Astrodome

Coordenadas: 29°41′6″N 95°24′28″O / 29.68500, -95.40778

O NRG Astrodome, tamén coñecido como Houston Astrodome ou simplemente Astrodome, é o máis antigo estadio deportivo cuberto do mundo. Situado en Houston, Texas (Estados Unidos), a súa construción comezou en 1962, sendo inaugurado oficialmente o 9 de abril de 1965. Serviu como estadio local para os Houston Astros da Major League Baseball (MLB) desde 1968 até 1996, sendo tamén sede durante algún momento da historia de equipos como os Houston Oilers da National Football League (NFL) ou os Houston Rockets da National Basketball Association (NBA). Cando foi aberto recibiu o alcume da "Oitava marabilla do mundo".[1] Despois de que o céspede orixinal do estadio morrese, o Astrodome converteuse no primeiro recinto deportivo de elite en instalar céspede artificial, o cal comezou a ser coñecido como AstroTurf. Outro dos avances tecnolóxicos pioneiros do estadio foi a instalación do "Astrolite", o primeiro marcador animado.

NRG Astrodome
Astrodome 1965.jpeg
Datos
LocalizaciónHouston, Estados Unidos
AlcumeA oitava marabilla do mundo
Construción
Construción3 de xaneiro de 1962
Inauguración9 de abril de 1965
Renovación1988, 1989
Peche2008
ArquitectoHermon Lloyd & W. B. Morgan
Wilson, Morris, Crain & Anderson
Praeger-Kavanagh-Waterbury
EnxeñeiroWalter P Moore
Custo$32 millóns
Estadio
DimensiónsLeft field – 99 m
Left center field – 114 m
Center field – 122 m
Right center field – 114 m
Right field – 99 m
Backstop – 16 m
Capacidade54.816
Asist. máxima67.925 (1 de abril de 2001)
Wrestlemania X-Seven
PropietarioCondado de Harris
OperaradoraAstrodome USA
LocalíaHouston Astros (MLB, 1965–99)
Houston Oilers (NFL, 1968–96)
Houston Rockets (NBA, 1971–75)

NotasEditar

  1. Barks, Joseph V. "Powering the (new and improved) 'Eighth Wonder of the World' ", Electrical Apparatus, Novembro de 2001

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar