Alagoas

Estado brasileiro

Alagoas é un estado brasileiro situado na Rexión Nordeste. Ten como límites: Pernambuco (N e NO); Sergipe (S); Baía (SO); e o Océano Atlántico (E). Ocupa unha área de 27.767 km² (equivalente en tamaño a Albania) e tiña uns 2 827 856 habitantes segundo o Censo 2000 (poboación equivalente á de Galiza). A súa capital é Maceió. O estado é dividido en 102 municipios. As cidades máis populosas son: Maceió, Arapiraca e Palmeira dos Índios.

Alagoas
Bandeira de Alagoas
Escudo de Alagoas
BandeiraEscudo
Alagoas in Brazil.svg
Lema: Paz e prosperidade
Himno: Hino do estado de Alagoas
EstadoFlag of Brazil.svg Brasil
CapitalMaceió
 • Poboación932.608 (2010)
Lingua oficialPortugués
Forma de gobernoEstado
Gobernador
Teotonio Vilela Filho (PSDB)
Fundación1889
SuperficiePosto 25º
 • Total27.767 km²
 • % augan/d
Fronteirasn/d km
Costas229 km
PoboaciónPosto 17º
 • Total3 165 472 (2012) hab.
 • Densidade110 hab./km²
XentilicioAlagoano, alagoana
Fuso horarioBRT (UTC-3)
 • Horario de veránBRST (UTC-2)
Dominio de Internet.br
Código ISOBR-AL
Estados do Brasil

HistoriaEditar

A costa do actual Estado de Alagoas, coñecida desde as primeiras expedicións portuguesas, desde pronto foi visitada tamén por embarcacións doutras nacionalidades para o contrabando de pau-brasil (Caesalpinia echinata). Cando da institución do sistema de Capitanías Hereditarias (terras doadas a particulares pola coroa portuguesa) o 1534, a rexión de Alagoas integraba a Capitanía de Pernambuco. A súa ocupación remonta á fundación da freguesía de Penedo (1545), ás marxes do río São Francisco por Duarte Coelho. Este incentivou a fundación de facendas e muíños para cana na rexión.

Ao comezo do século XVII, ademais da agricultura de cana de azucre, a rexión era importante produtora rexional de fariña de mandioca, tabaco e peixe seco, e tamén de centro gandería para a produción de carne e coiro, consumidos na Capitanía de Pernambuco. Durante a invasión holandesa (1630-1654), a o seu litoral foi escenario de violentos combates, mentres que nos outeiros de seu interior multiplicáronse os quilombos (poboados de escravos que fuxían das plantacións de cana), cos africanos que fuxían de facendas en Pernambuco e Baía. O Quilombo dos Palmares foi o máis famoso destes, e chegou a contar con vinte mil habitantes no seu apoxeo.

Alagoas foi parte da Capitanía de Pernambuco ata o 1817, ano en que foi desmembrada. Coa independencia do Brasil en 1822, fíxose provincia do Imperio. Coa proclamación da república en 1889, fíxose estado.

XeografíaEditar

O relevo é modesto, en xeral abaixo dos 300 metros. Planicie costeira a este, planalto a norte e depresión no centro. O punto máis elevado está na Serra Santa Cruz (844 metros).

Os ríos principais son o São Francisco, o Mundaú e Paraíba do Meio.

Vexetación: a foresta tropical orixinal na costa case desapareceu, e hoxe soamente existen pequenos bosques. Hai tamén mangleiral costeiro e plantacións de coco ó longo de todo o litoral. A vexetación da caatinga domina o interior semiárido.

Predomina o clima tropical húmido no litoral, con sol no verán e temporais no inverno. No oeste do estado o clima é semiárido.

EconomíaEditar

 
Praia de Ponta Verde, en Maceió.
Agricultura

Entre os principais produtos agrícolas cultivados no Estado atópanse o ananás, o coco, a cana de azucre, o feixón, o tabaco, a mandioca, o arroz e o millo.

Gandería

Destácanse as creacións de cabalos, bovinos, búfalos, cabras, ovellas e porcos.

Extracción mineral

Existen no Estado reservas minerais de sal, gas natural, ademais do petróleo.

Industria

A actividade industrial ten como sub-sectores predominantes o químico, a produción de azucre e alcohol, cemento e o procesamento de alimentos.

TurismoEditar

Nos últimos anos, o turismo creceu nas praias do litoral coa chegada de brasileiros e tamén de estranxeiros. Houbo mellorías no aeroporto de Maceió e ampliación da rede de hoteleira. No litoral norte, especialmente nas cidades de Maragogi e Japaratinga, foron construídos recentemente grandes resorts. Destacase tamén a cidade histórica de Marechal Deodoro, por súas construcións.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar