Coors Field

Estadio de béisbol en Denver, Colorado, EEUU

Coordenadas: 39°45′22″N 104°59′39″O / 39.756111111111, -104.99416666667

O Coors Field é un parque de béisbol situado no centro de Denver, Colorado (Estados Unidos). É o estadio local dos Colorado Rockies das Ligas Maiores (MLB). O seu nome provén do patrocinio da empresa cervexeira de Golden, Colorado, Coors Brewing Company. Antes de trasladarse a este estadio, os Rockies xogaron as súas dúas primeiras temporadas (1993 e 1994) no Mile High Stadium, recinto dos Denver Broncos da National Football League (NFL). O Coors Field está situado a dúas mazás da Union Station no Lower Downtown da cidade. O estadio conta con capacidade para 46.897 espectadores, 50.144 contando as bancadas de pé.[1]

Coors Field
Datos
LocalizaciónDenver, Estados Unidos
Construción
Construción16 de outubro de 1992
Inauguración26 de abril de 1995
ArquitectoHOK Sport (hoxe Populous)
EnxeñeiroMartin/Martin, Inc.
M-E Engineers, Inc.
Custo$300 millóns (1995)
Estadio
SuperficieKentucky Blue Grass (herba natural)
DimensiónsLeft Field – 347 ft (106 m)
Left-Center – 390 ft (119 m)
Center Field – 415 ft (126 m)
Right-Center – 375 ft (114 m)
Right Field – 350 ft (107 m)
Backstop – 56 ft (17 m)
Capacidade46.897 (ampliábel até 50.144)
PropietarioDenver Metropolitan Major League Baseball Stadium District
OperaradoraColorado Rockies B. C. Ltd.
LocalíaColorado Rockies (1995–presente)

Notas editar

  1. "2018 Colorado Rockies Media Guide". Major League Baseball Advanced Media. 14 de marzo 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar