Os San Diego Padres son un equipo profesional de béisbol estadounidense con sede na cidade de San Diego, California. Actualmente compiten na División Oeste da Liga Nacional da Major League Baseball (MLB). Fundados en 1969, os Padres posúen dous títulos da Liga Nacional (1984 e 1998), aínda que en ambos os anos non conseguiron vencer nas Series Mundiais. A franquía é unha das dúas das Grandes Ligas que teñen a súa orixe no estado californiano, sendo a outra Los Angeles Angels, xa que tanto os Oakland Athletics (en Filadelfia, pasando entremedias por Kansas City), como os Dodgers e o San Francisco Giants (nos barrios de Brooklyn e Manhattan de Nova York) naceron na costa leste norteamericana. O nome de "Padres" deriva das misións relixiosas realizadas polos padres españois durante o tempo colonial no Novo Mundo e que fundaron a cidade en 1769.

San Diego Padres
Fundado en 1969
En San Diego desde 1969
LogoInsignia
Afiliacións de Grandes Ligas
Uniforme actual
Dorsais retirados6, 19, 31, 35, 51, 42
Cores
  • Marrón, ouro, branco               
Nome
  • San Diego Padres (1969–presente)
Alcumes
  • The Friars, Slam Diego
Estadio
  • Petco Park (2004–presente)
  • Qualcomm Stadium (1969–2003)
Títulos das Grandes Ligas
Series Mundiais (0)Ningunha
NL (2)1984, 1998
División O. (5)1984, 1996, 1998, 2005, 2006
Wild card (1)2020
Administración
Dono(s)Peter Seidler
AdestradorJayce Tingler
Director xeralA. J. Preller
PresidenteA. J. Preller

Após o traslado dos San Diego Chargers da National Football League (NFL) de fútbol americano aos Ánxeles en 2017, os Padres son a única franquía profesional das catro grandes competicións deportivas do país con sede na cidade. De feito, son un dos dous únicos equipo da MLB que non comparten a súa cidade con ningunha outra gran franquía profesional, sendo o outro os Athletics de Oakland, despois de que os Raiders da NFL se mudasen ás Vegas en 2020. Con todo, os Athletics comparten mercado con outras franquías dentro da área da baía de San Francisco, incluíndo aqueles con sede na propia cidade de San Francisco e en San José. Durante a temporada 2020, nunha serie entre os días 17 e 20 de agosto ante os Texas Rangers, os Padres convertéronse na primeira franquía da historia das Grandes Ligas en conseguir un grand slam en catro xogos consecutivos. Tamén foron a única franquía de toda a MLB en non teren conseguido nunca un no-hitter,[1] unha situación que finalizou o 9 de abril de 2021 co lanzador nativo de San Diego Joe Musgrove.[2]

Historia

editar

Comezos

editar

Os Padres adoptaron o seu nome a partir dun equipo de béisbol da Pacific Coast League que xogaba na cidade en 1936. A orixe deste nome deriva das misións relixiosas realizadas polos freires franciscanos españois que fundaron a cidade en 1769. Os antigos Padres chegaron a gañar o campionato da Pacific Coast League en 1937 liderados por Ted Williams, entón con 18 anos. En 1969, os Padres uníronse ás filas da Major League Baseball como un dos novos catro equipos de expansión xunto cos Montreal Expos (agora Washington Nationals), os Kansas City Royals e os Seattle Pilots (agora Milwaukee Brewers). O primeiro dono da franquía foi C. Arnholt Smith, un prominente home de negocios de San Diego e ex-propietario dos antigos Padres da Pacific Coast League.[3] Na súa primeira temporada, a pesar da emoción polo debut e un novo estadio, os Padres terminaron no último lugar en cada unha da súas primeiras seis tempadas na División Oeste da Liga Nacional, perdendo 100 ou máis xogos en catro da temporadas.[4] Un dos poucos aspectos a destacar destes primeiros anos foi o primeira base Nate Colbert.[5] De feito, Colbert é un dos dous únicos xogadores das grandes ligas, xunto con Stan Musial, en conseguir batear cinco home runs nun enfrontamento dobre. Neses dous encontros consecutivos, conseguiu impulsar 13 carreiras. récord da MLB.

Após o mal comezo da franquía, en 1974 os Padres estiveron a piques de seren vendidos a Joseph Danzansky, presidente da xunta do National Bank of Washingtonwho, o cal quería trasladar o equipo á capital do país para o comezo da seguinte temporada.[6] De feito, os uniformes do novo equipo, que ía chamarse Washington Stars, xa estaban deseñados.[7] Debido á incerta situación da franquía, a compañía de cromos Topps imprimiu dous conxuntos para esa temporada para o equipo, un coa "San Diego" e "Padres" e outro con "Washington" e "Nat'l Lea" (National League).[8] Porén, a venda da franquía chegou aos tribunais, o que levou a Smith a rexeitar o acordo con Danzansky e vender o equipo a Ray Kroc, cofundador de McDonald's, por 12 millóns de dólares, ficando así salvado o béisbol de Grandes Ligas en San Diego.[9][10]

