Real Murcia Club de Fútbol

(Redirección desde «Real Murcia»)

O Real Murcia Club de Fútbol é un club de fútbol de España da cidade de Murcia. Foi fundado en 1908 e actualmente xoga no grupo 2 da Primeira División RFEF.

Real Murcia
NomeReal Murcia Club de Fútbol, S.A.D.
Alcume(s)Pimentoneros;
Granas
Fundación1908
EstadioNueva Condomina
Murcia, España
Inauguración2006
Capacidade31.179 espectadores
PresidenteEspaña Maria del Mar Carrillo
AdestradorEspaña Pablo Alfaro
LigaPrimeira División RFEF
2022-23
VestimentaAdidas
Na rede
http://www.realmurcia.es/
Titular
Alternativo

É o único equipo da Rexión de Murcia que xogou na Primeira División, categoría na que militou un total de 18 tempadas. É o equipo que máis tempadas xogou en Segunda División, o que máis títulos de campión desa categoría posúe (9) e, xunto ao desaparecido CD Málaga, o que logrou máis ascensos a Primeira (11).

Uniforme editar

  • Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón branco, medias vermellas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta verde, pantalón verde, medias verdes.
  • Terceiro uniforme: Camiseta negra cunha banda branca, pantalón negro, medias negras.

Estadio editar

 
Exterior da Nueva Condomina.
Artigo principal: Estadio Nueva Condomina.

Con capacidade para 31.179 espectadores, trátase dun estadio 4 estrelas, homologado pola FIFA e a UEFA para poder disputar competicións europeas e internacionais. Quedou inaugurado coa celebración dun partido amigable internacional entre as seleccións de España e a Arxentina o 11 de outubro de 2006 con vitoria española por 2 a 1. O primeiro partido disputado polo club foi o 26 de novembro de 2006 ante o Real Valladolid, que se saldou cunha derrota do conxunto local por 1 a 4.

Antigamente xogaba no Estadio de La Condomina.

Datos do club editar

  • Tempadas en : 18
  • Tempadas en : 54
  • Tempadas en 2ªB: 15
  • Tempadas en : 4

Datos en Primeira División editar

  • Mellor posto: 11º (tempadas: 44-45, 45-46, 83-84 e 86-87).
  • Peor posto: 20º (tempada: 03-04).
  • Maior goleada conseguida como local: Real Murcia 6-1 Osasuna (2 de outubro de 1988).
  • Maior derrota encaixada como local: Real Murcia 1-5 Real Zaragoza (27 de abril de 1975).
  • Maior goleada conseguida como visitante: Real Zaragoza 1-6 Real Murcia (18 de xaneiro de 1981).
  • Maior derrota encaixada como visitante: Fútbol Club Barcelona 8-1 Real Murcia (4 de outubro de 1964).

Xogadores 2011/12 editar

Posto País Xogador
1 POR   Alberto Cifuentes
2 DEF   Mario Marín
3 DEF   Oriol
4 MED   Aguilera
5 DEF   Jorge
6 DEF   Óscar Sánchez
7 DEF   Molinero
8 DIA   Pedro
9 DIA   Chando
10 MED   Cerrajería
11 MED   Sutil
12 DEF   Rubén Párraga
Posto País Xogador
14 DEF   Amaya
15 DEF   Luciano
16 MED   Iturra
17 DIA   Kike
18 MED   Albiol
19 MED   Emilio Sánchez
20 MED   Richi
21 MED   Isaac Jové
22 DIA   Borja
23 DIA   Cristian García
25 POR   Javi Jiménez
26 MED   Nico Varela

Palmarés editar

Torneos rexionais editar

  • Campionato Levante (1): 1920–21
  • Campionato de Murcia (9): 1925–26, 1926–27, 1927–28, 1928–29, 1929–30, 1930–31, 1931–32, 1933–34, 1939–40
  • Campionato Superrexional de Levante-Andalucía (1): 1935–36

Torneos nacionais editar

Torneos amigábeis editar

  • Trofeo Festa d'Elx (3): 1975, 1983, 2002
  • Trofeo Ciudad de Murcia (3): 1968, 1969, 1996
  • Trofeo Nueva Condomina (2): 2004, 2007
  • Campionato do Sudeste de España (1): 1911
  • Trofeo Concepción Arenal (1): 1960
  • Trofeo de las Ciudades (1): 1973
  • Torneo Costa Blanca (1): 1973
  • Trofeo Ciudad de Albacete (1): 1979
  • I Trofeo de Fútbol de la Región de Murcia (1): 1984
  • Trofeo Costa Cálida (1): 1993
  • Torneo de Mondariz (1): 2008
  • Trofeo del Centenario (1): 2008
  • Trofeo Cuna de Belén (1): 2010
  • Memorial Enrique Miralles (1): 2010
  • Trofeo Triangular 7 Región de Murcia (1): 2011

Filial editar

O Real Murcia Club de Fútbol Imperial é o primeiro equipo filial do Real Murcia. Fundado no ano 1924, é o equipo que ten a marca de número de tempadas na Terceira división española.[1] Na tempada 2007/2008 logrou o ascenso á Segunda División B.

Notas editar

  1. "Clasificación histórica en Terceira por tempadas". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2008. Consultado o 04 de xaneiro de 2010. 

Ligazóns externas editar