Os Chicago Cubs son un equipo profesional estadounidense de béisbol con sede na cidade de Chicago, Illinois. O club compite na Major League Baseball (MLB) como membro da Divisón Central da National League (NL). O equipo xoga os seus partidos como local en Wrigley Field, campo situado ao norte da cidade. Os Cubs son un dos dous equipos das Grandes Ligas da cidade, o outro, os Chicago White Sox compiten na Divisón Central da American League (AL). O equipo, primeiro coñecido co nome de White Stockings, foi un dos membros fundadores da National League en 1876, adoptando o seu actual nome en 1903.[1]

Chicago Cubs
Fundado en 1876
En Chicago desde 1876
LogoInsignia
Afiliacións de Grandes Ligas
Uniforme actual
Dorsais retirados10, 14, 23, 26, 31, 31, 42
Cores
  • Azul, vermello, branco               
Nome
  • Chicago Cubs (1903–presente)
  • Chicago White Stockings (1876–1889)
  • Chicago Colts (1890–1897)
  • Chicago Orphans (1898–1902)
Alcumes
  • The Cubbies, the North Siders, the North Side Nine, the Boys in Blue, the Lovable Losers
Estadio
  • Wrigley Field (1916–presente)
  • 23rd Street Grounds (1876–1877)
  • Lakefront Park (I) (1878–1882)
  • Lakefront Park (II) (1883–1884)
  • West Side Park (I) (1885–1891)
  • South Side Park (1891–1893)
  • West Side Park (II) (1893–1915)
Títulos das Grandes Ligas
Series Mundiais (3)1907, 1908, 2016
National League (17)1876, 1880, 1881, 1882, 1885, 1886, 1906, 1907, 1908, 1910, 1918, 1929, 1932, 1935, 1938, 1945, 2016
División C. (5)2003, 2007, 2008, 2016, 2017
División L. (2)1984, 1989
Wild card (3)1998, 2015, 2018
Administración
Dono(s)Thomas S. Ricketts, Laura Ricketts, Pete Ricketts, Todd Ricketts, Joe Ricketts
AdestradorDavid Ross
Director xeralJed Hoyer
PresidenteTheo Epstein

Os Cubs disputaron un total de once Series Mundiais na súa historia. A súa primeira aparición foi en 1906, cando o equipo conseguiu gañar 116 xogos (116–36). Este récord supón a mellor porcentaxe de vitorias (76,3 %) da rera moderna das grandes ligas. A pesar de todo, perderon nas Series Mundiais ante os Chicago White Sox ("The Hitless Wonders") por catro xogos a dous. Nas dúas seguintes temporadas, 1907 e 1908, o equipo consegue gañar dous campionatos consecutivos, sendo o primeiro equipo en conseuir disputar as Series Mundiais tres veces consecutivas. Porén, o equipo non consegue gañar o campionato de novo até 108 anos despois, cando conseguiron vencer nas Series Mundiais de 2016 aos Cleveland Indians. Esta serie de 108 anos sen gañar o campionato foi a máis longa de historia no deporte profesional estadounidense.

  1. Thorn, John (May 4, 2015). "Why Is the National Association Not a Major League … and Other Records Issues". OurGame.MLBlogs.com (Major League Baseball Advanced Media). Arquivado dende o orixinal o 22-10-2015. Consultado o 01-11-2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar