Pernambuco
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2023.) |
Pernambuco[1] é un estado brasileiro localizado no centro-leste da rexión Nordeste. Ten como límites os Estados de Paraíba e Ceará ao noroeste, o océano Atlántico ao leste, Alagoas e Baía ao sur e Piauí ao oeste. Ocupa unha área de 98 281 km2 (un pouco máis grande que Hungría).
Himno | Hino de Pernambuco (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Capital | Recife | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.473.266 (2017) (95,75 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Língua yatê (pt) Língua aticum (pt) Língua xucurú (pt) Língua pankararú (pt) Língua kambiwá (pt) Kapinawá (en) Língua tuxá (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 98.937,8 km² | ||||
Altitude | 504 m | ||||
Punto máis alto | Pico do Papagaio (Pernambuco) (pt) (1.260 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1889 | ||||
Sucedido por | Território Federal de Fernando de Noronha (pt) | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | secretariado do governo de Pernambuco (pt) | ||||
• Governador (pt) | Paulo Câmara (pt) (2015–) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Legislativa de Pernambuco (pt) , (Escano: 49) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 50000-000 to 56990-000 | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | BR-PE | ||||
Sitio web | pe.gov.br | ||||
A súa capital e cidade máis poboada é Recife. Outras importantes cidades pernambucanas son Jaboatão dos Guararapes, Olinda, Caruaru, Paulista, Petrolina, Cabo Vitória de Santo Antão e Santa Cruz do Capibaribe. A illa de Fernando de Noronha forma parte administrativa do estado de Pernambuco.
Historia
editarEn 1534 a capitanía de Pernambuco foi doada a Duarte Coelho, quen fundou Recife e Olinda, e iniciou a cultura da cana de azucre, que tivo importante papel na historia económica do país.
Entre 1630 e 1654, quedou baixo dominio neerlandés, pasando por importantes transformacións culturais, económicas e sociais no goberno do conde Maurício de Nassau. Ó final, os holandeses foron expulsados. O sentimento nativista e autonomista, derivado da expulsión dos holandeses, acabou provocando a Guerra dos Mascates, entre as cidades de Olinda e Recife, nos anos 1710 e 1711.
A partir dese momento e coa decadencia da produción azucreira, a rexión entrou en declive. No século XIX, Pernambuco foi escenario dunha serie de revoltas separatistas, verificadas en 1811 (Conspiración dos Suasunas), 1817 (Revolución Pernambucana), 1825 (Confederación do Ecuador) e 1848 (Revolución Praieira). Despois da independencia do Brasil en 1822 tornouse provincia do Imperio. Coa república en 1889, tornouse estado.
Xeografía
editarRelevo e hidrografía
editarO relevo do estado é moderado: 76% do territorio están abaixo dos 600m. Os ríos principais son o São Francisco, Capibaribe, Ipojuca, Una, Pajeú e o Jaboatão.
Clima
editarO clima é basicamente tropical, presentando tamén variantes nalgunhas áreas: as cidades de Triunfo e Gravatá, por exemplo, presentan un clima máis ameno influenciado pola altitude. A pluviosidade tamén é variada. Na Zona da Mata (rexión plana xunta a costa, ao leste do estado) e no Agreste (zona de transición situada no interior), o clima é predominantemente tropical - quente e húmido, con fortes choivas de inverno. Na maior parte do sertão (centro e oeste do estado), o clima é semiárido - quente e bastante seco, debido ás poucas choivas. Nalgunhas rexións, as precipitacións anuais son inferiores a 300 mm. As secas máis intensas poden durar máis dun ano.
As excepcións na zona do sertão son algunhas cidades con clima de altitude, con temperaturas que poden caer a 8 °C durante o inverno, como Triunfo, e nas beiras do río São Francisco, área máis húmida que as veciñas por conta do río.
División administrativa
editarMunicipios
editarEconomía
editarAgropecuaria | 7,7% |
Industria | 33,3% |
Comercio e Servizos | 59% |
A economía baséase na agricultura (cana de azucre, mandioca), gandería, na industria (alimenticia, química, metalúrxica, electrónica, téxtil) e turismo. O pau brasil, que despertou a cobiza dos europeos posibelmente ata antes da descuberta do Brasil, hoxe non ten máis importancia económica. Nos últimos anos, o turismo tamén se destaca economicamente.
Agricultura
editarDende o inicio da colonización portuguesa, o estado foi basicamente agrícola, destacando na produción nacional de cana de azucre debido ó clima e ao chan fértil. Nas últimas décadas, con todo, esa case monocultura feita para a produción de azucre e alcohol, vén terminando. Están a ser exploradas tamén a extracción doutros produtos vexetais, ademais da floricultura. Tamén ten grande importancia internacional a produción irrigada de froitas - case que totalmente dirixida á exportación - ao longo do río São Francisco e concentrada na cidade de Petrolina, en parte debido ó seu aeroporto internacional, con gran capacidade para avións de carga. O municipio de Gravatá é o segundo máis grande produtor de flores do país, detrás soamente de San Paulo.
Industria
editarIndustrias modernas concéntranse próximo ó porto de Suape, instalado en 1979. As principais industrias son de alimentos, química, de materiais eléctricos, comunicacións, metalurxia e minerios non-metálicos.
Turismo
editarNos últimos anos, unha das grandes fontes de renda do estado é o turismo, grazas ós atractivos naturais, históricos e culturais do estado. Este crecemento atraeu grandes redes internacionais de hoteis e levou á modernización e ampliación do aeroporto de Recife.
Os atractivos poden ser agrupados en:
- cidades de praia: Recife, Olinda, Jaboatão dos Guararapes, Itamaracá, Ipojuca (onde queda o famoso distrito de Porto de Galinhas), Serrambi
- ecoturismo e praias: na illa de Fernando de Noronha.
- monumentos históricos: o Recife Antigo, o centro histórico de Olinda, o Forte Orange (fortaleza construída polos holandeses na illa de Itamaracá) e outros.
- as festas tradicionais: o Carnaval de Olinda e Recife cos seus bloques de frevo, e as Festas Juninas (celebración dos santos populares católicos no mes de xuño) na cidade de Caruaru son os principais.
Notas
editar- ↑ "Pernambuco". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1616.
- ↑ Municipios de Pernambuco - IBGE
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pernambuco |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial Arquivado 17 de xuño de 2021 en Wayback Machine.