Pedanía

entidade administrativa inferior ao concello

Unha pedanía é unha entidade subnacional de carácter territorial que outorga autonomía de goberno ou control sobre determinados dereitos dos mesmos.

En España é unha entidade local menor dependente dun municipio que pode gozar ou non de maior ou menor autonomía con respecto deste. En toda España existen máis de 3.000 entidades locais menores. Reciben o nome oficial de pedanías na Rexión de Murcia e na Comunidade Valenciana.