David Vidal Tomé, nado en Portosín (Porto do Son) o 2 de agosto de 1950, é un exfutbolista galego e actual adestrador de fútbol. Xogaba de defensa.

Modelo:BiografíaDavid Vidal
Nome orixinalDavid Vidal Tomé
Biografía
Nacemento2 de agosto de 1950 (74 anos)
Porto do Son, España Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeGalicia
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Agrupación Deportiva Ceuta
  Deportivo Fabril
Unión Deportiva Melilla
Cartagena Fútbol Club
  CD Logroñés
Jerez Industrial CF
1972–1973 UE Lleida 33(4)
1973–1974   Deportivo da Coruña 9(2)
1974–1975   Cádiz CF 6(0)
1975–1976   Villarreal Club de Fútbol
1976–1977   Xerez CD
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Cádiz CF Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm4307453 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Como xogador

editar

Na tempada 1973–74 debutou co Deportivo da Coruña en Segunda División, da man do adestrador Fernando Riera. Nesa campaña no club coruñés, no que tivo 4 adestradores, Vidal participou en 9 partidos e anotou dous goles, anotando o primeiro na segunda xornada, nun encontro contra o CA Osasuna e que supuxo o empate para os galegos (1–1). Ao final desa campaña o Deportivo descendeu a Terceira División.

Na campaña 1974–75 fichou polo Cádiz CF, tamén en Segunda División, onde só xogou 6 partidos.

Como adestrador

editar

Na tempada 1990–91 foi contratado polo Logroñés, club co que obtería os seus mellores resultados en Primeira División, deixándoo na décima posición esa tempada e a seguinte. Non obstante, foi destituído na tempada 1992–93 despois de 12 xornadas nas que o equipo se atopaba nas últimas posicións da táboa, sendo substituído por Miguel Ángel Lotina.

Foi contratado polo Rayo Vallecano ao final da tempada 1993–94, que rematou co descenso do equipo a Segunda División. Aínda que continuou no equipo a campaña seguinte foi despedido despois de oito xornadas. Posteriormente dirixiu, tamén en Segunda, ao Villarreal (1995–96), Hércules (1997–98) e Compostela (1999–00).

Mediada a tempada 2001–02 foi contratado polo Real Murcia, conseguindo a salvación ese ano e ao seguinte o ascenso a Primeira División, a pesar do cal o club decidiu prescindir dos seus servizos de cara á seguinte campaña na máxima categoría. Iniciada a tempada 2003–04 foi contratado polo UD Las Palmas, mais fracasou no obxectivo de sacar ao equipo dos postos de descenso e foi destituído antes de que rematase a tempada. Na tempada 2005–06 dirixiu ao Lleida, sen tampouco lograr o obxectivo de evitar o descenso a Segunda División B. Na tempada 2006–07 foi contratado polo Elche coa mesma misión, lográndoo esta vez e deixando ao equipo na décima posición. Permaneceu no Elche até a sétima xornada da tempada 2008–09, que foi destituído polo mal comezo da campaña.

Na xornada 28 da tempada 2009–10, foi contratado polo Albacete Balompié, situado en postos de descenso tras 11 partidos sen coñecer a vitoria, en substitución de Julián Rubio. Aínda que conseguiu a permanencia, non foi renovado de cara á tempada 2010–11.

O 13 de febreiro de 2011 anunciouse a súa reincorporación ao Albacete, en substitución de Antonio Calderón,[1] pero foi destituído seis xornadas despois tras conseguir só 2 puntos neses seis encontros.

O 14 de xullo de 2013 anunciouse a súa contratación polo Xerez CD, por dúas tempadas, en substitución de Carlos Ríos.[2] Co descenso administrativo do equipo a Terceira División, rescindiu o seu contrato.[3]

O 21 de marzo de 2016 fichou polo CD Guadalajara, de Segunda División B, en substitución de Félix Arnáiz.[4] Co descenso do equipo a Terceira División rematou o seu contrato, sendo substituído por Alberto Parras Miguel.[5]

  1. "Vidal sustituye a Calderón en el banquillo del Albacete"
  2. "David Vidal, nuevo entrenador del Xerez". Marca. 14 de xullo de 2013.  (en castelán)
  3. "David Vidal negocia la rescisión de contrato". reporterosjerez.com. 7 de agosto de 2013.  (en castelán)
  4. "David Vidal, nuevo entrenador del CD Guadalajara". COPE. 21 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2016. Consultado o 26 de marzo de 2016.  (en castelán)
  5. "Alberto Parras, nuevo entrenador del C.D. Guadalajara"

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar