Os Houston Astros son un equipo profesional estadounidense de béisbol con sede na cidade de Houston, Texas. O club compite na Major League Baseball (MLB) como membro da Divisón Oeste da American League (AL), onde participan desde 2013 tras formar parte anteriormente da National League (NL).[1] Os Astros xogan os seus partidos como local no Minute Maid Park desde o ano 2000.

Houston Astros
Fundado en 1962
En Houston desde 1962
LogoInsignia
Afiliacións de Grandes Ligas
Uniforme actual
Dorsais retirados5, 7, 24, 25, 32, 33, 34, 40, 49, 42
Cores
  • Azul, laranxa, branco               
Nome
  • Houston Astros (1965–presente)
  • Houston Colt .45s (1962–1964)
Alcumes
  • 'Stros
Estadio
Títulos das Grandes Ligas
Series Mundiais (2)2017, 2022
L. Americana (3)2017, 2019, 2022
L. Nacional (1)2005
División A-O (3)2017, 2018, 2019
División N-C (4)1997, 1998, 1999, 2001
División N-W (2)1980, 1986
Wild card (3)2004, 2005, 2015
Administración
Dono(s)Jim Crane
AdestradorA. J. Hinch
Director xeralJeff Luhnow
PresidenteJeff Luhnow

A franquía foi fundada co nome de Houston Colt .45s e entrou na National League en 1962 xunto cos New York Mets. Tres anos despois da súa fundación, tras traladarse ao Astrodome, primeiro estadio cuberto con cúpula do mundo, mudaron ao seu actual nome, que reflicte o rol de Houston como centro do programa espacial dos Estados Unidos. Dentro da National League xogaron da División Oeste de 1969 a 1993 e na Central de 1994 to 2012. En 2017 convertéronse no primeiro e único da historia que posúe os títulos da National League, conseguido en 2005, e da American League. A continuación gañaron o seu primeiro título das Series Mundiais após vencer a Los Angeles Dodgers tras sete partidos.

Historia

editar

A chegada da MLB a Texas

editar

Desde 1888 até 1961, o equipo de béisbol profesional de Houston foron os Houston Buffaloes, club de ligas menores. Durante anos a cidade de Houston tentou facerse cun equipo das Grandes Ligas, sendo catro os principais impulsores do proxecto. Por unha banda estaban William Kirkland e Craig Cullinan, que xa tentaran en 1952 adquirir aos St. Louis Cardinals para que xogaran na cidade texana. Mentres que, por outra banda, estaban R.E. "Bob" Smith, un magnate do petróleo de Houston cos recursos financeiros requiridos, e o xuíz Roy Hofheinz, alcalde de Houston e xuíz do Condado de Harris. Todos xuntaron as forzas necesarias e fundaron a Houston Sports Association, cuxo obxectivo era a obtención dunha franquía para a cidade. Con todo, a negativa da MLB levounos, xunto con outros candidatos a donos de franquías, a fundar unha nova competición: a Continental League. Con todo, a competición acabou por desaparecer en agosto de 1960.

Finalmente, o 17 de outubro de 1960, a National League aceptou crear unha franquía de expansión á Houston Sports Association, cuxo equipo comezaría a xogar na temporada de 1962. Tras un concurso popular para escoller o nome do novo equipo, a proposta gañadora foi a de Colt .45s. Por outra banda, as cores escollidas para o equipo foron o azul escuro e o laranxa. O primeiro estadio no que xogou o equipo foi o Colt Stadium, un recinto temporal mentres non finalizaba a construción dun novo recinto cuberto e con aire acondicionado. O feito de querer construír un estado deste tipo foi idea de Hofheinz, o cal quería un recinto futurista para evitar problemas coas "temperaturas altas, a humidade e as choivas", dixo, "un estadio que fose un paraíso para os fanáticos, e que tamén fose usado para outros eventos ademais de deportes".

