Trofeo Emma Cuervo
O Trofeo Emma Cuervo é un torneo amigable de fútbol organizado polo Ribadeo FC, que se celebra no estadio Pepe Barrera de Ribadeo.
Enma Cuervo | |
---|---|
Fundación | 1952 |
Rexión | ![]() |
Equipos | 2 |
Actual campión | Lugo (5º título) |
Máis laureado | Oviedo (16 títulos) |
Organizador | Ribadeo |
Sitio web | ribadeo.com |
![]() |
Trátase do segundo torneo amigable máis antigo do Estado español, disputándose tódolos veráns dende 1952. Foi creado polo entón presidente do Ribadeo Pepe Barrera, na honra de Emma Cuervo, unha cubana á que o unía unha gran amizade.[1] Adoita enfrontar un equipo galego cun asturiano.[2] O actual campión é o Lugo, logo de vencer na final de 2021 ao Real Oviedo, na quenda de penaltis.
PalmarésEditar
PalmarésEditar
Equipo | Títulos | Anos |
Oviedo | 16 | 1953, 1958, 1965, 1966, 1969, 1973, 1978, 1986, 1988, 1989, 1992, 1996, 2001, 2004, 2011, 2017 |
---|---|---|
Deportivo da Coruña | 10 | 1955, 1962, 1964, 1983, 1984, 1990, 1991, 1994, 1999, 2016 |
Celta de Vigo | 9 | 1954, 1961, 1968, 1975, 1977, 1979, 1981, 1997, 2010 |
Racing de Ferrol | 7 | 1952, 1971, 1980, 2000, 2002, 2005, 2009 |
Sporting de Gijón | 7 | 1957, 1960, 1963, 1967, 1972, 2007, 2012 |
Lugo | 5 | 1987, 2013, 2014, 2015, 2021 |
Racing de Santander | 2 | 1974, 1998 |
Valladolid | 1 | 1956 |
Zaragoza | 1 | 1959 |
Pontevedra | 1 | 1970 |
Salamanca | 1 | 1976 |
Ribadeo | 1 | 1982 |
Betis | 1 | 1985 |
Mérida | 1 | 1993 |
Compostela | 1 | 1995 |
Athletic Club | 1 | 2003 |
Universidad de Oviedo | 1 | 2006 |
Sporting B | 1 | 2008 |
Langreo | 1 | 2018 |
Ponferradina | 1 | 2019 |
NotasEditar
- ↑ Alonso, Paulo (2 de agosto de 2002). "El Emma Cuervo enfrenta al Racing a su primer test duro". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 18 de novembro de 2020.
- ↑ "«El Emma Cuervo no es un torneo más, tiene solera y es bonito ganarlo»". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de xullo de 2017. Consultado o 18 de novembro de 2020.