Jorge García Torre
Jorge García Torre, coñecido como Jorge, nado en Xixón o 13 de xaneiro de 1984, é un futbolista profesional español. Xoga como defensa central na Unió Esportiva Llagostera da Segunda División.
Jorge | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Jorge García Torre | ||
Nacemento | 13 de xaneiro de 1984 (40 anos) | ||
Lugar de nacemento | Xixón | ||
Altura | 1,85 m | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | Llagostera | ||
Carreira xuvenil | |||
Sporting de Gijón | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2003–2005 | Sporting B | ||
2005–2011 | Sporting de Gijón | 116 | (5) |
2009–2010 | → Gimnàstic (ced.) | 34 | (3) |
2011–2013 | Murcia | 64 | (4) |
2013–2014 | Lugo | 11 | (0) |
2014– | Llagostera | 16 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Selección: actualizado a 7 de xuño de 2015[ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarNado na cidade asturiana de Xixón, Jorge comezou nos equipos de fútbol base do Estudiantes de Somió antes de incorporarse á canteira do Real Sporting de Gijón. No ano 2000, durante a súa etapa en categoría cadete, proclamouse campión de España cos xixoneses.
No ano 2003, debutou co Real Sporting de Gijón "B" e, posteriormente, fíxoo tamén co primeiro equipo na tempada 2005-06 da man do adestrador Ciriaco Cano. Na campaña 2007-08, formou parte dos xogadores que lograron o ascenso a Primeira División do Sporting, sendo titular no partido definitivo ante o Eibar no estadio El Molinón.[1]
No verán de 2009, despois dunha tempada con pouca participación en Primeira, foi cedido ao Club Gimnàstic de Tarragona, de Segunda División.[2] Unha vez finalizado o período de préstamo regresou ao Sporting para a campaña 2010-11 en Primeira.[3] Tras contar, de novo, con poucos minutos no conxunto branquivermello, decidiu desvincularse do club en agosto de 2011 para fichar polo Real Murcia C. F., onde se converteu nunha das pexas fundamentais do once na súa etapa en Segunda División.[4] O 16 de xullo de 2013 converteuse en novo xogador do Club Deportivo Lugo da mesma categoría, onde tras non gozar de minutos de xogo rescinde o seu contrato e asina co UE Llagostera.
Clubs
editarClub | Categoría | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
Sporting de Gijón | Segunda | 2005–2006 | 38 | 1 |
Sporting de Gijón | Segunda | 2006–2007 | 30 | 2 |
Sporting de Gijón | Segunda | 2007–2008 | 31 | 2 |
Sporting de Gijón | Primeira | 2008–2009 | 12 | 0 |
Gimnàstic | Segunda | 2009–2010 | 34 | 3 |
Sporting de Gijón | Primeira | 2010–2011 | 5 | 0 |
Real Murcia | Segunda | 2011–2012 | 37 | 4 |
Real Murcia | Segunda | 2012–2013 | 27 | 0 |
Lugo | Segunda | 2013–2014 | 11 | 0 |
Llagostera | Segunda | 2014–2015 | 16 | 0 |
Notas
editar- ↑ Axencia EFE (15 de xuño de 2008). Marca, ed. "El Sporting le brindó el ascenso a Quini diez años después". Consultado o 15 de xullo de 2013.
- ↑ Las Provincias, ed. (19 de xullo de 2009). "Jorge García Torre es cedido al Nástic". Consultado o 15 de xullo de 2013.
- ↑ Rosety, Manuel (3 de agosto de 2010). El Comercio, ed. "JJorge: «No voy a regalar nada»". Consultado o 15 de xullo de 2013.
- ↑ Rosety, Manuel (29 de agosto de 2011). El Comercio, ed. "Jorge se marcha hoy al Murcia". Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2014. Consultado o 15 de xullo de 2013.