O primeiro equipo dos Colt .45s foi un grupo de xogadores obtidos no draft de expansión despois da temporada de 1961. O primeiro partido oficial da nova franquía foi o 10 de abril de 1962 contra os Chicago Cubs en Houston, con vitoria para o equipo local por 11−2.[2] Así, o novo equipo comezou a temporada con tres vitorias ante os Cubs. Porén, ao final da temporada acabaron en oitavo lugar de dez na Liga Nacional. O mellor pitcher do equipo foi Richard "Turk" Farrell, o cal perdeu 20 partidos a pesar dun ERA de 3,02. Farrell pasou de ser un pitcher de rotación a ser seleccionado para o All Star de 1962. A seguinte temporada viu a chegada de novos talentos como Jimmy Wynn, Rusty Staub ou Joe Morgan. Con todo, o equipo finalizou en noveno lugar cun récord de 66−96. A seguinte temporada comezaba da peor maneira coa morte do pitcher Jim Umbricht por mor do cancro. Umbricht foro o único pitcher dos Colt .45s con máis vitorias conseguidas que derrotas, sendo un dos xogadores máis apreciados polos seareiros e os seus compeñeiros. En 1965 o equipo retirou o seu dorsal número 32 como homenaxe.[3] O 1 de decembro de 1964 o equipo inicia unha nova etapa coa mudanza do seu nome: de Colt .45s a "Astros".

Os Houston Astros

editar

Unha vez finalizada a construción da nova sede da franquía en 1965, o equipo mudou o seu nome a "Astros" e se trasladou ao seu novo estadio cuberto: o Astrodome, a "Oitava marabilla do mundo". O nome foi escollido para conmemorar a relación da cidade co programa espacial estadounidense, xa que nela se encontra o Centro Espacial Lyndon B. Johnson da NASA. O Astrodome non serveu para mellorar deforma notábel os resultados do equipo, e aínda que a asistencia ao novo estadio non era moi alta, era moita a xente que chegaba desde diferentes lugares para contemplar o estadio. Outra innovación que introduciu o estadio foi a implación por primeira vez nun campo deportivo profesional do céspede articifial, o cal pasou a ser coñecido como "Astroturf". Nos primeiros anos tras a mudanza de estadio, cómpre destacar o duelo que mantiveron de cara a historia, o 15 de abril de 1968, os pitchers Don Wilson, dos Astros, e Tom Seaver dos New York Mets. O enfrontamento durou seis horas, nas que Wilson lanzou nove entradas, recibindo tan só cinco hits e outorgando tres bases por bolas, e Seaver dez entradas con dous hist e ningunha base por bolas. Despois de que os pithers fosen substituídos por once relevistas (sete polos Mets e catro polos Astros), o partido finalizou na entrada 24 cando Bob Aspromonte bateou á parte esquerda do parque permitindo anotar a Norm Miller unha carreira.[4]

En 1969 os Astros mudaron de forma salientábel. Aspromonte foi enviado aos Atlanta Braves e Rusty Staub aos Montreal Expos, en troques chegaron o outfielder Jesus Alou e o primeira base Dunn Clendenon. Porén, Clendenon rexeitou xogar en Houston, retirándose da práctica do deporte. Outro traspaso foi o de Cuellar aos Baltimore Orioles a cambio de Curt Blefary. Ademais das fichaxes anteriores chegaron ao equipo o catcher Johnny Edwards, o infielder Denis Menke e o pitcher Denny Lemaster. Coas novas incorporacións o equipo pasa de 72 a 80 vitorias en 1969. En 1970 os Astros xa comezaban a ser considerados cun equipo a ter enconta na Liga Nacional Oeste. En xuño chegaba con 19 anos ao equipo César Cedeño, o cal comezaba a amosar signos de ser unha futura superestreal. O outfielder dominicano conseguiu desde o seu ascenso aos Astros unha media de bateo de .310. Xunto a el Menke bateou un .304 e Jesús Alou un .306. Porén, a mellora non bateo contrastou co declive dos pitchers. Finalmente, o equipo non consegue superar o resultados do ano anterior e acaba no cuarto lugar da división con 79 vitorias.

  1. Bloom, Barry M. (17-11-2011). "Sale of Astros to Jim Crane, move to American League in 2013 approved" (en inglés). Major League Baseball Advanced Media LP. Arquivado dende o orixinal o 12-09-2015. Consultado o 11-03-2017. 
  2. Ian, Fleming (10-05-2006). "April 10, 1962 Chicago Cubs at Houston Colt .45's Play by Play and Box Score". Sports Reference. 
  3. "Jim Umbricht Incredible-people.com". Profiles.incredible-people.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2012. Consultado o 20 de febreiro de 2019. 
  4. "Baseball-Reference.com". Arquivado dende o orixinal o 18-10-2012. Consultado o 25-02-2019. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar