Os Colorado Rockies son un equipo profesional estadounidense de béisbol con sede na cidade de Denver, Colorado. O club compite na Major League Baseball (MLB) como membro da Divisón Oeste da National League (NL). O campo onde xogan os seus partidos como local é o Coors Field, situado no centro da cidade. O maior éxito da franquía foi a consecución do campionato da National League en 2007 despois de gañar 21 dos seus 22 últimos partidos. Con todo, na Serie Mundial foron derrotados con claridade polos Boston Red Sox (4−0).[1] Os Rockies son unha das dúas únicas franquias da MLB que nunca gañaron un título de división (os outros son os Miami Marlins).

Colorado Rockies
Fundado en 1993
En Denver desde 1993
Insignia
Afiliacións de Grandes Ligas
Uniforme actual
Dorsais retirados17, 42
Cores
  • Púrpura, negro, prata, branco                    
Nome
  • Colorado Rockies (1993–presente)
Alcumes
  • The Rox, The Blake Street Bombers
Estadio
  • Coors Field (1995–presente)
  • Mile High Stadium (1993–1994)
Títulos das Grandes Ligas
Series Mundiais (0)Ningunha
National League (1)2007
División Oeste (0)Ningún
Wild card (5)1995, 2007, 2009, 2017, 2018
Administración
Dono(s)Charles e Richard Monfort
AdestradorBud Black
Director xeralJeff Bridich
PresidenteJeff Bridich

Notas editar

  1. "MLB World Series Winners". ESPN (en inglés). 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar