Estadio Nueva Condomina
A Nueva Condomina é un estadio de fútbol da cidade de Murcia, onde xoga os seus partidos o Real Murcia. Atópase na pedanía de Churra, ao norte do municipio de Murcia.
Nueva Condomina | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 38°02′32″N 1°08′41″O / 38.042222, -1.144722 |
Localización | Murcia, España |
Construción | |
Inauguración | 11 de outubro de 2006 |
Arquitecto | Jaime López Amor |
Estadio | |
Superficie | Céspede natural |
Dimensións | 105 x 67 |
Capacidade | 31.179 |
Propietario | Concello de Murcia |
Operadora | Murcia |
Localía | Real Murcia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ten capacidade para 31.179 espectadores, e foi inaugurado o día 11 de outubro de 2006 coa celebración dun partido amigable entre a Selección española e a arxentina no que España gañou por 2 a 1. O primeiro gol que se viu no estadio marcouno o xogador do Futbol Club Barcelona, Xavi.
O Real Murcia, que ata entón xogaba no Estadio de La Condomina, disputou o seu primeiro partido o 26 de novembro en partido de Liga ante o Real Valladolid, correspondente á xornada 14 da Segunda División con derrota do equipo murciano (1-4). Iván Alonso foi o autor do primeiro gol do Real Murcia neste estadio.
Xunto ao estadio atópase un centro comercial co mesmo nome, e constrúese unha urbanización, que terá dous campos de golf. Todo en conxunto sumará un total de 2 139 695 m² e aínda que o promotor privado do estadio afirmou durante todo o proxecto que sería catalogado como estadio cinco estrelas pola UEFA, podendo así celebrar finais da Liga de Campións da UEFA, este feito finalmente revelouse imposible pois é requisito necesario para obter esta cualificación que o estadio teña un aforamento mínimo de 50.000 espectadores.
Coa inclusión da cidade de Murcia e do estadio na Candidatura Ibérica para acoller a Copa Mundial de Fútbol de 2018, proxectouse unha ampliación do estadio, tras a cal pasaría a ter máis de 43.000 localidades, e multiplicaríanse os palcos privados e a zona de prensa. Todo iso está supeditado á elección de España e Portugal como sedes.