Wrigley Field é un parque de béisbol situado no North Side de Chicago, Illinois (Estados Unidos). É o estadio local dos Chicago Cubs, un dos dous equipos de béisbol da cidade que compiten na Major League Baseball (MLB). Foi inaugurado en 1914 co nome de Weeghman Park. Os Cubs xogaron o seu primeiro partido como local no parque o 20 de abril de 1916, nun encontro no que venceron aos Cincinnati Reds por 7–6 tras once entradas. Tras a compra do equipo en 1921 por parte do magnate da industria da goma de mascar William Wrigley Jr., da Wrigley Company, o estadio mudou de nome a Cubs Park (1920−1926) e finalmente ao actual Wrigley Field en 1927.

Wrigley Field
Datos
Coordenadas41°56′53″N 87°39′20″O / 41.948055555556, -87.655555555556Coordenadas: 41°56′53″N 87°39′20″O / 41.948055555556, -87.655555555556
LocalizaciónChicago, Estados Unidos
AlcumeThe Friendly Confines
Nomes antigosWeeghman Park (1914–1920)
Cubs Park (1920–1926)
Construción
Construción4 de marzo de 1911
Inauguración23 de abril de 1914
Renovación1937, 1988, 2014–2019
ArquitectoZachary Taylor Davis
Custo$250.000 (1911)
Estadio
Superficiecéspede
DimensiónsLeft Field – 355 ft (108,2 m)
Left-Center – 368 ft (112,2 m)
Center Field – 400 ft (121,9 m)
Right-Center – 368 ft (112,2 m)
Right Field – 353 ft (107,6 m)
Backstop – 60 ft 6 in (18,4 m)
Dimensións en pés
Dimensións en pés
Capacidade41.649 espectadores
Asist. máxima47.101 (18 de maio de 1947)
Dodgers 4−2 Cubs (MLB)
PropietarioThomas S. Ricketts
OperadoraChicago Cubs
LocalíaChicago Cubs (1916–presente) Chicago Bears (1921–1970)
Webhttps://www.mlb.com/cubs/ballpark
editar datos en Wikidata ]

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar