Estadio El Toralín
O Estadio El Toralín é un estadio de fútbol español da cidade berciana de Ponferrada, e serve como sede local á SD Ponferradina. Inaugurado o 5 de setembro de 2000, ten capacidade para 8.200 espectadores.
Estadio El Toralín | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estadio de fútbol ![]() | |||
Deporte | fútbol ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Ocupante | Ponferradina ![]() | |||
Propietario/a | Concello de Ponferrada | |||
Datas | ||||
Fundación | 5 de setembro de 2000 ![]() | |||
Inauguración | 5 de setembro de 2000 | |||
Dimensións | ||||
Capacidade | 8.800 | |||
Tipo superficie | céspede ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de León | |||
Concello | Ponferrada ![]() | |||
Localización | Ponferrada, España | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Historia
editarEl Toralín construíuse en substitución do anterior campo da SD Ponferradina, o Fuentesnuevas, que á súa vez substituíra o primeiro campo da entidade, o Santa María. Inaugurouse o 5 de setembro de 2000 nun encontro da SD Ponferradina contra o Celta de Vigo (0-2). O estadio remodelouse nunha ocasión, co gallo do ascenso da SD Ponferradina á Segunda División en 2006, momento no que se ampliaron tódalas bancadas até a actual capacidade e se reformaron o palco e as cabinas de prensa. Actualmente reúne as características que a UEFA impón para disputar partidos en competicións internacionais.