Juan Carlos Ablanedo
Juan Carlos Ablanedo Iglesias, coñecido como Ablanedo II, nado en Mieres o 2 de setembro de 1963, é un exfutbolista español. Gardameta histórico do Sporting de Gijón, xogou 458 partidos oficiais co equipo asturiano ao longo de 17 tempadas, sendo o quinto futbolista con máis partidos disputados na historia do club, e gañou tres veces o Trofeo Zamora. Foi internacional coa selección española, coa que participou en dúas Copas do Mundo, en 1986 e 1990, se ben en ambas foi suplente de Zubizarreta.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 2 de setembro de 1963 (61 anos) Mieres, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 177 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1981 - 1999 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1990 | Mundial de Fútbol Italia 1990 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1986 | Mundial de Fútbol México 1986 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
É sobriño do antigo gardameta Adauto Iglesias e irmán do tamén exfutbolista do Sporting José Luis Ablanedo, coñecido como Ablanedo I, que xogaba como defensa central e co que compartiu equipo durante case toda a súa carreira.
Traxectoria
editarComezos
editarSobriño do gardameta Adauto Iglesias,[1] ingresou con dez anos na Escola de Fútbol de Mareo e, tras pasar polos equipos infantil e xuvenil do Real Sporting de Gijón, chegou ao filial do club, o Sporting Atlético, en 1980.[2] Suplente na súa primeira tempada na Terceira División, fíxose coa titularidade na seguinte, xa en Segunda División B e ocupou a portería do equipo ata 1984, disputando un total de 100 partidos. Gañou a Copa da Liga de Segunda B na tempada 1982/83.
Sporting de Gijón
editarDebutou co primeiro equipo na Primeira División o 2 de xaneiro de 1983 no Molinón, despois de que o porteiro José Aurelio Rivero fose expulsado nun partido ante o Espanyol.[3] Na tempada 1983/84 volveu defender a portería do Sporting nos partidos correspondentes ás dúas últimas xornadas de competición, ante o Betis e o CD Málaga,[4][5] así como durante a Copa da Liga.[6]
De cara á campaña campaña 1984/85 incorporouse definitivamente ao primeiro equipo do Sporting,[6] e foi titular durante os seguintes anos, excepto nalgúns períodos nos que sufriu lesións, entre elas unha rotura do menisco e do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito.[7]
Na súa primeira campaña como xogador do primeiro equipo, disputou 33 encontros e encaixou 22 goles, cifra que lle serviu para conseguir o seu primeiro Trofeo Zamora ao porteiro menos goleado da liga.[8] Na tempada 1985-86 repetiu o mesmo éxito tras recibir 27 goles nos 34 partidos de liga que disputou.[9] Ademais, o 18 de setembro de 1985 debutou na Copa da UEFA na eliminatoria de 1/32 de final que enfrontou ao equipo asturiano contra o FC Köln.[10]
Tras completar o servizo militar no verán de 1989,[11] regresou ao equipo titular na sétima xornada da tempada 1989–90 nun partido disputado no estadio da Romareda ante o Real Zaragoza.[12] Ao final desa mesma campaña conseguiu o seu terceiro Trofeo Zamora con 25 goles encaixados en 31 encontros.[13] En abril de 1991 sufriu unha nova rotura do ligamento cruzado, esta vez no xeonllo esquerdo,[14] polo que estivo sete meses de baixa.[15] A súa recuperación coincidiu co bo estado de forma do seu compañeiro Emilio Isierte, que chegou a establecer a marca de maior número de minutos sen encaixar un gol na historia do club (697),[16] polo que Ablanedo non participou en ningún partido de liga na tempada 1991/92.
Recuperou a titularidade na campaña 1992/93, aínda que unha fractura de mandíbula producida durante un partido de Copa do Rei contra o Rayo Vallecano,[17] provocou a súa ausencia entre xaneiro e marzo de 1993.[18] No curso 1993/94 ampliou o seu historial de lesións cunha luxación no ombreiro dereito que o obrigou a ser operado para arranxar a posición da súa clavícula,[19][20] polo que non puido competir durante un período de cinco meses.[21] A pesar de participar con regularidade nas tres tempadas seguintes, foi relegado á suplencia polo técnico Novoa trala xornada 21 da campaña 1997/98 nun intento de reverter a marcha do equipo, que aínda non sumara ningunha vitoria na competición.[22][23] O seu último partido en Primeira División tivo lugar o 15 de marzo de 1998 nun derbi no Molinón ante o Oviedo.[24]
Despois do descenso do Sporting a Segunda División, decidiu seguir un ano máis no club,[25] aínda que só xogou dous partidos da tempada 1998-99. Ao remate da mesma puxo fin a súa carreira deportiva,[26] despois de 15 tempadas no club asturiano e 458 partidos oficiais, o que o converte no quinto futbolistas con máis partidos na historia do club.[27]
Selección española
editarFoi internacional coas categorías xuvenil e sub-21 da selección española e gañou a Eurocopa sub-21 de 1986, tras vencer na final a Italia.[28] Nesta detivo dous dos tres lanzamentos italianos desde o punto de penalti, na quenda que decidiu o campión do torneo.[29]
Xogou ademais catro partidos coa selección absoluta, coa que debutou o 24 de setembro de 1986 durante un partido contra Grecia no Molinón.[30] Ademais foi convocado para participar nas Copas do Mundo de México 1986 e Italia 1990,[31][32] aínda que non xogou ningún partido en ningunha delas, pois o gardameta titular era Zubizarreta.
Palmarés
editar- Sporting Atlético
- Copa da Liga de Segunda B (1): 1982/83.
- Terceira División (1): 1980/81.
- Individual
- Trofeo Zamora (3): 1984/85, 1985/86, 1989/90.
- El Molinón de Plata (6): 1984/85, 1989/90, 1990/91, 1994/95, 1995/96, 1996/97.
Notas
editar- ↑ Batalla, Pablo (16 de outubro de 2024). "Juan Carlos Ablanedo: «En mis 15 años en el Sporting el descenso nunca fue nuestra batalla, nosotros peleábamos por la UEFA»". JotDown (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2024.
- ↑ Cuéllar, José Manuel (28 de abril de 1986). "Ablanedo, el nuevo Zamora". ABC (en castelán). p. 54. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ Allongo, Jenaro (4 de xaneiro de 1983). "El empate hubiera sido un resultado justo". Mundo Deportivo (en castelán). p. 9. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ Ríos, Ricardo (23 de abril de 1984). "3-0: festival Calderón". Mundo Deportivo (en castelán). p. 18. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ Allongo, Jenaro (30 de abril de 1984). "2-0: cómodo triunfo del Sporting". Mundo Deportivo (en castelán). p. 17. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 Allongo, Jenaro (9 de xullo de 1984). "Ablanedo II, alta en el Sporting". Mundo Deportivo (en castelán). p. 8. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ Allongo, Jenaro (28 de xaneiro de 1989). "Ablanedo, cinco meses K. O.". Mundo Deportivo (en castelán). p. 24. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ "El portero más seguro 1984/85". Mundo Deportivo (en castelán). 22 de abril de 1985. p. 28. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ "El portero más seguro 1985/86". Mundo Deportivo (en castelán). 21 de abril de 1986. p. 28. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ "0-0: el Gijón se encerró en el "búnker". Mundo Deportivo (en castelán). 19 de setembro de 1985. p. 12. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ Allongo, Jenaro (6 de agosto de 1989). "Sporting: un solo portero para iniciar la Liga". Mundo Deportivo (en castelán). p. 18. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ Gil, Ricardo (15 de outubro de 1989). "Sirakov y Juanito remataron las fiestas del Pilar". Mundo Deportivo (en castelán). p. 12. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ Marca (2012). "Liga BBVA. Trofeos MARCA". Guía MARCA de la Liga 2013 (en castelán) (18): 201. ISSN 1575-4707.
- ↑ Allongo, Jenaro (1 de maio de 1991). "El Sporting de Gijón se queda sin guardametas". Mundo Deportivo (en castelán). p. 15. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ Gascón, Javier (5 de decembro de 1991). "Ablanedo II, luz al final del túnel". Mundo Deportivo (en castelán). p. 24. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ Allongo, Jenaro (7 de xaneiro de 1992). "Ablanedo no quiere ser segundo". Mundo Deportivo (en castelán). p. 18. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ Allongo, Jenaro (8 de xaneiro de 1993). "Ablanedo, con una rotura de mandíbula, K. O.". Mundo Deportivo (en castelán). p. 20. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ Allongo, Jenaro; Muñoz, Miguel Ángel (14 de marzo de 1993). "Ablanedo II reaperece en Gijón ante el Atlético". Mundo Deportivo (en castelán). p. 20. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ Allongo, Jenaro (23 de novembro de 1993). "Ablanedo II, tres meses K. O. por luxación de hombro". Mundo Deportivo (en castelán). p. 20. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ Bribián, Jordi (27 de novembro de 1993). "El coraje de un pequeño gran portero". Mundo Deportivo (en castelán). p. 24. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ Allongo, Jenaro (9 de abril de 1994). "Ablanedo II reaparece en la portería del Sporting". Mundo Deportivo (en castelán). p. 14. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ Calleja, José Luis (25 de xaneiro de 1998). "Novoa decide dejar fuera a Ablanedo". Mundo Deportivo (en castelán). p. 20. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ Miedes, José María (30 de xaneiro de 1998). "Entrevista a Ablanedo". Mundo Deportivo (en castelán). p. 14. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ Márquez, Manuel (16 de marzo de 1998). "El derbi, para el Oviedo". Mundo Deportivo (en castelán). p. 29. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ "Ablanedo sigue en el Sporting". Mundo Deportivo (en castelán). 16 de maio de 1998. p. 63. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ Salinas, José Luis (18 de xaneiro de 2009). "Ablanedo para el golpe" (en castelán). Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ Domenech, Oriol (18 de xuño de 1999). "Ablanedo se despide". Mundo Deportivo (en castelán). p. 31. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ Allongo, Jenaro (23 de maio de 1985). "Ablanedo: la gran sorpresa de Miguel Muñoz". Mundo Deportivo (en castelán). p. 44. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ "¡¡¡Campeones!!!". Mundo Deportivo (en castelán). 30 de outubro de 1986. p. 3. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ Torras, David (25 de setembro de 1986). "3-1: son los mismos, pero parecían dormidos". Mundo Deportivo (en castelán). p. 3. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ "Convocatoria da selección española para o Mundial de 1986". FIFA (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 2 de abril de 2015. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ "Convocatoria da selección española para o Mundial de 1990". FIFA (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 2 de abril de 2015. Consultado o 5 de maio de 2022.