Dianteiro

O dianteiro é unha posición de liña no fútbol, os xogadores que realizan este labor colócanse en posicións de ataque, próximos á portería rival e son no decurso dun partido os principais responsables de marcar os goles do seu equipo. As formacións modernas empregan entre un e tres dianteiros, pero o máis común é que haxa dous. Os adestradores adoitan colocar a un no medio campo (dianteiro centro), enfrontado á portería rival, mentres o outro (ou os outros) se coloca atrás deste ou nos laterais do campo (extremo esquerdo ou dereito), na procura de dar pases de gol ao outro dianteiro.

Un dianteiro en posición de marcar un gol