No seu primeiro xogo en casa como novo propietario dos Padres en 1974, Ray Kroc tomou o micrófono do sistema de megafonía e desculpouse cos seareiros polo mala actuación do equipo dicindo: "Nunca vira un xogo de pelota tan estúpido na miña vida".[11] Ao mesmo tempo, un exhibicionista botou a correr polo campo eludindo ao persoal de seguridade. Nese intre Kroc gritou: "Levádeo ao cárcere!". A seguinte temporada, 1975, sería a primeira tempada na que os Padres non terminarían no soto da Liga Nacional Oeste, terminando cuarto, traendo a promesa dun dono que faría os cambios necesarios na organización. Nesa temporada, os Padres traspasaron a Colbert aos Detroit Tigers. Porén, unha nova estrela despuntou no equipo, o outfielder Dave Winfield, o cal fora seleccionado no draft de 1973. Cómpre destacar que Winfield tamén fora drafteado polos Minnesota Vikings da National Football League (NFL), os Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA) e os Utah Stars da American Basketball Association (ABA).

Entre 1973 e 1980, ano que asinou cos New York Yankees, Winfield tomou o liderado do equipo, conseguindo en sete temporadas facer 1.134 hits, 154 home runs e impulsar 626 carreiras. Ademais, xunto con outros xogadores como o pitcher Randy Jones, gañador do premio Cy Young, o conseguiron sacar ao equipo do último posto da división. Con todo, nin coa chegada dos futuros membros do Hall of Fame Rollie Fingers en 1977 e Ozzie Smith en 1978, o equipo conseguiu finalizar na metade superior da táboa de clasificación. En 1979 o equipo finaliza cun pobre rexistro de 68 vitorias por 93 derrotas.

Primeiras Series Mundiais en 1984

editar

Após tocar fondo en 1981, co equipo conseguindo tan só 41 vitorias, o equipo non deixaría de mellorar, acadando o seu primeiro gran fito na temporada de 1984. A temporada, porén, comezara cunha gran conmoción, a morte de Ray Croc por mor dunha enfermidade cardíaca o 14 de xaneiro. A propiedade do equipo pasou á súa terceira esposa, Joan Kroc. O equipo usaría as iniciais de Ray, "RAK" na manga esquerda da súa camisola durante este e as dúas seguintes temporadas. Afortunadamente, aveciñábanse tempos máis felices para o equipo. Os Padres finalizaron a fase regular cun balance de 92-70 e gañaron o campionato da Liga Nacional Oeste. Dirixidos por Dick Williams, o equipo contaba con xogadores de ataque como Steve Garvey, Garry Templeton, Graig Nettles, Alan Wiggins, así como o futuro membro do Hall of Fame Tony Gwynn, quen ese ano conseguiu o seu primeiro dos oito títulos de bateo da Liga Nacional. Gwynn, quen tamén gañaría cinco Luvas de Ouro da Liga Nacional durante a súa carreira, uniuse aos Padres en 1982 despois de ser titular tanto en béisbol como en baloncesto na Universidade de San Diego. De feito, foi seleccionado no draft da NBA polos San Diego Clippers. Por outra banda, o corpo de lanzadores do equipo nesa temporada incluía a Eric Show (15–9), Ed Whitson (14–8), Mark Thurmond (14–8), Tim Lollar (11–13) e Rich "Goose" Gossage como o cerrador (10–6, con 2,90 de ERA e 25 saves).[12]

Xogadores

editar

Dorsais retirados

editar
  1. Kelly, Matt (16 de maio de 2019). "Padres' no-hitter drought makes history". MLB.com (en inglés) (MLB Advanced Media). Arquivado dende o orixinal o 2 de xaneiro de 2021. Consultado o 4 de febreiro de 2021. 
  2. delos Santos, Justice (9 de abril de 2021). "Musgrove makes history, spins SD's 1st no-no" (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2021. 
  3. Noble, Holcomb B. (11 de xuño de 1996). "C. Arnholt Smith, 97, Banker And Padres Chief Before a Fall". The New York Times (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2021. 
  4. "San Diego Padres Tema History & Encyclopedia". Baseball Reference (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2021. 
  5. "Nate Colbert Stats". Baseball Reference (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2021. 
  6. Tom (7 de maio de 2012). "San Diego Padres Move to Washington for 1974 Season". Ghosts of DC (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2021. 
  7. Kerzel, Pete (13 de novembro de 2014). "The rarest of rare Washington baseball uniforms". MASN. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2015. 
  8. Markusen, Bruce (February 5, 2014). "Card Corner Plus: Cito and the '74 Nationals". The Hardball Times. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2015. 
  9. Chandler, Bob (2006). Bob Chandler's Tales from the San Diego Padres. Champaign, Illinois: Sports Pub. p. 73. ISBN 9781596700246. 
  10. Lockwood, Wayne (October 2, 1984). "Ray Kroc's dream finally materializes". The San Diego Union. p. Baseball-12. 
  11. "O'Malleys pledge to carry on legacy". ESPN.com (en inglés). Associated Press. 30 de agosto de 2012. 
  12. "San Diego Padres 1984". Baseball-Reference.com (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2021. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar