Raúl Fuster
Raúl Fuster Arnao, nado en Elx o 23 de xullo de 1985 é un futbolista profesional español, que xoga na posición de defensa no Lleida.
Raúl Fuster | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Raúl Fuster Arnao | ||
Nacemento | 23 de xullo de 1985 (38 anos) | ||
Lugar de nacemento | Elx | ||
Altura | 1,77 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | Lleida | ||
Carreira xuvenil | |||
Elche | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2004–2006 | Elche B | ||
2006–2010 | Elche | 84 | (2) |
2006–2007 | → Villajoyosa (ces.) | 29 | (0) |
2010–2012 | Gimnàstic | 35 | (1) |
2012 | Lugo | 2 | (0) |
2012–2013 | Salamanca | 18 | (0) |
2013– | Lleida | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. Selección: actualizado a 26 de decembro de 2012[ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarNado en Elx, no barrio do Toscar, formouse nas categorías inferiores do club da cidade, o Elche C.F., pasando por tódalas categorías dende o infantil até o primeiro equipo. Na tempada 2006-07 é cedido ao Villajoyosa C.F., que milita no grupo III da Segunda División B. Tras unha boa tempada foi recuperado polo Elche para o seu primeiro equipo, debutando co galego David Vidal. Permaneceu durante tres tempadas no equipo ilicitano (2007-08, 2008-09 e 2009-10). No verán de 2010 asinou por dúas tempadas co Club Gimnàstic de Tarragona. Ao rematar o contrato en 2012 asina co Club Deportivo Lugo para xogar na Segunda División, deixando o club en decembro debido á falta de minutos no club lucense e asinando coa UD Salamanca da Segunda División B. Trala desaparición do Salamanca recala no Lleida Esportiu, da mesma categoría.