National League

(Redirección desde «Liga Nacional (béisbol)»)

A National League of Professional Baseball Clubs (do inglés: Liga Nacional de Clubs Profesionais de Béisbol) ou National League (NL), é unha das dúas ligas de béisbol que conforman a Major League Baseball (MLB) nos Estados Unidos e o Canadá. A National League é a competición deportiva por equipos profesional máis antiga do mundo aínda en activo. Fundada o 2 de febreiro de 1876 para substituír a National Association of Professional Base Ball Players (1871–1875), ás veces é coñecida como "Senior Circuit" en contraposición á American League, fundada 25 anos despois e coñecida como o "Junior Circuit". Ao igual que a Liga Americana, a Nacional conta con 15 equipos.

National League
Fundación2 de febreiro de 1876
RexiónEstados Unidos de América Estados Unidos
PresidenteBill Giles (honorífico)
Equipos15
Actual campiónAtlanta Braves (18º título)
Máis laureadoLos Angeles Dodgers (24 títulos)
Sitio webmlb.com

Equipos editar

A National League está composta por quince equipos divididos en tres divisións con cinco equipos en cada unha.

National League East editar

Artigo principal: National League East.
  • Atlanta Braves, o equipo máis antigo da Major League Baseball en activo; fundados en 1871 como os Boston Red Stockings (ou Red Caps) na National Association; uníronse á National League como membro fundador 1876. Coñecidos nun principio como "Beaneaters" e outros alcumes, adoptaron o actual "Braves" en 1912. Trasladados a Milwaukee (1953) e a Atlanta (1966)
  • Miami Marlins, fundados en 1993 como os Florida Marlins, mudaron o seu nome a Miami Marlins en 2012.
  • New York Mets, fundados en 1962.
  • Philadelphia Phillies, fundados en 1883 como os Quakers, adoptaron o nome de Phillies oficialmente en 1884. De 1943 até 1948 os Phillies mudaron de nome de forma non oficial a "Philadelphia Blue Jays". Aínda que nas camisolas mantiveron o nome de "Phillies", nas mangas levaban un parche cun "blue-jay" (do inglés: gaio azul). O equipo é a franquía máis antiga, que non mudou de nome nin cidade, do deporte profefsional estadounidense.
  • Washington Nationals, fundados en 1969 como os Montreal Expos. Trasladados a Washington, D.C. (2005)

National League Central editar

Artigo principal: National League Central.
  • Chicago Cubs fundado en 1870 como equipo profesional independente, foi un dos fundadores da National Association en 1871, aínda que suspendeu as súas operacións entre 1872 e 1873 por mor do Grande incendio de Chicago. Desde o seu regreso en 1874, o equipo permaneceu en activo sen mudar de cidade. É por isto o equipo da Major League Baseball que máis tempo leva na súa cidade orixinal. Orixinalmente chamados "Chicago White Stockings" e despois "Chicago Colts" entre outros moitos, o equipo adoptou finalmente o nome de "Cubs" en 1902.
  • Cincinnati Reds fundado en 1882 na American Association, uniuse á National League en 1890.
  • Milwaukee Brewers fundado en 1969 como os Seattle Pilots na American League, trasladáronse a Milwaukee (1970), tranferidos á National League en 1998.
  • Pittsburgh Pirates fundado en 1882 na American Association, uniuse á National League en 1887.
  • St. Louis Cardinals fundado en 1882 na American Association, uniuse á National League en 1892.

American League West editar

Artigo principal: American League West.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar