Churra
Churra é unha pedanía do concello de Murcia, na Rexión de Murcia, que conta con Xunta Municipal. Atópase a 3,5 km de Murcia e sitúase a unha altitude media de 57 metros sobre o nivel do mar.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Rexión de Murcia | ||||
Concello | Murcia | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 5,6 km² | ||||
Altitude | 57 m | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 30110 | ||||
Sitio web | murcia.es |
Xeografía
editarTen unha extensión de 5,6 km². Limita ao norte co concello de Molina de Segura e coas pedanías de Cabezo de Torres ao leste, El Puntal ao oeste e Santiago y Zaraiche ao sur.
Demografía
editarEn 2014 tiña 7066 habitantes, agrupados en varios núcleos de poboación, sendo os principais: Churra, El Castellar, a Senda de Granada e Torre Alcayna.
Historia
editarFoi fundada durante a dominación islámica ao redor do século IX e, desde entón a súa historia estivo sempre moi ligada á de Murcia, converténdose en pedanía desta no século XVIII. Na pedanía pódense atopar algúns vestixios da súa historia, como poden ser as canles de rega Nova e Vella e a Casa Torre Alcayna.
Recentemente incrementou a súa superficie construída coa creación de modernas urbanizacions e, sobre todo, coa construción dos centros comerciais Thader e Nueva Condomina, así como o novo estadio de fútbol do Real Murcia chamado tamén Nueva Condomina.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Churra |