Yuri de Souza
Yuri de Souza Fonseca, nado en Maceió (Alagoas) o 8 de agosto de 1982, é un futbolista brasileiro que xoga na demarcación de dianteiro centro. Milita na SD Ponferradina, club do que é o máximo goleador histórico e o terceiro xogador con máis partidos disputados, só por detrás de Eduardo e Tyrone.[1]
Yuri | |||
---|---|---|---|
![]() Yuri coa Ponferradina en 2014 | |||
Información persoal | |||
Nome | Yuri de Souza Fonseca | ||
Nacemento | 8 de agosto de 1982 (40 anos) | ||
Lugar de nacemento | Maceió | ||
Altura | 1,86 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Ponferradina | ||
Número | 10 | ||
Carreira xuvenil | |||
1995–2000 | Maia | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2000–2002 | Maia | 57 | (26) |
2002–2005 | Boavista | 14 | (3) |
2003–2004 | → Gil Vicente (cedido) | 15 | (4) |
2004–2005 | → Estoril (cedido) | 19 | (3) |
2005–2009 | Pontevedra | 98 | (55) |
2007–2008 | Las Palmas | 12 | (0) |
2009– | Ponferradina | 387 | (166) |
2016 | → Qingdao | 30 | (10) |
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 12 de decembro de 2021. [ editar datos en Wikidata ] | |||
É irmán do tamén futbolista Igor de Souza e curmán do ex xogador do Celta de Vigo Charles Dias, cos que coincidiu no mesmo equipo na súa época no Pontevedra CF.
TraxectoriaEditar
Comezou a xogar ao fútbol en Portugal, onde viviu dende os cinco anos de idade. Formouse nas categorías inferiores do FC Maia, debutando co primeiro equipo no ano 2000. Xa comezada a tempada 2002/03 foi traspasado ao Boavista FC, co que remataría o curso, e nos dous seguintes anos foi cedido ao Gil Vicente FC e ao Estoril Praia.
Faltándolle un ano de contrato co equipo portugués, decidiu rescindilo e buscar equipo na liga española. Así no verán de 2005 fichou polo Pontevedra CF, no que militou ata 2009 na Segunda División B Española salvo un ano que estivo cedido no UD Las Palmas na categoría de prata. No club galego coincidiu co seu irmán Igor e o seu curmán Charles, formando un histórico tridente ofensivo que marcou 89 goles en dous anos.[2]
De cara á tempada 2009–10 fichou pola SD Ponferradina, en Segunda División B. Durante os seguintes anos converteuse nun dos futbolistas máis importantes da historia do club berciano, disputando máis de 400 partidos e superando a Marcos Tyrone como o máximo goleador histórico do equipo.[3]
NotasEditar
- ↑ Otero, Francisco (3 de xuño de 2021). "Yuri cierra el curso tercero en la lista de partidos jugados" (en castelán). Consultado o 5 de decembro de 2021.
- ↑ Sabatés, Roger (28 de maio de 2021). "Un brasileño de récord en Ponferrada". El País (en castelán). Consultado o 5 de decembro de 2021.
- ↑ "Yuri ya es el máximo goleador histórico de la Ponferradina" (en castelán). Consultado o 5 de decembro de 2021.