Real Sporting de Gijón

club de fútbol de Asturias

O Real Sporting de Gijón é un centenario e histórico club de fútbol profesional español da cidade de Xixón, en Asturias. Foi fundado o 1 de xullo de 1905 e xoga na Segunda División Española. Disputa os seus partidos como local no estadio El Molinón, o máis antigo do fútbol español, organiza desde 1962 o Trofeo Vila de Xixón (ata 1992, trofeo Costa Verde) e conta con algo máis de 20.000 abonados e 242 penas.[1]

Sporting de Gijón
NomeReal Sporting de Gijón, S.A.D.
Alcume(s)Rojiblancos (Branquivermellos);
Sportinguistas
Fundación1 de xullo de 1905 (119 anos)
EstadioEl Molinón,
Xixón, España
Inauguración1908
Capacidade25.538
PresidenteEspaña Javier Fernández Rodríguez
AdestradorGalicia Rubén Albés
LigaSegunda División
2017–184.º
VestimentaKappa
PatrocinadorConcello de Xixón
Na rede
http://www.realsporting.com/
Facebook: realsportingdegijon Twitter: realsporting Instagram: realsporting Youtube: UCtuaFnGlG_t5J9VHCfedi2Q TikTok: realsporting Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

Os seus máximos logros na categoría foron o subcampionato de Liga en 1979, así como dous subcampionatos de Copa do Rei en 1981 e 1982, e seis participacións na Copa da UEFA, actual UEFA Europa League.

Con 42 tempadas en Primeira División, é o equipo asturiano que máis tempadas disputou na máxima categoría. Ocupa a 15º na clasificación histórica da Primeira División e a 2ª na de Segunda. Ademais, é un dos nove equipos españois que nunca xogaron nunha categoría inferior á Segunda División.

Uniforme

editar
 
Partido disputado entre o Deportivo da Coruña e o Sporting de Gijón.
  • Uniforme titular: camiseta de raias verticais brancas e vermellas, representando as cores da bandeira de Xixón, pantalóns azuis (dise que como homenaxe ao mar) e medias azuis con volta vermella.
  • Uniforme visitante: Camiseta vermella, pantalóns vermellos e medias vermellas.
  • Terceiro uniforme: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.

Estadio

editar
Artigo principal: Estadio Municipal El Molinón.

O estadio do Sporting de Xixón é o estadio de El Molinón, que data de 1908, sendo o máis antigo do fútbol profesional en España. O seu nome débese a existencia dun antigo gran muíño preto da situación do estadio. A súa capacidade é de 25.885 espectadores e as súas dimensións son de 105 x 68 metros.

O estadio xixonés sufriu varias remodelacións ao longo da súa historia. A primeira prodúcese en 1917. De entre todas elas cabe destacar a que sufriu con motivo da Mundial de España de 1982, durante a cal o estadio acolleu varios partidos do Grupo B, compartido co Estadio Carlos Tartiere de Oviedo. Actualmente estanse levando a cabo obras de ampliación do estadio.

Datos do club

editar
  • Tempadas en : 40
  • Tempadas en : 41
  • Tempadas en 2ªB: 0
  • Tempadas en : 0
  • Participacións en competicións europeas: 6 (na Copa da UEFA)

Datos en Primeira

editar
  • Posto na Clasificación histórica da Primeira división: 15º
  • Partidos xogados: 1268
    • Gañados: 424
    • Empatados: 305
    • Perdidos: 539
    • Goles a favor: 1558
    • Goles en contra: 1856
    • Puntos: 1195
  • Mellor posto: 2º (1978-79)
  • Peor posto: 20º (1997-98)
  • Peor puntuación acabada a tempada: 13 puntos (1997-98)
  • Maior número de tempadas consecutivas: 21 (1977-78 a 1997-98)
  • Maiores goleadas conseguidas:
  • Maiores goleadas encaixadas:
  • Maior serie de partidos consecutivos gañandos: 7 partidos (xornadas 1ª a 7ª na tempada 1979-80)
  • Maior serie de partidos consecutivos sen perder: 14 partidos (x.34ª da 1981-82 a x.13ª da 1982-83)

Datos en Segunda

editar
  • Posto na Clasificación histórica da Segunda división: 2º
  • Partidos xogados: 1214
    • Gañados: 568
    • Empatados: 277
    • Perdidos: 369
    • Goles a favor: 2129
    • Goles en contra: 1527
    • Puntos: 1575
  • Mellor posto: 1º (7 ocasións)
  • Peor posto: 13º (3 ocasións)
  • Maior número de tempadas consecutivas: 13 (1928-29 a 1943-44)

Xogadores

editar
Categoría principal: Xogadores do Sporting de Gijón.

Cadro actual

editar
Datos do 12 de agosto de 2013.
Posto País Xogador
1 POR   Iván Cuéllar
2 DEF   Luis Hernández
4 MED   Mandi
5 DEF   Bernardo Espinosa
6 MED   Sergio Álvarez
7 MED   Javier Casquero
8 MED   Álex Barrera
9 DIA   Miguel Guerrero
10 MED   Nacho Cases
11 MED   Alberto Lora
12 DIA   Stefan Šćepović (cedido polo Partizan)
14 DEF   Iván Hernández
Posto País Xogador
15 DEF   Roberto Canella
16 DIA   Dejan Lekić (cedido polo Gençlerbirliği)
17 MED   Santi Jara
18 MED   Isma López
19 MED   Carlos Carmona
20 MED   Aritz López Garai
21 DIA   Hugo Fraile
22 MED   Formose Mendy
23 MF   Cristian Bustos (cedido polo Celta)
24 DIA   Álex Serrano
25 POR   Alberto

Xogadores Históricos

editar

Palmarés

editar

Torneos rexionais

editar
  • Campionato Rexional de Asturias (13): 1917, 1918, 1920, 1921, 1922, 1923, 1924, 1926, 1927, 1930, 1931, 1940.

Torneos nacionais

editar

Torneos amigables

editar
 
Trofeo Ramón de Carranza.

Filial

editar
Artigo principal: Real Sporting de Gijón B.

O filial do Sporting é o Sporting B, fundado en 1967. Actualmente xoga na Segunda División B Española.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar