Igor de Souza
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Igor de Souza Fonseca, nado o 19 de febreiro de 1980 en Maceió é un futbolita brasileiro con pasaporte portugués que xoga na demarcación de dianteiro centro. É irmán do tamén futbolista Yuri de Souza e curmán do ex xogador do Celta de Vigo Charles Dias, cos que coincidiu no Pontevedra CF.
Igor | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Igor de Souza Fonseca | ||
Nacemento | 19 de febreiro de 1980 (44 anos) | ||
Lugar de nacemento | Maceió | ||
Altura | 1,90 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Bragança | |||
Desportivo das Aves | |||
Marialvas | |||
Gondim | |||
Pedrouços | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1998–2003 | Maia | 63 | (31) |
2003–2011 | Braga | 22 | (4) |
2004–2005 | → Vitória (cedido) | 28 | (6) |
2005–2006 | → Estrela Amadora (cedido) | 3 | (0) |
2006–2007 | → Pontevedra (cedido) | 50 | (19) |
2007–2011 | Pontevedra | 96 | (32) |
2008 | → Ipatinga (cedido) | 3 | (0) |
2009 | → Girona (cedido) | 15 | (3) |
2009 | → Levante (cedido) | 11 | (3) |
2009 | → Tenerife (cedido) | 7 | (0) |
2009 | Salamanca | 57 | (23) |
2009 | Panthrakikos | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarAo igual que o seu irmán desenvolve a maior parte da súa carreira en Portugal. Comezou xogando no Bragança e posteriormente no Clube Desportivo das Aves, Marialvas, Gondim e Pedrouços. Empezou a destacar no FC Maia, onde coincidiu co seu irmán e onde logrou os seus mellores rexistros goleadores chegando a anotar 26 goles nunha tempada.
No verán de 2002 fichou polo Sporting Clube de Braga, porén non acada continuidade no equipo e enlaza sucesivas cesións, no Vitória FC, CF Estrela da Amadora e no Pontevedra CF, equipo que finalmente exerce a opción de compra no ano 2011.
Chega cedido a Pontevedra en decembro de 2005 e dende un primeiro momento adaptase ao equipo, onde tamén milita o seu irmán Yuri. Debuta en xaneiro de 2006 ante o Celta de Vigo B, no que anota os tres goles da vitoria granate por 3-1. En apenas media tempada acada a interesante cifra de 15 goles. Ao ano seguinte repetiu cesión no equipo galego pese ao interese doutros equipos de categoría superior. No verán de 2007 o Pontevedra CF exerce a opción de compra.
No 2009 comezou outra época de cesións de pouco éxito, primeiro o Ipatinga FC e despois o Girona FC, Levante UD e CD Tenerife ata que en 2011 fichou pola UD Salamanca. Tras a desaparición da UD Salamanca foise xogar a Grecia, fichando polo Panthrakikos FC.