Milwaukee Brewers

Os Milwaukee Brewers son un equipo profesional estadounidense de béisbol con sede na cidade de Milwaukee, Wisconsin. O club compite na Major League Baseball (MLB) como membro da Divisón Central da National League (NL). O nome recibe o seu equipo pola relación da cidade coa industria cervexeira (en inglés brewer significa cervexeiro).[1] Desde o ano 2001 xogan os seus partidos como local no Miller Park, recinto con capacidade para 41.900 espectadores.

Milwaukee Brewers
Fundado en 1969
En Milwaukee desde 1970
Afiliacións de Grandes Ligas
Uniforme actual
Dorsais retirados1, 4, 19, 34, 44, 42
Cores
  • Azul, ouro, branco               
Nome
  • Milwaukee Brewers (1970–presente)
  • Seattle Pilots (1969)
Alcumes
  • True Blue Brew Crew, The Brew Crew, The Crew, Beermakers, Beersmen, Cerveceros, Birraioli
Estadio
  • Miller Park (2001–presente)
  • Milwaukee County Stadium (1970–2000)
  • Sick's Stadium (1969)
Títulos das Grandes Ligas
Series Mundiais (0)Ningunha
National League (0)Ningunha
American League (1)1982
División NL-C (3)2011, 2018, 2021
División AL-L (2)1981, 1982
Wild card (3)2008, 2019, 2020
Administración
Dono(s)Mark Attanasio
AdestradorCraig Counsell
Director xeralMatt Arnold

O equipo foi fundado en 1969 como os Seattle Pilots, equipo de expansión da American League (AL) en Seattle, Washington. Os Pilots xogaban os seus partidos como local no Sick's Stadium. Porén, despois dunha única temporada, o equipo mudouse a Milwaukee, adoptando o seu actual nome e xogando como locais no Milwaukee County Stadium. En 1998 a franquía uniuse á National League, sendo o único equipo das Grandes Ligas en xogar en catro divisións diferentes desde a súa implantación en 1969. A única aparición dos Brewers na Serie Mundial foi en 1982. Tras gañar a Serie Final da American League ante os California Angels, o equipo enfrontouse nas finais aos St. Louis Cardinals, perdendo finalmente 4−3. En 2011 conseguiron chegar á final da National League, mais volveron perder ante os Cardinals (4−2), os cales acabarían gañando posteriormente a Serie Mundial.

Notas editar

  1. "Brewers Timeline". MLB.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2015. Consultado o 15 de marzo de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar