Céspede artificial

superficie de fibras sintéticas con base comunmente de látex que simulan o céspede natural
(Redirección desde «Herba artificial»)

O céspede, herba ou pasto artificial, ou sintético, é unha moqueta industrial que se asemella ao céspede natural, pero fabricada con plástico e materiais sintéticos. Actualmente é moi frecuente o seu uso en terreos deportivos nos que orixinalmente se utilizaba céspede natural. Aínda que o seu uso é maioritariamente deportivo, tamén é usado en zonas residenciais e comerciais.

Céspede artificial moderno.

Historia editar

Décadas de 1960 e 1970 editar

O primeiro céspede artificial colocouse en 1965, cando foi instalado no entón recentemente inaugurado estadio Astrodome, construído en Houston, Texas.[Cómpre referencia] O produto popularizouse enormemente e o seu uso chegou a ser extenso nos anos 70. Foi instalado nos estadios cubertos, pero tamén ao aire libre, usándose fundamentalmente para canchas de béisbol e o fútbol americano nos Estados Unidos de América e o Canadá.

Nas décadas de 1960 e 1970 (e máis actualmente) os estadios construíanse moitas veces cubertos, o que obrigaba ao uso deste produto. Tamén cando os estadios convertíanse en espazos multidisciplinarios, o que necesariamente esixía a instalación dun pavimento sintético multiuso. Pero tamén algúns estadios ao aire libre elixiron xogar en superficies artificiais, estes fixérono debido á optimización de horas de uso e ao reducido custo de mantemento.

Décadas de 1980 e 1990 editar

Algúns clubs de fútbol en Europa instalaron superficies artificiais na década de 1980. Nalgúns países varios campos de clubs profesionais adoptaran os campos sintéticos pero ao ser campos non deseñados para a práctica do fútbol, conseguiron que o céspede artificial gañásese unha mala reputación entre os afeccionados e especialmente nos xogadores, que aínda, ás veces hoxe, está presente na memoria colectiva.

O céspede artificial desas décadas era unha superficie máis dura que a herba natural, e intuíase que era unha superficie que causaba máis lesións (e, particularmente, lesións máis serias) que cunha superficie de herba natural.[Cómpre referencia] Paulatinamente volvíase ao céspede natural. O uso do céspede artificial estivo prohibido por FIFA, UEFA e por moitas asociacións nacionais de fútbol.[Cómpre referencia]

Pero o céspede continuou o seu importante desenvolvemento, as tecnoloxías relacionadas continuaron desenvolvéndose, apareceron novas fibras e novos materiais. O labor de investigación e desenvolvemento foi intenso e con éxitos parciais, pero a gran revolución produciríase a principios desta década.

Século XXI editar

A principios do século XXI, as novas superficies artificiais desenvolvéronse usando o recheo de area e caucho. É a chamada 'nova xeración' ou 'terceira xeración' de céspede artificial. Son superficies que a miúdo virtualmente son indistinguibles da herba natural tanto á vista de calquera distancia, e xeralmente tan seguras de xogar como a superficie típica da herba, quizais ata máis seguras en condicións extremas.

Moitos clubs que usaban antes céspede artificial e superficies similares instalaron as novas superficies (fundamentalmente para instalacións de adestramento ou para as categorías inferiores), mentres que algúns clubs que mantiveron a herba natural están reconsiderando o céspede artificial.[Cómpre referencia] As institucións gobernantes do fútbol, no seu ánimo de mellorar e difundir o deporte, e os diversos clubs europeos, na incesante procura de mellorar o xogo e reducir os custos de mantemento está adoptando o céspede artificial como unha superficie perfectamente adecuada.[Cómpre referencia] A FIFA ata recomenda o seu uso en determinadas condicións.[Cómpre referencia]

Estándar de calidade para fútbol editar

 
Foto ao detalle.

A FIFA publicou uns estándares de calidade nos que, unha vez o produto ofrece unhas calidades e garantías adecuadas, o relevante é a interacción do pavimento co xogo: bote e rodaxe do balón, capacidade de absorción de impactos, deformabilidade ou resistencia ao esforzo torsor. Practicamente homoxeneiza as calidades intrínsecas do produto: peso de fibra, peso total, alturas ou composicións das fibras deixan de ser importantes se o desenvolvemento do xogo é o óptimo.

Actualmente o tipo máis común utiliza o polietileno con fibras de máis de 5 cm de longo, que se cosen nunha tea (backing) recuberta.[Cómpre referencia] A manta é entón recebada (infilled) cunha capa de 4 centímetros de gránulos de area e de caucho, que mantén as fibras verticais e proporciona o nivel de absorbencia e de deformabilidade necesaria. A maioría dos dezaoito fabricantes do céspede aprobados pola FIFA utiliza esta tecnoloxía.[Cómpre referencia]

Dependendo do fabricante, atoparemos diferenzas nos parámetros que compón a moqueta: pequenas variacións na altura, na forma da fibra, no seu peso ou na densidade das puntadas (entre outras cousas), variarán lixeiramente as especificacións dun produto que deberá cumprir unha serie de requisitos de durabilidade e propiedades mecánicas.

O ente reitor do fútbol basea as súas probas na interacción do pavimento co xogador e co balón,[Cómpre referencia] o que converte as pequenas diferenzas de marca en ferramentas de mercadotecnia. Cando o verdadeiramente importante é o xogo, as calidades intrínsecas do produto perden importancia.

Outros usos editar

 
Campo de Santa Isabel, en Santiago de Compostela.

Desde os anos 90 o uso do céspede artificial estendeuse á economía doméstica, ademais de que a plantación de céspede natural require un considerable traballo e esforzo continuo para unha correcta conservación, sumado ao custo e un abundante consumo de auga. Este feito provocou a aparición e difusión do céspede artificial tamén no ámbito residencial. O céspede artificial require un considerable menor custo económico, e ao mesmo tempo, ofrece unha imaxe moi similar á do céspede natural.

Finalmente debemos ter en conta que a investigación no ámbito do céspede artificial ofrece materiais cunha suavidade e aspecto similares ao céspede natural, evitando ao mesmo tempo os inconvenientes derivados do custo de mantemento.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar