Unión Popular de Langreo
A Unión Popular de Langreo é un club de fútbol español do concello de Langreo, en Asturias. Foi fundado en 1961 pola fusión do Racing Club de Sama e o Círculo Popular de La Felguera, ambos os fundados ao redor de 1915. Actualmente xoga no grupo I da Segunda División B Española.
Langreo | |||
---|---|---|---|
Nome | Unión Popular de Langreo | ||
Alcume(s) | Llangréu, PopU | ||
Fundación | 4 de xullo de 1961 (61 anos) | ||
Estadio | Nuevo Ganzábal, Langreo, España | ||
Inauguración | Década de 1920 Reinaugurado en 2006 | ||
Capacidade | 4.024 | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Liga | 2ªB – Grupo 1 | ||
2013–14 | 2º | ||
Na rede | |||
http://www.uplangreo.com/ | |||
| |||
UniformeEditar
- Uniforme titular: Camiseta azul e vermella a dúas metades verticais, pantalón azul, medias azuis e vermellas.
- Uniforme alternativo: Camiseta branca cunha franxa horizontal azul e vermella a dúas metades, pantalón branco, medias brancas.
EstadioEditar
- Artigo principal: Estadio Ganzábal.
O estadio de Ganzábal (reinaugurado no verán de 2006) ten capacidade para 4.024 espectadores sentados e é propiedade do Concello de Langreo. O terreo de xogo é de herba artificial, ten un deseño singular con visera e trincheiras de aceiro, cuns castilletes mineiros sostendo a iluminación da tribuna principal. Atópase no distrito langreano de La Felguera.
A historia do Ganzábal remóntase a principios dos anos 20 do pasado século cando o añejo estadio, por aquel entón baixo o nome da Barraca, comezou a albergar os partidos do Círculo Popular de La Felguera, conxunto que se fusionou en 1961 co Racing Club de Sama. A denominación de estadio Ganzábal fíxose en honra dun dos presidentes máis importantes que tivo o Círculo Popular na súa historia e que foi fundamental para culminar as obras de La Barraca: o enxeñeiro Francisco Fernández Ganzábal, quen despois colaborou co UPL e axudou a construír o campo.
Datos do clubEditar
Historial na ligaEditar
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
1961/62 | 3ª | 1º |
1962/63 | 2ª | 13º |
1963/64 | 2ª | 11º |
1964/65 | 2ª | 12º |
1965/66 | 2ª | 13º |
1966/67 | 2ª | 13º |
1967/68 | 2ª | 10º |
1968/69 | 3ª | 2º |
1969/70 | 3ª | 1º |
1970/71 | 2ª | 17º |
1971/72 | 2ª | 20º |
1972/73 | 3ª | 8º |
1973/74 | 3ª | 2º |
1974/75 | 3ª | 10º |
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
1975/76 | 3ª | 11º |
1976/77 | 3ª | 7º |
1977/78 | 2ªB | 8º |
1978/79 | 2ªB | 14º |
1979/80 | 2ªB | 5º |
1980/81 | 2ªB | 19º |
1981/82 | 3ª | 1º |
1982/83 | 3ª | 2º |
1983/84 | 3ª | 3º |
1984/85 | 3ª | 4º |
1985/86 | 3ª | 1º |
1986/87 | 3ª | 3º |
1987/88 | 2ªB | 13º |
1988/89 | 2ªB | 11º |
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
1989/90 | 2ªB | 12º |
1990/91 | 2ªB | 18º |
1991/92 | 3ª | 3º |
1992/93 | 3ª | 3º |
1993/94 | 2ªB | 4º |
1994/95 | 2ªB | 8º |
1995/96 | 2ªB | 10º |
1996/97 | 2ªB | 14º |
1997/98 | 2ªB | 11º |
1998/99 | 2ªB | 18º |
1999/00 | 3ª | 5º |
2000/01 | 3ª | 3º |
2001/02 | 3ª | 1º |
2002/03 | 2ªB | 16º |
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
2003/04 | 3ª | 5º |
2004/05 | 3ª | 4º |
2005/06 | 3ª | 2º |
2006/07 | 3ª | 3º |
2007/08 | 3ª | 3º |
2008/09 | 3ª | 5º |
2009/10 | 3ª | 5º |
2010/11 | 3ª | 3º |
2011/12 | 3ª | 3º |
2012/13 | 3ª | 4º |
2013/14 | 3ª | 2º |
2014/15 | 2ªB |
Xogadores destacadosEditar
PalmarésEditar
- Terceira División Española (5): 1961–62, 1969–70, 1981–82, 1985–86, 2001–02
- Copa RFEF (Fase Asturias) (2): 1997, 2008