Antonio Barragán

futbolista español

Antonio Barragán Fernández, nado en Pontedeume o 12 de xuño de 1987, é un futbolista galego. Xoga de defensa e o seu equipo actual é o Real Betis Balompié da Liga Santander.

Antonio Barragán
Información persoal
Nome Antonio Barragán Fernández
Nacemento 12 de xuño de 1987 (36 anos)
Lugar de nacemento Pontedeume
Altura 182 centímetros
Posición Defensa
Información de club
Club actual Betis
Número 19
Carreira xuvenil
2002–2005 Sevilla
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005–2006 Liverpool 0 (0)
2006–2009 Deportivo da Coruña 26 (2)
2009–2011 Valladolid 41 (0)
2011–2016 Valencia 110 (1)
2016–2018 Middlesbrough 26 (0)
2017–2018Betis (cedido) 29 (0)
2018–Betis (cedido) 1 (0)
Selección nacional
2005 España sub-17 4 (0)
2005–2006 España sub-19 11 (0)
2006 Galicia 1 (0)
2007 España sub-20 5 (0)
2007 España sub-21 1 (0)
Na rede
FIFA: 239191 UEFA: 98405 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 17 de agosto de 2018.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Pontedeume, pertenceu á canteira do Sevilla FC antes de ser contratado polo Liverpool de Rafa Benítez, mais ante a ausencia de oportunidades, volveu a Galicia para recalar no Deportivo da Coruña.

Na tempada 2009–10, chegou ao Real Valladolid coa carta de liberdade, firmando por tres tempadas.

Trátase dun lateral dereito de nivel defensivo, difícil de superar nos "un contra un", ten moita intuición e case sempre escolle a opción máis adecuada. Cun gran físico para a práctica deste deporte, posúe un bo sprint e moito percorrido, gustándolle incorporarse ás posicións de ataque continuamente.

O 30 de agosto de 2011 anunciouse a súa fichaxe polo Valencia CF por 5 tempadas, cun custo de 1,5 millóns de euros.[1]

Selección nacional editar

Era habitual nas categorías inferiores da selección española, dándose a coñecer no Europeo sub-19 de 2006.

Palmarés editar

Deportivo

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar