, o Polvorín mantívose na terceira categoría dúas tempadas máis, 1951-52 e 1952-53, ano no que remataron no sétimo posto. Con todo ese sería o último ano do Polvorín na categoría. Por mor dunha crise institucional e a dimisión do seu presidente, Emilio Núñez faise cargo do club.

Fundación

editar

Trala desaparición da Ximnástica e a crise do Polvorín, ambas por motivos económicos, un grupo de seareiros locais, encabezados por Armando Rodríguez, fundarían o coñecido como Lugo Sociedade Cultural. Este club, fundando en lembranza do antigo Lugo Sport Club, tentaría ser o sucesor dos éxitos da Lucense. Porén, non tivo moito éxito a nivel deportivo. O club xogou no campo dos Miñóns, e vestiu con camisola branca, cruzada por unha franxa diagonal azul, e pantalón da mesma cor. Ante tal situación as directivas tanto da Ximnástica como do Polvorín, xuntáronse de urxencia para manter conversas e, mediante asemblea extraordinaria, acordar fusionarse entre si. Cómpre aclarar que o equipo resultante desta operación non foi nin unha excisión nin unha continuación, senón que é como club de novo rexistro e con estatuto propio: o Club Deportivo Lugo.

O acta fundacional do equipo foi levantada polo seu primeiro presidente (e antigo máximo dirixente do Polvorín) Emilio Núñez Torrón,[3] quen tempo despois pasou a ser delegado da Federación Galega de Fútbol en Lugo. Por estes motivos, o campo de fútbol anexo ao Anxo Carro leva o seu nome. O primeiro adestrador do Lugo foi Manuel Martínez Suárez, coñecido popularmente como "Michines", quen xa fora xogador do Lugo Spórting, da Ximnástica Lucense e do Polvorín, sendo a persoa que máis anos estivo vinculado ao primeiro equipo futbolístico da cidade.

Loitando polo ascenso

editar
 
O Lugo fronte o Compos en 2009.

O equipo iniciaría a súa andaina na Terceira División, no posto que ocupara a tempada anterior o Polvorín. Nesa categoría permanecerían no restante da década de 1950, mesmo chegando a loitar en varias ocasións polos dous primeiros postos, os cales daban o dereito a promocionar cara a Segunda División, mais sen éxito.

Coa chegada da década de 1960 chegaría un novo aire á entidade e o Campo dos Miñóns troca a Estadio Anxo Carro. A nivel deportivo, na tempada 1960-61, o Lugo acada por primeira vez a segunda praza na liga, o que significaría que o club optaría ao ascenso. Na primeira rolda das eliminatorias o Lugo enfrontaríase o Cartagenera, perdendo o primeiro partido en Cartaxena por 6-0 (4 de xuño de 1961) e saíndo derrotado de novo, esta vez na casa, por 0-1 (11 de xuño de 1961).

Ao ano seguinte, durante a tempada 1961-62, o Lugo melloraría o resultado do ano anterior, quedando esta vez como campión liga. Porén, volvería a perder na promoción de ascenso, esta vez fronte ao Sevilla Atlético, empatando 1-1 en casa e perdendo, o 20 de maio de 1962, por 4-0 no Sánchez Pizjuán. Despois destas dúas campañas, o ascenso pasaría ser o principal obxectivo do club durante toda a década.

Na seguinte tempada, 1962-63, o Lugo repetiría subcampionato da man de Camilo Liz.[4] De novo caería na primeira rolda da promoción, esta vez fronte ao Algeciras CF, perdendo 3-0 na cidade gaditana e 0-2 na casa. Até a tempada 1966-67 o Lugo non volvería conseguir loitar polo ascenso, con todo ese ano presentaríase unha nova oportunidade. Esta vez os lucenses si que conseguirían pasar da primeira rolda, eliminando ao Sestao Sport Club (actual Sestao River), 1-2 fóra e 1-1 en casa; logo eliminarían ao Ibiza, 1-2 fóra e 2-0 na casa, e xa na Final da competición perderían fronte ao Constancia tras empatar 1-1 na casa e perder por 2-0 en Inca. Na seguinte tempada, 1969-70, acabar na primeira praza outorgaba o ascenso directo de categoría, con todo o Lugo quedaría ás portas tras rematar en segunda posición tralo Langreo.

Cambios de categoría

editar
 
O Anxo Carro foi inaugurado en 1974.

Tras dezanove tempadas consecutivas, na tempada 1971-72 o club acaba na décimo sexta posición e debe xogar a promoción de permanencia. O rival sería o Club Deportivo Pegaso de Tres Cantos, no partido de ida os albivermellos conseguirían empatar 0-0, mais na volta perderían a categoría tras recibir un resultado de 3-0. Con todo, o paso do equipo pola Rexional sería breve: adestrados por Alfonso Pintos ao ano seguinte o club retornaría á terceira división.

Tralo ascenso o Lugo non se acomodaría nunha parte concreta da táboa, variando os seus resultados dende o quinto posto acadado na tempada 1974-75 até o décimo cuarto da 1976-77. Nesta nova etapa en Terceira construíuse o actual estadio Anxo Carro, que se inaugurou o 31 de agosto de 1974 cun torneo triangular no que participaron, a parte do Lugo, o Deportivo da Coruña e o Lemos. O Lugo venceu ó Lemos nos lanzamentos de penaltis e perdeu a final co Deportivo por 1-0.

Adestrados por Manolín, na tempada 1977-78, debido á creación da Segunda División B debilitaríase o grupo, e o Lugo conseguiría ser campión logrando ascender directamente á nova categoría. Con todo, o debut na nova división non foi moi bo, e tras un mal campionato finaliza en décimo oitavo lugar, descendendo de novo. Ao ano seguinte Manolín seguiría ao cargo do equipo, mais García Pena deixaría a presidencia, a cal pasou a ocupar Manuel Illán.

Comezos na Segunda B

editar

A comezos dos anos 1980 o club tentaría regresar de novo á Segunda B, con todo non foi posible pese ao empeño da directiva, chegando o desánimo aos seareiros. Na tempada 1980-81 o Lugo perde a súa primeira oportunidade de regreso, xa que aínda que conquista o título de Liga, perde na fase de ascenso fronte a Ponferradina (2-1 fóra e 1-1 no Anxo Carro). O desexado obxectivo non se conseguiría até case un lustro despois, durante a tempada 1985-86 sendo o seu adestrador Ramón Segura e o seu presidente Amador Real.

Ese ano o Lugo é de novo campión de Liga e na promoción de ascenso supera ao C.D. Leganés; 1-1 na localidade madrileña e 3-2 en casa, e ao Atlético Baleares; 2-0 en casa e 0-0 en Palma. No que resta da década, o club lucense experimenta unha notable mellora, e chega a ocupar o quinto posto nas tempadas 1988-89 e 1989-90.

Segunda División

editar

Na tempada 1990-91 o equipo quedaría subcampión, e xogaría a promoción de ascenso á Segunda División. Nesta liguiña o Lugo tería que enfrontarse ao Mérida, ao Barcelona Atlético e ao Osasuna Promesas. O Lugo quedaría en último lugar. Ao ano seguinte os lucenses repetirían o segundo posto durante o campionato, gañando o dereito a disputar de novo a fase de ascenso. Esta vez os rivais serían o Extremadura o Sant Andreu e o Elche. Na última xornada o Lugo enfrontaríase ao Sant Andreu no Anxo Carro, precisando dunha vitoria para poder ascender, xa que o Sant Andreu ocupaba nesa última xornada o primeiro lugar cun punto mais que o Lugo. Tamén precisaba dunha derrota ou empate do Extremadura co Elche en Alacant, xa que os de Almendralexo ocupaban o terceiro co mesmo número de puntos. Finalmente o Lugo vencería por 2-1 con goles de Jorge e Alvite, polo que, xunto coa derrota do Extremadura, conseguiría o ascenso a categoría de prata. Ese ano o equipo estivo presidido por Xosé Núñez e adestrado por Xulio Díaz.

Na tempada 1992-93, con Xulio Díaz continuando como adestrador, o cadro de xogadores do Lugo sería o seguinte:[5]

Posto País Xogador
1 POR   Xosé Domínguez
2 DEF   Modesto II
3 DEF   Óscar Cacharrón
4 DEF   Alvite
5 DEF   Miguel García
6 MED   Xavier Montoto
7 MED   Jorge Revuelta
8 MED   Ramiro Iglesias
9 DIA   José Manuel
10 DIA   Luis Castro
11 DIA   Arturo Patiño
12 POR   Fernando Iglesias
Posto País Xogador
13 DEF   Blas García González
14 DEF   Javier Delmas
15 DEF   José Ramón
16 MED   Xabier Gárate
17 DIA   Brian Grampon
18 MED   Xavi Rodríguez
19 DIA   Carolo
20 MED   Óscar Manuel
21 DIA   Miro Suárez
22 DEF   Juan Alberto
23 DIA   Dejan Joksimović
34 MED   Junas Naciri

O Club Deportivo Lugo debutaría como tal na Segunda División e comezaría a competición na capital estremeña, onde se enfrontou ao Mérida no Estadio Romano. Con todo a estrea saldouse cunha derrota pola mínima (1-0). No seguinte partido, o primeiro no Anxo Carro, conseguirían os lucenses o seu primeiro punto tras empatar co Lleida sen goles (0-0), bo resultado tendo en conta que os ilerdenses serían ao final da tempada campións de liga. Tras outra derrota pola mínima, esta vez fronte ao Eibar (2-1), o Lugo conseguiría o seu segundo punto tras empatar co Betis na casa (0-0).

A seguinte xornada depararía outra derrota por tan só un gol de diferenza, perdendo por 3-2 fronte ao Racing de Santander no Sardinero. Así o 10 de outubro chegaría a primeira vitoria, tras gañar por 1-0 ao Atlético Marbella. Tras perder outra vez fóra, o Lugo volvería gañar no Anxo Carro, esta vez por dous goles de diferenza fronte o Sabadell, pasando a ocupar o posto 14 na clasificación. Con todo, dende ese encontro o Lugo non volvería gañar até a xornada 15, vencendo ao Bilbao Athletic por 1-0. Ao final da tempada o Lugo remataría no posto 18, descendendo de novo a Segunda B e con tan só sete partidos gañados:

Xor. Data Lugar Equipo Local Resultado Equipo Visitante Pos.[6]
6
10-10-1992 Anxo Carro, Lugo   CD Lugo
1 – 0
  Atlético Marbella
7
8
25-10-1992 Anxo Carro, Lugo   CD Lugo
2 – 0
  CE Sabadell
20
15
20-12-1992 Anxo Carro, Lugo   CD Lugo
1 – 0
  Bilbao Athletic
13
24
28-02-1993 Anxo Carro, Lugo   CD Lugo
3 – 0
  Racing de Santander
3
26
14-03-1993 Anxo Carro, Lugo   CD Lugo
2 – 0
  UE Figueres
12
29
11-04-1993 El Vivero, Badaxoz   CD Badajoz
0 – 1
  CD Lugo
11
31
01-05-1993 Las Llanas, Sestao   Sestao SC
1 – 2
  CD Lugo
15

Descenso

editar

A estancia só durou un ano nunha complicada tempada que iniciou Xulio Díaz no banco e terminou Rodríguez Vaz. Esa situación provocou tamén a dimisión da directiva, proclamándose presidente a Luis Castro. Mais esta xestora durou só uns meses, sucedéndolle Salvador Fernández Somoza durante dúas tempadas e logo Eliseo Corral Veiga, elixido en 1996 mediante eleccións. Na tempada 1998-99 o CD Lugo chega á final da Copa Federación, que perde contra o Racing de Santander. Na liga o club readáptase sen achegarse ao ascenso, aínda que mantendo a categoría sen moitos problemas, mesmo conseguindo boas clasificacións nas campañas 1996-97 e 19997-98.

Con todo, ao comezo da década de 2000, os resultados non presaxian nada bo, na tempada 2000-01 o equipo está a piques de descender. O resultado melloraría ao ano seguinte, máis en 2003 non pode evitar o descenso á terceira división tras finalizar décimo oitavo. Ao ano seguinte o Lugo remataría no sexto posto, sen posibilidade de xogar a fase de ascenso, polo que a xunta presidida por Eliseo Corral Veiga presenta a súa dimisión na asemblea de socios do 3 de xuño de 2004. Nesa mesma asemblea, catro socios (Xaime Dapena, Delio López Dobao, Manuel Celso Matalobos e Pepe Garalva) formaron unha xunta xestora provisional que funcionou ata o 18 de xuño dese mesmo ano, no que se produciu o traspaso de poderes á nova xunta directiva, presidida por José Bouso.

Retorno e renovación

editar
 
Pablo Álvarez, xogador do Lugo en dúas etapas.

Ao ano seguinte, na tempada 2004-05, son terceiros e agora si que se clasifican para promocionar, con todo pese a eliminar ao Ribadesella C.F. nas semifinais, gañando 3-0 en casa e 1-0 fóra, son eliminados na final polo Real Valladolid B, tras perder 4-1 na ida e empatar 0-0 no Anxo Carro. Na seguinte tempada, con Juan Hidalgo como adestrador, o equipo mellora a clasificación da anterior e é subcampión de liga. Na promoción volve a eliminar de novo ao Ribadesella; empatando 1-1 na ida e gañando 3-2 en casa, e na final consegue vencer á Gimnástica Segoviana; 3-1 en Lugo e 1-1 na cidade castelá.

Despois do ascenso, logo de dúas tempadas quedando entre os dez primeiros da categoría, a xunta directiva dirixida por José Bouso finaliza o seu mandato e abre un proceso electoral. Ante a falta de candidaturas, Bouso presentou a súa, acompañado dun equipo directivo renovado case por completo. Na tempada 2009 chegaría ao club o ex xogador e adestrador Quique Setién, con el o Lugo melloraría bastante os seus resultados. Ese ano, tras unha boa campaña na que se mantivo durante moitas xornadas nos postos de ascenso, unha mala racha deixaríao finalmente fóra dos catro primeiros postos.

Na tempada 2010,[7] con Setién de novo no banco, o Lugo proclámase campión de liga, conseguindo xogar a promoción de ascenso para campións. Nesta eliminatoria enfrontouse ao Real Murcia, campión do grupo IV. Tras perder por 2 a 0 na Nueva Condomina o Lugo gañou cun gol de Tornero no minuto 52 por 1 a 0 no Anxo Carro, o que non serviu para poder remontar a eliminatoria e acadar o ascenso. No último minuto do encontro foille anulado a Yago un gol dubidoso, o que suporía a posibilidade de xogar a prórroga. Tras non conseguir o ascenso directo, o equipo enfrontouse ao Deportivo Alavés nas semifinais da promoción. O partido de ida en Mendizorroza finalizou cun empate a cero goles, vencendo o Lugo no Anxo Carro por 2 a 1, o que lle valeu o pase para a eliminatoria definitiva onde xogará contra o Alcoyano. Nesta última rolda os lucenses perderían por 1 a 0 ambos encontros, non conseguindo o ascenso de categoría.

Fase de ascenso 2010–11
Data Estadio Equipo Local Resultado Equipo Visitante
22-5-2011 Nueva Condomina, Murcia Real Murcia
2 – 0
  CD Lugo
29-5-2011 Anxo Carro, Lugo   CD Lugo
1 – 0
Real Murcia
5-6-2011 Mendizorroza, Vitoria Ficheiro:600px 600px bisection vertical White HEX-0033CC.svg Deportivo Alavés
0 – 0
  CD Lugo
12-6-2011 Anxo Carro, Lugo   CD Lugo
2 – 1
Ficheiro:600px 600px bisection vertical White HEX-0033CC.svg Deportivo Alavés
19-6-2011 El Collao, Alcoi   Alcoyano
1 – 0
  CD Lugo
26-6-2011 Anxo Carro, Lugo   CD Lugo
0 – 1
  Alcoyano

Ascenso

editar
 
Autobús do Lugo durante os festexos polo ascenso.

Na tempada 2011-12, con Quique Setién de novo como adestrador, o equipo ponse como obxectivo, tras estar tan preto a tempada anterior, o ascenso á Segunda División. A liga comezou de xeito esperanzador para o cadro albivermello cunha vitoria por 1 a 4 fronte o Celta de Vigo B no Municipal de Barreiro. Posteriormente o Lugo conseguiría permanecer invicto até a xornada 11, perdendo por 0-2 fronte ao Coruxo. Até a final da primeira volta o Lugo tan só volvería perder unha vez, sería contra o Real Madrid Castilla por 1 a 0, con gol dos casteláns no minuto 85 no Estadio Alfredo di Stéfano.

A segunda volta comezaría con empates e unha derrota fronte por 1 a 0 fronte o La Roda. Tras ocupar a primeira posición da liga durante gran parte da tempada, o Lugo descendería á segunda posición, para finalmente descender á terceira tras perder na última xornada fronte o Toledo, que se xogaba a permanencia. Así finalmente o Lugo remataría por detrás do Real Madrid Castilla e o CD Tenerife, pero con dereito a xogar a fase de ascenso cara á "categoría de prata".

O sorteo para a primeira rolda da fase de ascenso decidiu que o Lugo se enfrontaría ao Eibar, un equipo cun destino semellante ao dos lucenses: campións do Grupo 2 a tempada pasada e terceiros nesta. No partido de ida, no Anxo Carro, a escuadra albivermella consegue derrotar aos vascos grazas a un gol no minuto 74 de Belencoso tras un erro da defensa guipuscoana. No partido de volta o Lugo conseguiría defender o resultado da ida en Ipurua, pasando cara á seguinte rolda.


CD Lugo   1 - 0   SD Eibar 20 de maio de 2012, 18:00 – Anxo Carro, Lugo
Asistencia: 3.800
Árbitro: Adrián Cordero Vega (Cantabria)
Belencoso   74' Informe
 
SD Eibar   0 - 0   CD Lugo 26 de maio de 2012, 20:15 – Ipurua, Éibar
Asistencia: 2.616
Árbitro: Víctor Areces Franco (Asturias)
Informe
 


Na seguinte eliminatoria o seguinte rival sería o Atlético Baleares, equipo campión do Grupo 3, que viña de perder na eliminatoria de campións fronte ao Mirandés. Os palmeses contaban no seu conxunto con ex xogadores con antiga soleira na primeira división como José Izquierdo, Javier Dorado, Jesús Perera ou Antoñito. No partido de ida no Anxo Carro o Lugo conseguía gañar por 3-1 logo de ir gañando por tres tantos até o minuto 87. No partido de volta os lucenses conseguiron un empate a cero goles, o que os levou a xogar, xa si, a eliminatoria definitiva. A mala nova foi a lesión do porteiro do Lugo, Diego Rivas, que sufriu unha laceración no ril durante o partido e tivo que ficar na illa máis tempo co resto dos seus compañeiros.


CD Lugo   3 - 1   CD Atlético Baleares 3 de xuño de 2012, 12:00 – Anxo Carro, Lugo
Asistencia: 5.000
Árbitro: Carlos Sánchez Laso (Estremadura)
Quero   17'
Belencoso   20'
Belfortti   57'
Informe
Dani   87'
 
CD Atlético Baleares   0 - 0   CD Lugo 10 de xuño de 2012, 12:00 – Estadio Balear, Palma
Asistencia: 10.000
Árbitro: Julio Fermín Leo Ollo (Navarra)
Informe
 


 
O Lugo conseguiu o ascenso no Ramón de Carranza.

