Charles Dias
Charles Dias de Oliveira, nado en Belém, Pará, o 4 de abril de 1984, é un exfutbolista brasileiro, que xogaba de dianteiro. Desenvolveu case toda a súa carreira deportiva no fútbol español e é o máximo goleador histórico do Pontevedra CF, no que militou durante nove tempadas.
(2023) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 4 de abril de 1984 (40 anos) Belém do Pará, Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 179 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 75 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2002 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 9 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Comezou a súa carreira futbolística en 2002 no Feirense portugués, co que conseguiu ascender á Segunda Liga. En 2004 fichou polo Pontevedra, da Segunda División, onde militou durante seis campañas, antes de pasar polo Córdoba e o Almería, logrando neste último o Trofeo Pichichi da Segunda División, despois de ter marcado 27 goles na tempada 2012/13. Entre 2013 e 2020 xogou na Primeira División, no Celta de Vigo, Málaga e Eibar, anotando 57 goles na categoría. A continuación, e despois de rexeitar ofertas de clubs de categorías superiores, regresou ao Pontevedra, na Segunda División B, onde superou a Pablo Couto como o máximo goleador da historia do club, elevando a marca ata os 97 goles. Retirouse en 2023, aos 39 anos de idade e despois de ter marcado un total de 195 goles nos seus 21 anos como futbolista.
Curmán de Yuri, máximo goleador histórico da Ponferradina, e do tamén futbolista Igor de Souza, coincidiu con eles na súa primeira etapa no Pontevedra, formando un prolífico tridente ofensivo que marcou máis dun cento de goles en dúas tempadas.
Traxectoria
editarInicios (1984-2004)
editarComezou a súa carreira deportiva nas categorías inferiores do Santos e do Tuna Luso Brasileira.[1] En 2001 fichou polo Clube Desportivo Feirense de Portugal, onde xogou tres anos, acadando o Campeonato Nacional da 2ª Divisão e o ascenso á Segunda Liga.[2] Na tempada 2003/04 xogou 30 partidos e marcou 3 goles na segunda categoría do fútbol portugués.[3]
1ª etapa no Pontevedra FC (2004-2010)
editarNo verán de 2004 fichou polo Pontevedra CF, que acababa de ascender á Segunda División. Debutou o 28 de agosto fronte ao Polideportivo Ejido, substituíndo no minuto 75 a Manuel Canabal, e catro minutos despois foi expulsado.[4] Disputou 33 partidos nesa tempada, metendo 6 goles. Nas dúas seguintes tempadas, xa en Segunda B, converteuse nun dos piares do equipo xunto cos seus curmáns Yuri e Igor de Souza, formando un histórico tridente ofensivo que marcou 105 goles en dous anos,[5] acadando o campionato de Liga e a Copa Federación, na que Charles foi o máximo anotador, con 8 goles. Xogou un total de seis tempadas no club granate, sumando 210 partidos oficiais e 67 goles.
Córdoba CF (2010-2012)
editarEn xullo de 2010 fichou polo Córdoba Club de Fútbol, metendo na tempada 2010/11 15 goles na Liga Adelante. Na súa segunda tempada en Córdoba marcou sete goles e xogou a promoción de ascenso a Primeira división, onde o equipo foi derrotado polo Real Valladolid.[6]
UD Almería (2012-2013)
editarNo verán de 2012 fichou pola UD Almería, coa que acadou o ascenso a primeira división esa mesma tempada, converténdose no máximo goleador da Liga Adelante con 27 goles na fase regular, ademais doutros cinco na fase de ascenso.[7][8][9] Foi recoñecido ese ano co Premio LFP ao mellor dianteiro da categoría.[10]
Celta de Vigo (2013-2015)
editarEn xuño de 2013 foi traspasado ao Celta de Vigo por un millón de euros.[11][12] No seu debut en Primeira División marcou un dos goles do seu equipo no empate a dous goles ante o Español.[13] O 16 de setembro converteuse no autor do primeiro gol na historia do novo estadio de San Mamés, aínda que finalmente o Celta perdeu ese partido fronte ao Athletic por 3-2.[14][15] Rematou a tempada anotando dous goles no Santiago Bernabéu, na vitoria por 0-2 do Celta sobre o Real Madrid, sumando un total de 12 goles.[16] Na súa segunda tempada no equipo vigués tivo menos minutos debido a que o adestrador Eduardo Berizzo apostou por Joaquín Larrivey como dianteiro titular. Marcou catro goles esa tempada, destacando o que conseguiu no estadio de Riazor no derbi fronte ao Deportivo da Coruña (0-2).[17][18]
Málaga CF (2015-2017)
editarEn xuño de 2015 foi traspasado ao Málaga CF nunha operación pechada por unha cifra en torno aos 500.000 euros máis variábeis en función de obxectivos. Alí reencontrouse co seu adestrador no Pontevedra e no Almería: Javi Gracia.[19] O 3 de outubro asinou un hat-trick ante a Real Sociedad, logrando así os seus primeiros tantos co equipo malacitano.[20] Acabou a campaña como máximo goleador do club, con doce tantos.[21] Na súa segunda temporada sufriu varias lesións que o mantiveron de baixa varios meses, marcando só 3 goles durante toda a campaña.[22][23]
SD Eibar (2017-2020)
editarO 4 de xullo de 2017 pechouse a súa incorporación á Sociedad Deportiva Eibar.[24] O 20 de agosto, no seu debut no equipo armeiro, deulle a vitoria ao equipo na Rosaleda ante o Málaga.[25] Finalizou a campaña como máximo goleador do equipo, igualado con Kike García, con oito goles.[26] O 31 de agosto de 2018 deulle o triunfo ao club eibarrés, cun remate de cabeza, no derbi guipuscoano ante a Real Sociedad.[27] En decembro iniciou unha espectacular racha goleadora ao conseguir nove tantos (incluíndo tres partidos con dous goles) en oito xornadas, que o situaron como un dos máximos goleadores da liga.[28][29] Rematou a tempada con 14 goles en liga e un na Copa do Rei, mentres que na tempada 2019/20 anotou seis en liga e tres en Copa. Nas súas tres tempadas en Éibar xogou un total de 100 partidos oficiais e marcou 32 goles.
2ª etapa no Pontevedra CF (2020-actualidade)
editarA finais de xullo de 2020, tras non renovar contrato co Éibar, regresou ao Pontevedra, en Segunda B, rexeitando ofertas de categorías superiores e doutros países, para xogar no equipo no que debutara como profesional 16 anos antes.[30][31][32] Na súa segunda etapa no Pontevedra aumentou a súa cifra de goles ata os 91 tantos, superando a Pablo Couto como o máximo goleador histórico do club.[33] Na tempada 2021/22 contribuíu con 19 goles, a cifra máis alta dos cinco grupos da Segunda División RFEF, categoría da que se proclamou campión, logrando así o ascenso á Primeira División RFEF.
Palmarés
editarFeirense
- Segunda Divisão (1): 2002/03.
Pontevedra
- Segunda División RFEF (2): 2006/07, 2021/22.
- Copa Federación (1): 2006/07.
Individual
Estatísticas
editarDatos actualizados ata o 15 de outubro de 2022.
Club | Tempada | Liga | Copa | Outros[N 1] | Total | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
División | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | ||
Feirense | 2001–02 | Segunda Divisão | 8 | 3 | – | – | – | – | 8 | 3 |
2002–03 | 12 | 5 | – | – | – | – | 12 | 5 | ||
2003–04 | Segunda Liga | 30 | 3 | 2 | 1 | – | – | 32 | 4 | |
Total club | 50 | 12 | 2 | 1 | 0 | 0 | 52 | 13 | ||
Pontevedra | 2004–05 | Segunda División | 33 | 6 | 2 | 1 | – | – | 35 | 7 |
2005–06 | Segunda División B | 36 | 13 | 1 | 0 | 2 | 0 | 39 | 13 | |
2006–07 | 33 | 9 | 1 | 0 | 16 | 9 | 50 | 18 | ||
2007–08 | 16 | 4 | 2 | 0 | 3 | 1 | 21 | 5 | ||
2008–09 | 26 | 9 | 0 | 0 | 1 | 0 | 27 | 9 | ||
2009–10 | 35 | 15 | 0 | 0 | 3 | 0 | 38 | 15 | ||
Total | 179 | 56 | 6 | 1 | 25 | 10 | 210 | 67 | ||
Córdoba | 2010–11 | Segunda División | 36 | 15 | 3 | 0 | – | – | 39 | 15 |
2011–12 | 30 | 7 | 3 | 1 | 2 | 0 | 35 | 8 | ||
Total club | 66 | 22 | 6 | 1 | 2 | 0 | 74 | 23 | ||
Almería | 2012–13 | Segunda División | 40 | 27 | 3 | 0 | 4 | 5 | 47 | 32 |
Celta de Vigo | 2013–14 | Primeira División | 30 | 12 | 1 | 0 | – | – | 31 | 12 |
2014–15 | 28 | 3 | 3 | 1 | – | – | 31 | 4 | ||
Total club | 58 | 15 | 4 | 1 | 0 | 0 | 62 | 16 | ||
Málaga | 2015–16 | Primeira División | 35 | 11 | 0 | 0 | – | – | 35 | 11 |
2016–17 | 21 | 3 | 0 | 0 | – | – | 21 | 3 | ||
Total club | 56 | 14 | 0 | 0 | 0 | 0 | 56 | 14 | ||
Eibar | 2017–18 | Primeira División | 30 | 8 | 1 | 0 | – | – | 31 | 8 |
2018–19 | 34 | 14 | 2 | 1 | – | – | 36 | 15 | ||
2019–20 | 30 | 6 | 3 | 3 | – | – | 33 | 9 | ||
Total club | 94 | 28 | 6 | 4 | 0 | 0 | 100 | 32 | ||
Pontevedra | 2020–21 | Segunda División B / 2º RFEF | 21 | 5 | 2 | 0 | – | – | 23 | 5 |
2021–22 | 31 | 19 | – | – | – | – | 31 | 19 | ||
2022–23 | Primeira División RFEF | 35 | 6 | 2 | 0 | – | – | 35 | 6 | |
Total | 87 | 30 | 4 | 0 | 0 | 0 | 89 | 30 | ||
Total Pontevedra | 266 | 86 | 10 | 1 | 25 | 10 | 299 | 97 | ||
Total carreira | 589 | 177 | 28 | 8 | 27 | 10 | 643 | 195 |
- ↑ Inclúe partidos de promoción de ascenso a Primeira, a Segunda e Copa Federación.
Galería de imaxes
editar-
Charles xogando para o Pontevedra CF.
Notas
editar- ↑ "Traxectoria profesional". Sitio web oficial de Charles Dias (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2017. Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ "C.D. Feirense com História – 2002/2003". www.cdfeirense.pt (en portugués). Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ "Ficha de Charles". Fora de Jogo (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2020. Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ Casás, Xaime (29 de agosto de 2004). "El 'Poli' enseña al Pontevedra como se juega en Segunda". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ Sabatés, Roger (28 de maio de 2021). "Un brasileño de récord en Ponferrada". El País (en castelán). Consultado o 5 de decembro de 2021.
- ↑ "El Valladolid gana al Córdoba y sigue en la lucha del ascenso". As (en castelán). Axencia EFE. 10 de xuño de 2012. Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ "Charles recibió el Trofeo Pichichi y fue premiado por la Liga de Fútbol". Faro de Vigo (en castelán). 3 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2020. Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ "Crónica de un ascenso anunciado". Marca (en castelán). 22 de xuño de 2013. Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ Ardila, Alberto (22 de xuño de 2013). "Un cazagoles de Primera". Marca (en castelán). Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ "Charles, Mejor Delantero de la Liga Adelante" (en castelán). 2 de decembro de 2013. Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ "Charles deixa o Almería para fichar polo Celta" Arquivado 28 de xuño de 2013 en Wayback Machine., artigo na web da CRTVG, 24 de xuño de 2013.
- ↑ "Charles ficha por el Celta". El País (en castelán). 24 de xuño de 2013. Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ "Charles: "Mi forma de trabajar no va a cambiar por las críticas"". Marca (en castelán). 21 de agosto de 2013. Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ "El Athletic estrena el nuevo San Mamés con remontada al Celta". RTVE (en castelán). 17 de setembro de 2013. Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ "“Es un honor haber sido escogido para el primer gol”" (en castelán). 16 de febreiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2019. Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ Siguero, Santiago (11 de maio de 2014). "Sin pena ni gloria". Marca (en castelán). Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ de la Cruz, Luis (22 de febreiro de 2015). "Charles y Larrivey asaltan Riazor". Marca (en castelán). Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ "Charles: «Sabía que el entrenador no confiaba mucho en mí»". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xuño de 2015. Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ Ballesteros, Jesús (15 de xuño de 2015). "El Málaga cierra a Charles". Marca (en castelán). Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ "Hat-trick de Charles y primera victoria para el Málaga" (en castelán). 4 de outubro de 2015. Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ "Las Palmas se deja hacer en la fiesta del octavo". Marca (en castelán). 14 de maio de 2016. Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ "Charles abandona el Málaga". As (en castelán). 29 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2020. Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ G. Díaz, Luis (1 de febreiro de 2017). ""No es normal lo de las lesiones, es una cosa muy rara"" (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ Barroso, Ander (4 de xullo de 2017). "Charles ya es del Eibar". Marca (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ Barroso, Ander (22 de agosto de 2017). "Charles brilla en su vuelta a Málaga". Marca (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Charles y Kike García, los maximos goleadores" (en castelán). 27 de maio de 2018. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ Lorenzo, J. L. (1 de setembro de 2018). "Un gol de Charles en el 90’ hunde a la Real (2-1)". Mundo Deportivo. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ Barroso, Ander (3 de febreiro de 2019). "No diga gol, diga Charles". Marca (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ Pérez, José I. (15 de febreiro de 2019). "El Zarra despierta al Getafe". Marca (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ Espiño, Alejandro (31 de xullo de 2020). "Charles volve a casa: O Pontevedra confirma o regreso do dianteiro a Pasarón". Pontevedra Viva. Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ Barroso, Ander (4 de agosto de 2020). "Charles rechazó ofertas de China y Qatar por volver al Pontevedra". Marca (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ G. G., Xurxo (30 de setembro de 2020). "Charles Dias: "No soy un héroe, solo un futbolista que volvió al equipo que quería"". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ G. G., Xurxo (30 de novembro de 2021). "Charles se escribe con plata". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 13 de decembro de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en futbolme.com (en castelán).