Sociedad Deportiva Ponferradina
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A Sociedad Deportiva Ponferradina é un club de fútbol español da cidade de Ponferrada que se fundou o 7 de xuño de 1922 e que compite na segunda división do fútbol español.
Ponferradina | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Sociedad Deportiva Ponferradina | |||
Alcume(s) | Deportiva; Ponfe | |||
Fundación | 1922 | |||
Estadio | El Toralín, Ponferrada, España | |||
Inauguración | 2000 | |||
Capacidade | 8.300 | |||
Presidente | José Fernández Nieto | |||
Adestrador | Juanfran | |||
Liga | Segunda División | |||
2018–19 | 2.º (2ª B – Grupo 1) | |||
Na rede | ||||
http://www.sdponferradina.com/ | ||||
| ||||
Uniforme
editarA marca do uniforme para a presente tempada[cando?] é Nike. Os seus patrocinadores son bio3, Pongesur e Caja España.
- Uniforme titular: Camiseta a raias verticais brancas e azuis, pantalón azul, medias azuis.
- Uniforme alternativo: Camiseta dourada con mangas negras, pantalón negro e medias negras.
- Terceiro uniforme: Camiseta amarela fosforescente con liñas negras, pantalón negro e medias negras.
Estadio
editar- Artigo principal: Estadio El Toralín.
O Estadio Municipal El Toralín foi inaugurado oficialmente o 5 de setembro de 2000 nun partido amigable que enfrontou ó Ponferradina contra o Celta de Vigo (0-2), aínda que o primeiro partido oficial de liga de Segunda División B disputado no estadio foi contra o AD Universidad de Oviedo con resultado 1-0 e gol marcado por Jesús Panadero, (3ª xornada - tempada 2000-2001).
O aforamento do estadio é de 8200 espectadores (ampliado en 2006 por motivo do ascenso de categoría), todos eles sentados e cumprindo as normativas que a UEFA impón para os espectáculos deportivos internacionais. O primeiro encontro desta categoría que se disputou no estadio, foi o 1 de xuño de 2001 para o XIII Campionato de Europa Sub-21 co partido entre España e Bosnia (5-1).
As dimensións do terreo de xogo son de 105 x 70 metros, medida que a UEFA adoptou para as súas competicións oficiais. Ten unha drenaxe correcta, e rega por aspersión.
Datos do club
editarXogadores
editar- Categoría principal: Xogadores da SD Ponferradina.
Cadro actual
editar- Actualizado a 21 de agosto de 2013.
|
|
Palmarés
editarTorneos nacionais
editar- Segunda División B de España (3): 2004–05, 2007–08, 2009–10
- Terceira División de España (3): 1957–58, 1965–66, 1986–87
- Subcampión de Segunda División B (1): 2011–12
- Subcampión de Terceira División (6)