Na eliminatoria final o Lugo enfrontaríase ao histórico Cádiz Club de Fútbol. O Lugo tras ir gañando (3-0), volveu recibir un gol nos últimos intres do encontro para rematar finalmente 3 a 1. O partido non estivo exento de polémica e durante a semana o Cádiz mesmo a chegou protestar pola legalidade dos tres goles do Lugo, feito que tivo eco en moitos medios de comunicación. Durante o partido foi expulsado o adestrador do Cádiz, así como tódolos seus asistentes.

No partido de volta, coa Tacita de Plata chea de espectadores, con máis de 300 chegados dende Galicia. O Cádiz sae xa dende o primeiro intre disposto a remontar a eliminatoria, conseguindo finalmente tralos 90 minutos regulamentarios igualar o resultado do partido de ida e levar o partido á prórroga. Con todo o Lugo dispuxo de varias ocasións cara ao final do encontro que lle puideron dar o ascenso antes de chegar ao tempo extra. Na prórroga o resultado non se movería, estando marcado polos continuos paróns por mor dos problemas físicos dos gaditanos. Finalmente o ascenso tívose que decidir nos penaltis, onde o Lugo conseguiu vencer por 2 a 3.

A aliñación do Lugo no partido definitivo contou con Miguel Escalona na portería, Aitor, Belfortti, Garrido e o capitán Manu na defensa, Pita, Rubén García (substituído por Luismi no 76), Quero e Monti (substituído por Iván Zarandona no 96) como centrocampistas e Isma (substituído por Berodia no 87) e Belencoso na dianteira.


CD Lugo   3 - 1   Cádiz CF 17 de xuño de 2012, 19:00 – Anxo Carro, Lugo
Asistencia: 6.000
Árbitro: José Ignacio Hernández Cifuentes (Castela e León)
Pita   12'
Belencoso   33'
Quero   68'
Informe
Óscar Pérez   81'
 
Cádiz CF   3 - 1
(Penaltis 2 - 3)
  CD Lugo 24 de xuño de 2012, 19:00 – Ramón de Carranza, Cádiz
Asistencia: 15.000
Árbitro: Ignacio Hermosilla Alaña (A Rioxa)
Ferreiro   12'
Dioni   46'
Juanjo   63'

Ferreiro  
Góngora  
Akinsola  
Cases  
Yuste  
Informe
Monti   28'



  Pita
  Belfortti
  Luismi
  Berodia
  Manu
 


Fase de ascenso 2011-12
Data Estadio Equipo Local Resultado Equipo Visitante
20-5-2012 Anxo Carro, Lugo   CD Lugo
1 - 0
  Eibar
26-5-2012 Ipurua, Éibar   Eibar
0 - 0
  CD Lugo
3-6-2012 Anxo Carro, Lugo   CD Lugo
3 - 1
  Atlético Baleares
10-6-2012 Estadio Balear, Palma   Atlético Baleares
0 - 0
  CD Lugo
17-6-2012 Anxo Carro, Lugo   CD Lugo
3 - 1
  Cádiz
24-6-2012 Ramón de Carranza, Cádiz   Cádiz
3 - 1 (2 - 3 nos penaltis)
  CD Lugo


Tras conseguir o ascenso o Lugo regresarían ao día seguinte á cidade,[8] onde foron recibidos nun primeiro intre na praza de Augas Férreas. Posteriormente, xa no serán, o club sería recibido polas diferentes institucións da cidade, senda a primeira parada ás oito na praza de San Marcos, onde foron recibidos polas autoridades da Deputación. Alí despois dos descursos recibion unha placa e insignias conmemorativas. Posteriormente os xogadores trasladáronse cara á praza Maior nun autobús convertible coas cores do equipo, para ser recibidos na casa consistorial polo alcalde e os distintos concelleiros. Dende o balcón do Casa Consistorial os xogadores festexaron o triunfo ante miles de seareiros, 15.000 segundo Protección Civil. Posteriormente darían unha volta á Muralla no autobús, onde na zona da Mosqueira os agardaría unha bandeira xigante que cubría ao monumento. Outros actos incluíron á ofrenda na catedral de Santa María, á visita ao Pazo de Raxoi onde os recibiría o Presidente da Xunta e á sede central de Estrella Galicia, patrocinador principal do club a partir da seguinte tempada.

O cadro de xogadores do Club Deportivo Lugo que acadou o ascenso foi o seguinte:

 
Recepción aos xogadores na Praza de San Marcos.
Posto País Xogador
1 POR   Escalona
2 DEF   Sergio Iglesias
3 DEF   Fran Pérez
4 DEF   Víctor Marco
5 MED   Pita
6 DEF   Garrido
7 MED   Zarandona
8 DIA   Iván González
9 MED   Claudio Monti
10 DIA   Berodia
11 DEF   Manu   
Posto País Xogador
13 POR   Diego Rivas
14 MED   Rubén García
15 DEF   Belfortti
16 MED   Javi Rey
17 DIA   Quero
18 DIA   Isma
19 DIA   Belencoso
20 DEF   Aitor
21 DIA   Luismi
23 MED   Iago Díaz

Retorno á categoría de prata

editar
 
Diego Tonetto (centro) e o capitán Manu (dereita) ante o Córdoba.

No verán de 2012 o Lugo decide reformar por completo o seu cadro de xogadores para afrontar o salto de categoría á Segunda División. Para iso marcharon trece dos "Heroes do Carranza" e chegaron quince novos xogadores. Coa continuidade de Quique Setién no banco e con pouco tempo para preparar a tempada debido a que a fase de ascenso terminara tarde, o Lugo xogaría o seu primeiro encontro no seu regreso á categoría ante o Hércules no Anxo Carro. O 18 de agosto formarían por parte do Lugo inicialmente Yoel, De Coz, Fran Pérez, Pavón, Manu, Pita, Seoane, Héctor Font, Pablo Álvarez, Tonetto e Quiroga. Os albivermellos conseguiron finalmente a vitoria por un gol a cero con gol de Manu de penalti. Na terceira xornada lesionaríase o dianteiro arxentino Mauro Quiroga tras unha entrada a destempo do central do Córdoba Gaspar, que fixo que se perdese o resto da tempada. O seu posto na dianteira ocupouno Óscar Díaz, quen xa xogara nos partidos anteriores como extremo, sendo co paso das xornadas a referencia ofensiva do equipo e converténdose nun dos goleadores da Liga.

 
Xogo disputado entre o Deportivo da Coruña e o CD Lugo.

Tras unhas primeiras xornadas nas que ao Lugo custáballe anotar goles,[9][10] ao final da primeira volta o Lugo a 10 puntos de diferenza dos postos de descenso e a tan só dous da fase de ascenso á primeira división, polo que é considerado pola prensa como un dos equipos revelación da liga e como o "mataxigantes", debido aos bos resultados acadados ante os equipos máis históricos. No mercado de inverno o Lugo cambiaría algunhas caras trala marcha de Raúl Fuster, Fran Sol, Berodia e Galindo e a chegada de Iván Pérez, Airam, Tena e o internacional español Antonio Guayre. Tamén sería incorporado como futura aposta o dianteiro kosovar con pasaporte albanés Endrit Krasniqi. Co mercado de inverno chegaría outra nova, a necesidade de conversión do Lugo nunha Sociedade Anónima Deportiva para poder seguir a competir no fútbol profesional. Para iso terá que xuntar un capital social de 3 015 000 euros antes do 30 de xuño de 2013. Tras unha serie de bos resultados que achegaron ao equipo á permanencia, prodúcese unha nova baixa no equipo ao retirarse o 23 de abril o xogador canario Guayre do fútbol por mor dunhas graves molestias no seu nocello esquerdo. O 26 de maio, a falta de dúas xornadas para o final, o equipo consegue a permanencia matemática na categoría tras vencer ao Sabadell por 2-0 con goles de Óscar Díaz e Rubén Durán. O Lugo conseguiu manter a categoría sen estar durante ningunha xornada entre os postos de descenso. O día 21 de xuño o club anunciou que acadara o capital necesario para a conversión en S.A.D. con 2.974 accionistas e 3 021 520 euros, a asemblea constituínte celebrouse ao día seguinte no Pavillón Municipal.

Escudo e cores

editar
 
Equipamentos 2013-14.

O logo do Club Deportivo Lugo ten forma de escudo francés antigo, nel figura a palabra "LUGO" en grande na parte superior, e por riba dela, en letra máis pequena "CLUB DEPORTIVO". No medio hai cinco franxas horizontais vermellas e catro brancas e, aos lados sobre un fondo azul celeste, figuran un cáliz á esquerda e unha bomba á dereita. O cáliz provén do antigo escudo da Ximnástica Lucense, que á súa vez proviña do propio escudo da cidade e do privilexio papal da catedral de Santa María. A bomba provén do antigo escudo do Club Deportivo Polvorín. Este escudo foi presentado o 28 de setembro de 2011. O antigo escudo era moi semellante ao do Athletic Club, cos mesmos elementos co actual.

Equipamento de Kappa 2019−20

 
 
 
 
 
 
 
 
 
Primeira


 
 
 
 
 
 
 
 
 
Segunda


 
 
 
 
 
 
 
 
 
Terceira


Con respecto ao uniforme, o Lugo vestía tal como vestía o Polvorín, camiseta con franxas albivermellas e pantalón azul escuro, tamén semellante ao do Athletic Club. Nos útlimos anos, debido ao cambio de imaxe do club, o azul escuro trócase polo azul celeste da bandeira galega no pantalón, ademais de pasar formar parte da camisola nalgún dos seus detalles. Con todo, pódese dicir que dende a súa fundación o uniforme non sufriu moitas variacións. Con respecto ao equipamento suplente non hai un deseño fixo, variando habitualmente de cor, aínda que dende hai varias tempadas foise establecendo a cor negra como segundo equipamento. Na tempada 2012-13 o Lugo ía ser vestido pola compañía italiana Kappa, sendo o segundo equipamento negro con franxas delgadas brancas, e o terceiro completamente verde. Con todo, un incuprimento de contrato da compañía italiana no prezo das camisolas, leva ao equipo a poucos días de comezar a competición a cambiar o provedor de equipamento. Finalmente o Lugo volveu vestir roupa da compañía británica Umbro ao igual que as anteriores tempadas.

A partir da tempada seguinte o club comeza levar, por vez primeira, a súa propia marca de roupa: CDLU, creada pola empresa vilalbesa Enfíos Texgroup. Tras o éxito dos equipamentos 2013-14, nas que destaca o terceiro equipamento, negro con franxas diagonais celestes semellante no deseño ao da selección galega, o club confía no 2014-15 de novo na súa marca propia. O primeiro equipamento é o tradicional albivermello con detalles celestes, aínda que predominando máis o branco que o vermello, ao contrario que o ano anterior. O segundo equipamento é completamente branco con algúns detalles grises. O terceiro, cun deseño máis chamativo, é multicolor, con faixas horizontais de tons azuis e verdes. A sopresa con respecto aos equipamentos chegaría co primeiro partido da pretempada, onde os xogadores do club lucense saíron ao terreo de xogo con camisolas que simulaban un vaso de cervexa, como detalle de cara ao principal patrocinador do club, Estrella Galicia, mentres que o porteiro vestía unha camiseta negra na que destacaba un rabo de polbo. A camiseta pronto se fai famosa nas redes sociais a nivel internacional,[11] chegando a aparecer nas edicións do Bild alemán,[12] terceiro xornal con maior tirada do mundo; La Reppublica,[13] principal xornal de Italia; Marca,[14] principal xornal deportivo español; ou Sports Illustrated,[15] revista deportiva estadounidense con máis de 23 millóns de lectores diarios. Tamén tivo gran repercursión noutros medios de comunicación como a radio e a televisión. O éxito das camisolas levou a que se agotaran no seu primeiro día á venda na tenda do club, chegando pedidos desde todas as partes do mundo, como por exemplo desde os Estados Unidos, o Xapón, Rusia ou Alemaña.[16] Na temporada 2015-16, tras o cambio na directiva do club, o Lugo deixa de levar equipamento de marca propia para vestir roupa da firma danesa Hummel. Na 2019−20 o club volve mudar de provedor, regresando á compañía que ía vestir o club tras o ascenso a Segunda División: Kappa.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
Ximnástica


 
 
 
 
 
 
 
 
 
1955


 
 
 
 
 
 
 
 
 
1972


 
 
 
 
 
 
 
 
 
1986


 
 
 
 
 
 
 
 
 
1994


 
 
 
 
 
 
1996


 
 
 
 
 
 
 
 
2010


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2016


Estadio

editar
Artigo principal: Estadio Anxo Carro.
 
O Anxo Carro á beira do Miño.

O Anxo Carro está situado á beira do Río Miño. A parte do propio estadio, anexo hai outro campo de fútbol, o Emilio Núñez Torrón, e o Complexo Polideportivo O Palomar, no que hai un pavillón cuberto e pistas de tenis. Nos arredores tamén está o Pazo de Feiras e Congresos. O estadio recibe o nome de Anxo Carro Crespo, o cal construíra o antigo estadio, sendo ademais benfeitor do deporte en Lugo. Tamén foi presidente do Círculo das Artes en 1934.

Foi inaugurado durante a segunda etapa do Lugo en terceira división, con capacidade para 7.000 espectadores. A data de apertura deste estadio, que substituía ao antigo Anxo Carro (ou campo dos Miñóns) situado na zona da Praza de Viana do Castelo, foi o 31 de agosto de 1974. Para a súa inauguración disputouse un torneo triangular no que participaron, xunto ao Lugo, o Club Lemos e o Deportivo. O CD Lugo venceu aos de Monforte na quenda de penaltis e perdeu a final cos herculinos por 1-0.

No ano 2001 o estadio foi remodelado e modernizado,[17] xa que se atopaba nun estado de semi-ruína e desmellorado por sucesivas obras sen moita planificación. O proxecto de mellora foi deseñado polos arquitectos José Arias, Santiago Catalán e Eduardo Herráez, que levaron a cabo unha remodelación das tres bancadas existentes, engadindo cadeiras para tódolos seareiros da planta baixa e creando novas fachadas, entre outras reformas. Co novo aspecto o estadio gañaba en instalacións, superiores á media da categoría na que militaba o equipo no momento (Segunda B) mais perdía en capacidade, descendendo esta a 4.800 espectadores. O 3 de xaneiro de 2007 disputouse nel a final da Copa Xunta de Galicia 2006, que enfrontou ao CD Lugo co Celta de Vigo (2-3).

Antes da tempada 2014-15 o Club Deportivo Lugo non tiña ningún himno oficial. Porén, tiña tres cancións adicadas ao club, aínda que sen carácter oficial. As tres composición están completamente en lingua galega. A primeira delas foi escrita e composta en 1989 por Enrique Alvarellos,[18] fundador da Editorial Alvarellos. Esta peza fala dos seareiros e socios do equipo, así como da muralla, facendo tamén referencia á Ximnástica Lucense e ao Polvorín, clubs predecesores do Lugo:

A Ximnástica Lucense,
e antes dela o Polvorín
foron para o Deportivo
o primeiro trampolín.
Ala Lugo!

A segunda canción foi estreada o xoves 4 de xuño de 2009 no Círculo das Artes.[19] Esta obra, composta polo friolés Ángel Castelo, músico da Banda Municipal de Música de Lugo, en palabras do autor, tenta recoller "o sentimento sobre a vida, sobre o que se vive nun campo de fútbol". Na letra noméanse a varios xogadores que vestían a camiseta albivermella nesa época como son Manu, Pardo, Losada, Germán, Arroyo, Cancela ou Tornero.

Viva Lugo! Viva Lugo! Ala Lugo! Ala Lugo!
Aí vai, aí vén, aí vén, aí vai!
Aí vai, aí vén! O balonciño a ras do chan!

A terceira canción adicada ao Lugo, é unha obra interpretada por Joel Hortas, adicada ao ascenso do club á Segunda División.[20] A cuarta e última canción,[21] composta por Luciano Gorgoso e Manuel Pajón,[22] foi presentada o 16 de xaneiro de 2013. Esta obra tentou ser máis curta cos anteriores, coa intención de facela máis doada de memorizar. Comeza do seguinte xeito:

Orgullo galego, nobreza e tesón,
vermello e branco, paixón e honor.

Finalmente, en 2014, o club decidiu convocar un concurso para elixir definitivamente un himno oficial para o equipo. Ao concurso, chamado "Canta claro!", presentáronse 26 composicións, tres das cales foron as elixidas por un xurado composto por membros da directiva do club e o director da Escola Municipal de Música. As composicións elixidas foron exhibidas o 28 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo ante socios e accionistas, os cales tiñan que decidir cal sería a gañadora. O vencedor foi finalmente Vitaliano de la Cruz Arnaiz, máis coñecido como "Vita", antigo gardameta do club, ademais de escritor e profesor, quen chegara a ser candidato ao premio Goya pola súa canción "Happy Chueca".[23] O palentino levou un premio de 2000 € e un diploma acreditativo como gañador do concurso tras vencer con 46 dos 49 votos totais.[24] A letra fala dos guerreiros que loitan defendendo as cores albivermellas:

A muralla protexía os seus guerreiros,
prestos a loitar até o final.

Cadro actual

editar
Véxase tamén: Tempadas do Club Deportivo Lugo.

Xogadores

editar
 
O Lugo na tempada 2012-13.
Datos do 19 de xullo de 2020.
Posto País Xogador
1 POR   Alberto Varo
2 DEF   Serge Leuko
3 DEF   José Carlos
4 DEF   Marcelo Djaló
5 MED   Carlos Pita
6 MED   Jaume Grau
7 DIA   Cristian Herrera
8 MED   Fernando Seoane
9 DIA   Manu Barreiro
10 MED   José Ángel Carrillo
11 DIA   Lass Bangoura
12 DEF   Mathieu Peybernes
13 POR   Ander Cantero
Posto País Xogador
14 DEF   Vasyl Kravets
15 DEF   Roberto Canella
16 DIA   Carlos Castro
17 DEF   Jaime Seoane
18 MED   Álex López
19 MED   Yanis Rahmani
20 DEF   Gerard Valentín
21 MED   Hugo Rama
22 DEF   Campabadal
23 DEF   Josete Malagón
24 MED   Iriome
28 MED   El Hacen

Cedidos

editar
Posto País Xogador
POR   Pablo Cacharrón (Barakaldo)
DEF   Pedro López (Unionistas)
DEF   Orest Lebedenko (Olimpik Donetsk)
DEF   Borja San Emeterio (Atlético Baleares)
DEF   Jilmar Torres (Andorra)
MED   Gustavo Quezada (Recreativo)

Altas e baixas 2019−20

editar
Altas
Xogador Nacionalidade Posición Procedencia Tipo Custo
    Ander Cantero
 
 
Villarreal CF B
4 anos
0 €
    Marcelo Djaló
 
 
Fulham FC
3 anos
0 €
    Borja Domínguez
 
 
AD Alcorcón
3 anos
0 €
    Roberto Canella
 
 
Sporting de Gijón
2 anos
0 €
    Yanis Rahmani
 
 
UD Almería
Cesión
0 €
    Álex López
 
 
RCD Espanyol
Cesión
0 €
    Mathieu Peybernes
 
 
UD Almería
Cesión
0 €
    Jaume Grau
 
 
CA Osasuna
Cesión
0 €
    Carlos Castro
 
 
RCD Mallorca
Cesión
0 €


Baixas
Xogador Nacionalidade Posición Destino Tipo Ingreso
    Miguel Vieira
 
 
İstanbul Başakşehir
Traspaso
1.300.000 €
    Juan Carlos
 
 
Girona FC
Fin de contrato
0 €
    Sergio Gil
 
 
Extremadura UD
Fin de contrato
0 €
    Luis Ruiz
 
 
Deportivo da Coruña
Fin de contrato
0 €
    Guille Donoso
 
 
SD Ponferradina
Fin de contrato
0 €
    Juan Muñiz
 
 
Volos FC
Fin de contrato
0 €
    Hernán Menosse
 
 
Defensor Sporting
Fin de contrato
0 €
    Jean Marie Dongou
 
 
FC Honka
Fin de contrato
0 €
    Carlos Calderón
 
 
CD Tudelano
Fin de contrato
0 €
    Dani Escriche
 
 
SD Huesca
Fin de cesión
0 €
    José Carlos Lazo
 
 
Getafe CF
Fin de cesión
0 €
    Giorgi Aburjania
 
 
Sevilla FC
Fin de cesión
0 €
    Toni Martínez
 
 
West Ham
Fin de cesión
0 €

Mercado de inverno

editar
Altas
Xogador Nacionalidade Posición Procedencia Tipo Custo
    Vasyl Kravets
 
 
CD Leganés
Cesión
0 €
    Lass Bangoura
 
 
Rayo Vallecano
Cesión
0 €
    Jaime Seoane
 
 
SD Huesca
Cesión
0 €
    El Hacen
 
 
Real Valladolid
Cesión
0 €
    José Ángel Carrillo
 
 
Hapoel Beer Sheva
Medio ano
0 €


Baixas
Xogador Nacionalidade Posición Destino Tipo Ingreso
    Tete Morente
 
 
Málaga CF
Rescisión
0 €
    Orest Lebedenko
 
 
Olimpik Donetsk
Cesión
0 €

Organigrama deportivo

editar
  • Presidente: Constantino Saqués Pereira
  • Vicepresidente: José Antonio Sánchez Goñi
  • Secretaria: Mari Paz Bergantiños Cruz
  • Vicesecretaria: Olga Rouco Calaza
  • Conselleiro: Marco Antonio López Queiroz
  • Dirección financeira: Amparo Mouriz Lameiro
  • Recursos humáns: Olga Rouco Calaza
  • Xestión: Francisco Zamorano Sánchez
  • Merchandising: Adriana Silva Parra
  • Comercial: Pablo Agudo Rubio
  • Comunicación: Julián Castaño Merodio
  • Delegado: José Antonio Alvite
  • Dirección deportiva: Manuel Mandiá Lorenzo
  • Secretaría técnica: Martín Longarela Docando
  • Secretaría técnica: Martín Murado Goyos
  • Adestrador: Mehdi Nafti
  • Segundo adestrador: Adrián Rubio
  • Preparador físico: Francisco "Kiko" Corredoira
  • Adestrador de porteiros: Roberto Fernández
  • Readaptador: Antón Eiré
  • Fisioterapeuta: Manuel Vega Neira
  • Fisioterapeuta: Miguel Sánchez-Andrade Expósito
  • Fisioterapeuta: Alejandro J. Vázquez Bernal

Récords de xogadores

editar

Para as seguintes estatísticas téñense en conta as tempadas na liga de fútbol profesional, é dicir as tempadas en Segunda División.

Partidos xogados

editar
 
Manu.
Nome Período Aparicións Goles
1   Seoane 2012–2022 351 7
2   Carlos Pita 2010–2022 328 20
3   Iriome 2014–2022 244 20
4   Manu 2007–2017 180 7
5   Manu Barreiro 2018–2023 156 30
6   Cristian Herrera 2017–2021 154 31
7   Campabadal 2017–2022 144 1
8   José Juan 2012–2017 132 0
9   Campillo 2015–2020 128 6
10   Pavón 2012–2015 99 1

Máximos goleadores

editar
 
Óscar Díaz.
Nome Período Goles Encontros Promedio
1   Cristian Herrera 2017–2021 31 154 0,201
2   Joselu 2015–2017 30 70 0,429
3   Manu Barreiro 2015–2017 30 156 0,192
4   Caballero 2015–2017 21 82 0,256
5   Iriome 2014–2022 20 244 0,082
6   Carlos Pita 2010–2022 20 328 0,061
7   Chris Ramos 2020–2023 16 99 0,162
8   Óscar Díaz 2012–2013 15 38 0,395
9   Carrillo 2019–2022 15 83 0,157
10   Enzo Rennella 2013–2014 13 35 0,371

Porteiros menos batidos

editar
 
Yoel.
Nome Período Goles Aparicións Por partido
1   Yoel 2012–2013 36 33 1,091
2   Juan Carlos 2017–2019 92 78 1,179
3   José Juan 2012–2017 164 131 1,252
4   Domínguez 1986–1999 22 22 1
5   Fernando 1992–1993 19 17 1,118
6   Roberto 2015–2017 28 23 1,217
7   Dani Mallo 2013–2015 38 30 1,267
8   Alberto Varo 2018−2021 6 4 1,5
Están situados na parte de arriba da clasificación os porteiros que xogasen, polo menos, 2/3 dos partidos dunha Liga. Este criterio é o preciso para optar ao Trofeo Zamora de porteiro menos batido. Nese caso, para a clasificación cumpútase o rexistro da mellor tempada e non o global.

Xogadores anteriores

editar
Véxase tamén: Xogadores do Club Deportivo Lugo.

Adestradores

editar
Véxase tamén: Adestradores do Club Deportivo Lugo.

Adestradores con máis encontros en Segunda División

editar
Pos. Nome Encontros
  Quique Setién 126
  Luis César Sampedro 50
  Rubén Albés 49
  Francisco 42
  Eloy Jiménez 28

Presidentes

editar
Véxase tamén: Presidentes do Club Deportivo Lugo.

Sociedade Anónima Deportiva

editar

Tras conseguir a permanencia na segunda división, o Lugo tivo que afrontar a súa conversión en Sociedade Anónima Deportiva para poder continuar competindo no fútbol profesional. O proceso comezou no mes de marzo e rematou en xuño trala colaboración de seareiros, empresas e a Administración local, xa que tanto o Concello como a Deputación concederon unha axuda de 1,5 millóns de euros que o club ten que devolver.

O Club Deportivo Lugo S.A.D. foi constituído o sábado 22 de xuño de 2013 ás 18.00 horas no Pavillón Municipal de Lugo grazas ás achegas de 2.974 accionistas que sumaron un capital social de 3 021 520 euros. Na asemblea constitutiva estiveron representadas 252 736 das acción vendidas e 330 accionistas, o que equivalía ao 83,64% do accionariado. O primeiro consello de administración da Sociedade Anónima Deportiva estivo formado por:

  • Conselleira: Olga Matalobos Díaz
  • Conselleiro: Carlos Mouriz Castro
  • Conselleiro: Luciano Rodríguez Gorgoso
  • Conselleiros: Dous representantestes do Concello: José M. Grandío e Juan Carlos Plaza
  • Conselleiros: Tres representantes da Deputación: Juan Méndez, José A. Mourelle e Daniel Torrón

Palmarés

editar

Tempada a tempada

editar
Ano
División
Posto
Copa do Rei
1953-54
1954-55
1955-56
1956-57
1957-58
1958-59
1959-60
1960-61
1961-62
1962-63
1963-64
1964-65
1965-66
1966-67
1967-68
1968-69
1969-70
4ª Rolda
1970-71
10º
1ª Rolda
1971-72
16º
2ª Rolda
1972-73
Rex.
1973-74
10º
1ª Rolda
1974-75
3ª Rolda
1975-76
15º
1ª Rolda
Ano
División
Posto
Copa do Rei
1976-77
14º
2ª Rolda
1977-78
1ª Rolda
1978-79
2ªB
18º
2ª Rolda
1979-80
1ª Rolda
1980-81
1ª Rolda
1981-82
1ª Rolda
1982-83
1ª Rolda
1983-84
2ª Rolda
1984-85
1ª Rolda
1985-86
2ª Rolda
1986-87
2ªB
11º
2ª Rolda
1987-88
2ªB
3ª Rolda
1988-89
2ªB
3ª Rolda
1989-90
2ªB
1990-91
2ªB
1ª Rolda
1991-92
2ªB
4ª Rolda
1992-93
18º
5ª Rolda
1993-94
2ªB
3ª Rolda
1994-95
2ªB
11º
3ª Rolda
1995-96
2ªB
10º
1996-97
2ªB
1997-98
2ªB
1998-99
2ªB
11º
Ano
División
Posto
Copa do Rei
1999-00
2ªB
2000-01
2ªB
15º
2001-02
2ªB
2002-03
2ªB
18º
2003-04
2004-05
2005-06
2006-07
2ªB
2ª Rolda
2007-08
2ªB
2008-09
2ªB
1ª Rolda
2009-10
2ªB
2010-11
2ªB
2011-12
2ªB
1ª Rolda
2012-13
11º
2ª Rolda
2013-14
12º
3ª Rolda
2014-15
15º
3ª Rolda
2015-16
14º
3ª Rolda
2016-17
2ª Rolda
2017-18
12º
3ª Rolda
2018-19
18
Dezaseisavos
2019-20
16
1ª Rolda
2020-21
18
2ª Rolda
2021-22
16
2ª Rolda
2022-23
22
1ª rolda
2023-24
1ª RFEF
10
Dezaseisavos

Resumo

editar
 
Xogadores do Lugo festexando un gol ante o Córdoba na tempada 2012-13.

Torneos nacionais

editar

Torneos estatais

editar

Outros torneos

editar

Premios

editar

Bibliografía

editar
  • Pérez, Abraham: Sacho de seda (Menino Morreu, 2023).
  1. Masià, Vicent (2012). "CD Lugo. Orígenes y antecedentes". La Futbolteca. Consultado o 23 de agosto de 2015. 
  2. Club Deportivo Lugo. La Futbolteca. Vicent Masià
  3. Orixes do C.D. Lugo[Ligazón morta]
  4. Del Pino (12 de abril de 1963). Este es el Lugo seguro clasificado para la liguilla de ascenso a Segunda División (en castelán). Mundo Deportivo: p. 5. Consultado o 14 de xuño de 2013.
  5. Cadro de persoal do Lugo 1992-93. BD Fútbol
  6. Posición que ocupou o rival ao final da liga na clasificación
  7. "El CD Lugo gana por 1-0 al Murcia y opta a la repesca para el ascenso". El Progreso de Lugo (en castelán). 2011-05-29. Consultado o 2022-06-21. 
  8. E a festa saltou do campo á rúa
  9. A Ponferradina é a gran sorpresa da División de Prata
  10. O Lugo quere seguir a ser un 'mataxigantes'
  11. Rodríguez, Rulo (21 de xullo de 2014). Siareiros.org, ed. "A nova camiseta do Lugo revoluciona as redes sociais". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2014. Consultado o 21 de xullo de 2014. 
  12. Bild, ed. (21 de xullo de 2014). "Spanien-Klub spielt im Bierglas-Trikot" (en alemán). 
  13. La Reppublica, ed. (21 de xullo de 2014). "Spagna, la maglia è una ricetta: birra e polpo sul petto" (en italiano). 
  14. Marca, ed. (21 de xullo de 2014). "El Lugo sorprende al mundo con... ¿la camiseta de fútbol más original del Planeta?" (en castelán). 
  15. Maloy, Brendan (21 de xullo de 2014). Sports Illustrated, ed. "Spanish soccer team unveils alternate jerseys featuring beer, octopus" (en inglés). 
  16. CRTVG, ed. (26 de xullo de 2014). "Tolemia en Lugo polas novas camisetas". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 27 de xullo de 2014. 
  17. "ACNInforma. Remodelación do Estadio Anxo Carro de Lugo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de decembro de 2013. Consultado o 15 de febreiro de 2011. 
  18. "Himno do Club Deportivo Lugo". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2010. Consultado o 15 de febreiro de 2011. 
  19. "Himno do CD Lugo". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2011. Consultado o 15 de febreiro de 2011. 
  20. Club Deportivo Lugo (Hino) - Joel Hortas (Tresnun)
  21. "A nova canción de homenaxe coa letra completa na web oficial do Lugo". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2013. Consultado o 25 de xaneiro de 2013. 
  22. O CD Lugo estrenará próximamente novo himno
  23. Retirada otra canción candidata al Goya
  24. "O CD Lugo elixe hoxe o seu himno para o futuro". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2014. Consultado o 28 de outubro de 2014. 
  25. Juego Limpio en España - Real Federación Española de Fútbol Arquivado 13 de maio de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar