Estadio Ganzábal
Coordenadas: 43°18′07″N 5°41′23″O / 43.30197222, -5.68984167
O Estadio Ganzábal é un estadio municipal de fútbol do concello de Langreo, en Asturias, onde xoga a Unión Popular de Langreo e situado na localidade de La Felguera. Inaugurado tras meses de reformas no verán de 2006, ten capacidade para 4.000 espectadores sentados e é propiedade do Concello de Langreo. O terreo de xogo é de herba artificial. As bancadas ten un deseño singular con viseira e trincheiras de aceiro, cuns "castilletes mineiros" sostendo a iluminación da tribuna principal.
Estadio Ganzábal | |
---|---|
![]() | |
Datos | |
Localización | La Felguera, Langreo, Asturias ![]() |
Construción | |
Inauguración | Década de 1920 2006 (logo dunha remodelación) |
Estadio | |
Superficie | Céspede sintético |
Capacidade | 4.024 |
Propietario | Concello de Langreo |
Localía | Unión Popular de Langreo |
HistoriaEditar
A historia do Ganzábal remóntase a principios dos anos 20 do pasado século cando o estadio, por aquel entón baixo o nome de La Barraca, comezou a albergar os partidos do Círculo Popular de La Felguera, conxunto que se fusionou en 1961 co Racing Club de Sama para dar vida ao actual Unión Popular de Langreo. A denominación de estadio Ganzábal fíxose en honra dun dos presidentes máis importantes que tivo o Círculo Popular na súa historia e que foi fundamental para culminar as obras de La Barraca. Tratábase do enxeñeiro Francisco Fernández Ganzábal, quen despois colaborou co equipo e axudou a construír o campo.