Abrir o menú principal

O Real Betis Balompié é un equipo de fútbol profesional da cidade andaluza de Sevilla, en España. Actualmente milita na Primeira División. Os seus máximos galardóns son un título de Liga na tempada 1934-35 e dúas Copas do Rei. Foi o primeiro equipo andaluz que xogou en Primeira División, que gañou a Copa do Rei no seu actual formato e que gañou a Liga española, ademais de ser o primeiro en xogar na Liga de Campións da UEFA no actual formato.

Betis
NomeReal Betis Balompié
Alcume(s)Béticos
Béticos del Universo
Verdiblancos
Verderones
Fundación1907 (112 anos)
EstadioBenito Villamarín,
Sevilla, España
Inauguración1929
Capacidade56.432
PresidenteEspaña Ángel Haro
AdestradorEspaña Rubi
LigaPrimeira División
2018–1910º
VestimentaAdidas
Páxina webPáxina web
Na casa

Está clasificado na 10ª posición na clasificación histórica da liga, con 47 tempadas na máxima categoría. Nos anos 1995, 1997 e 2005 logrou o 20º posto no Top 25 da clasificación de clubs do mundo da IFFHS. É, ademais, o sexto equipo en número de afeccionados en España (3,3%), segundo unha enquisa do CIS de maio de 2007, por detrás de Real Madrid (32,8%), Barcelona (25,7%), Valencia (5,3%), Athletic (5,1%) e Atlético de Madrid (4,3%).[1]

Disputa o derbi sevillano contra o Sevilla FC, club co cal mantén unha gran rivalidade histórica.

HistoriaEditar

 
Aliñación do Sevilla Balompié o 25 de decembro de 1913.

O club fundouse o 12 de setembro de 1907 como Sevilla Balompié. En 1909 creouse o Betis FC dunha escisión do Sevilla FC e ambos fusionáronse en 1914 adoptando o nome actual. Foi no mesmo ano cando recibiu o título de "Real" por parte do rei Afonso XIII. O nome de Betis é un derivado da palabra "Bética", nome romano de Andalucía. A causa das súas orixes, o Betis foi apoiado, en xeral, pola clase obreira. A data dat l'actual nom.

O Betis gañou a súa primeira e única liga ata o momento na tempada 1934-35. A partir dese ano o equipo foi en declive. A peor situación do equipo tivo lugar co descenso en 1974 á Terceira División, co paradoxo de que o seu filial ascendeu á Segunda División. 2 anos despois o primeiro equipo ascendeu, o que levou consigo o descenso do filial. En 1977 o Betis gañou a Copa do Rei, a primeira da democracia. Durante o verán de 1992 o club estivo a piques de desaparecer por unha forte crise, pero foi salvado polo seu vicepresidente Manuel Ruiz de Lopera, quen se converteu no seu propietario.

Na tempada 2004-05, o Betis conseguía terminar a Liga en cuarta posición, clasificándose por primeira vez na súa historia para xogar a rolda previa da Liga de Campións. Ademais, ese mesmo ano o club conseguíu a súa segunda Copa do Rei, gañando na final ao CA Osasuna. Na rolda previa da Liga de Campións conseguíu superar ao subcampión de 2004, o AS Mónaco, e disputou a fase de grupos. Quedou encuadrado nun grupo xunto a Chelsea FC, Liverpool FC e RSC Anderlecht. O Betis quedou eliminado pero coa súa terceira posición obtivo unha praza nos dezaseisavos de final da Copa da UEFA. O equipo sería eliminado en oitavos polo Steaua Bucarest. Ese mesmo ano, na liga, estivo a punto de descender a Segunda. Na tempada 2008-09, o club acababa en 18ª posición e descendía novamente a Segunda División.

Despois dunha tempada na que non puido ascender, en 2011 conseguíu, da man do técnico Pepe Mel o retorno a Primeira División.

UniformeEditar

  • Uniforme titular: Camiseta verdibranca, pantalón branco e medias verdes.
  • Uniforme alternativo: Camiseta verdinegra, pantalón negro e medias verdes.
  • Terceiro uniforme: Camiseta azul, pantalón branco e medias negras.

EstadioEditar

 
Panorámica do estadio
Artigo principal: Estadio Benito Villamarín.

O Estadio Benito Villamarín ten capacidade para 55.500 persoas. Actualmente xa están terminadas as zonas de Fondo e Gol Norte. Está situado no barrio de Heliópolis, na Avenida da Palmera. As súas dimensións son 107 x 64 metros. Actualmente segue en construción. O Gol Sur será derribado para o seu remodelación no verán cando acabe a tempada co que o club terá que xogar a partir desa data no Estadio Olímpico de La Cartuja, o estadio terá unha capacidade de 64.000 espectadores.

Datos do clubEditar

  • Número de Socios: 35.000
  • Tempadas en : 48
  • Tempadas en : 25
  • Tempadas en 2ªB: 0
  • Tempadas en : 7

XogadoresEditar

Equipo actualEditar

Actualizado a 1 de febreiro de 2018.
Posto País Xogador
1 POR   Dani Giménez
2 DEF   Rafa Navarro
3 MED   Javi García
4 DEF   Zouhair Feddal
5 DEF   Jordi Amat
6 MED   Fabián Ruiz
7 DIA   Sergio León
8 MED   Víctor Camarasa
9 DIA   Antonio Sanabria
10 MED   Ryad Boudebouz
12 DIA   Joel Campbell
13 POR   Antonio Adán
Posto País Xogador
14 DEF   Riza Durmisi
15 DEF   Marc Bartra
16 DIA   Loren Morón
17 MED   Joaquín
18 MED   Andrés Guardado
19 DEF   Antonio Barragán
20 DIA   Cristian Tello
23 DEF   Aïssa Mandi
24 DIA   Rubén Castro
27 MED   Francis Guerrero
27 DEF   Junior Firpo

PalmarésEditar

Torneos nacionaisEditar

FilialEditar

Artigo principal: Betis Deportivo Balompié.

O filial do Betis é o Betis Deportivo, fundado en 1962 e que actualmente milita no grupo IV da Segunda División B Española.

NotasEditar

Véxase taménEditar