Estadio Municipal El Molinón

(Redirección desde «El Molinón»)

O Estadio Municipal El Molinón–Enrique Castro “Quini”[1], coñecido como El Molinón, é un estadio de fútbol que se atopa na cidade de Xixón, na comunidade autónoma de Asturias. Nel dispútanse os encontros de fútbol que o Real Sporting de Gijón xoga como local e en ocasións tamén é empregado para facer concertos musicais.

El Molinón
ElMolinonSportingvsAthletic30-10-11.jpg
Datos
LocalizaciónXixón, Asturias Asturias,
España España
Construción
Inauguración1908
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións105x68
Capacidade25.885
PropietarioConcello de Xixón
LocalíaReal Sporting de Gijón
Eventos
Copa Mundial de Fútbol de 1982

Está situado no Parque Isabel la Católica, flanqueado polo río Piles. O seu nome fai referencia a unha grande acea (muíño hidráulico) que se erguía no lugar cando foi construído.

Non se coñecen con exactitude as datas da súa construción e inauguración. A primeira referencia á súa existencia, no diario local El Comercio, data do 20 de maio de 1908, cando se xogou un encontro cuxa nota na prensa non o presenta como algo excepcional, o cal fai sospeitar que o escenario xa era coñecido polos xixoneses e, por tanto, a existencia do estadio é aínda máis antiga.

A FIFA designouno como unha das sedes da Copa Mundial de Fútbol de 1982, disputada en España. Ademais, albergou oito encontros da selección española de fútbol.

HistoriaEditar

Téñense referencias da disputa de partidos no Molinón desde 1908, o que o converte no campo máis antigo do fútbol profesional español.[2]

O Sporting empezou a utilizalo como campo oficial en 1915. O primeiro partido de competición nacional disputouse o 22 de abril de 1917, entre o Sporting e o Arenas Club de Getxo, no Campionato de España.

O 20 de novembro de 1924, o club adquíreo en propiedade, xa que até entón tíñao en arrendamento.

En 1920 xogouse no campo a final da Copa do Rei de Fútbol entre o Athletic Club e o FC Barcelona. En 1931 a tribuna cuberta sufriu un incendio que a destruíu totalmente, e dada a precaria situación económica do Sporting e os custos da reconstrución, o Sporting devolve a titularidade ao concello en 1944.

En decembro de 1968 instaláronse 4 torretas que dotaron ao estadio de luz artificial, indispensable para a disputa de partidos polas noites. O primeiro partido disputado con iluminación artifial enfrontou ao Sporting e ao Valencia CF Mestalla. Un ano máis tarde inauguráronse as obras para cubrir a bancada xeral e posteriormente procedeuse a cubrir totalmente o estadio, o que lle permitiu ser o primeiro campo de fútbol de España coas bancadas totalmente cubertas.

O 8 de febreiro de 1970 produciuse a primeira retransmisión dun partido de segunda división en directo por televisión desde o Municipal xixonés, co partido Sporting - Osasuna.

Entre 1997 e 1998 realizáronse obras no campo para adecualo ás normativas de seguridade que marcaron a UEFA e a FIFA para os estadios de fútbol profesional. Desta forma, fixéronse todas as localidades de asento e retiráronse os valos de seguridade, pasando dunha capacidade para 45.000 espectadores a 25.885. Tamén se dividiron as bancadas en sectores independentes e instaláronse cámaras de seguridade. En 2006 anunciouse un proxecto de remodelación parcial do estadio que afectará principalmente á imaxe exterior do estadio, no que colaborou o artista Vaquero Turcios. A remodelación financiouse coa privatización dos locais existentes baixo as tribunas. O proxecto non cumpriu as condicións esixidas pola UEFA para que o estadio sexa homologado como estadio elite.

O 28 de febreiro de 2018, un día despois do falecemento de Quini, o Concello de Xixón aprobou por unanimidade cambiar a súa denominación oficial a Estadio Municipal El Molinón-Enrique Castro "Quini" como homenaxe á súa figura.[1]

Partidos internacionaisEditar

O 22 de abril de 1928 disputouse o primeiro partido de seleccións nacionais en Asturias, no Molinón, entre España e Italia. Por aquel entón, o estadio tiña unha capacidade de 6.000 localidades. Con motivo da designación do Molinón como subsede do Mundial 82, eleváronse con tribunas superpostas as bancadas Oeste e Fondo Sur, o que supuxo un aforamento de case 45.000 espectadores, dos que 16.600 era sentados. Na celebración de dita Copa do Mundo produciuse o partido con maior aforamento de Asturias, dado que nunca tantas persoas viron en directo un partido de fútbol en Asturias ao longo de toda a historia, sería no partido Alemaña contra Austria, con 45.000 espectadores nas bancadas. Esta cifra xa non será posible superala, tendo en conta que non existe campo no Principado de Asturias que alcance esta capacidade. No Molinón disputáronse os seguintes partidos:

Primeira rolda (Grupo B): Alemaña Federal v/s Alxeria, Alemaña Federal v/s Chile, Alemaña v/s Austria

Sete veces máis disputáronse partidos de seleccións nacionais absolutas no Molinón, entre España, e Noruega (1978), Checoslovaquia (1980), Grecia (1986), Brasil (1990), Illas Feroe (1997), Dinamarca (2004) e Uruguai (2005).

 
El Molinón.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Marca (28 de febreiro de 2018). "El Molinón llevará el nombre de Quini" (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2018. 
  2. "El Molinón empieza su centenario". El Comercio (en castelán). 2008-01-02. Consultado o 2021-03-02.