Copa Intertoto

torneo de fútbol europeo por equipos

A Copa Intertoto da UEFA foi unha competición de fútbol oficial organizada pola UEFA para clubs europeos que non se clasificaran para algunha das principais competicións da UEFA (a Liga de Campións e a Copa da UEFA), sendo clasificatoria para a Copa da UEFA.

Modelo:Competición deportivaCopa Intertoto
Editar o valor en Wikidata
Imaxe
(2024)
Nome na lingua orixinal(en) UEFA Intertoto Cup Editar o valor en Wikidata
Tipocampionato Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorUEFA Editar o valor en Wikidata
Número de participantes50 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia1961 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaxuñoEditar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Organización
PropietarioUEFA Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialen.archive.uefa.com… Editar o valor en Wikidata

Disputouse entre 1962 e 1967 baixo o nome de Copa de Fútbol Internacional, sendo asumida en 1995 pola UEFA. A última edición xogouse en 2008.

Historia

editar

A Copa Intertoto substituíu á Copa de Fútbol Internacional (IFC), que era unha competición organizada polos grupos de empresas de fútbol de Europa central a fin de proporcionar partidos para as súas entradas durante os meses de verán esta existiu desde 1962 ata 1967, a partir deste ano o formato foi cambiado. A fase de grupos prevaleceu, sobre róldalas eliminatorias que foron refugadas, así naceu unha competición sen trofeo.[1] En 1995 foi asumido pola UEFA e aberto aos clubs de toda Europa. A copa non tiña un único campión; había un número determinado de finais, cuxos gañadores entraban na Copa da UEFA da seguinte tempada. Isto convertía a competición en atractiva para moitos clubs, que a vían como a súa única oportunidade de clasificarse para Europa.

Algúns países non aproveitaban totalmente cada ano a súa asignación de postos na Copa Intertoto, xa que para moitos clubs a competición entraba en conflito cos seus torneos planificados para o verán ou cos amigables de pre-tempada. Era particularmente impopular en Inglaterra onde se refería a ela con nomes pexorativos como "Intertwobob Cup" ou "Intertinpot Cup", no entanto para o ente reitor, era considerado como Torneo Oficial.

Formato

editar

Ata o ano 2005, a Copa Intertoto constaba de 3 roldas previas, semifinais e final. Nas 3 primeiras roldas, ían ingresando os equipos de acordo coa posición na súa liga, e ao país que representaban. Unha vez concluídas as 3 roldas, viñan as semifinais, disputadas por 12 equipos, e finalmente as tres finais, das que saían os 3 equipos que participaban na seguinte edición da Copa da UEFA.

Na tempada 2006 a Copa Intertoto cambiou de formato, reducíndose a tres roldas a dobre volta e aumentando a 11 o número de equipos que se clasificaban para a Copa da UEFA, aínda que empezando na segunda rolda previa. Aos equipos que chegaban máis lonxe nas roldas da UEFA entregábaselles un distintivo ou trofeo consistente nunha placa conmemorativa.

O 30 de novembro do 2007 a UEFA no seu Comité Executivo decidiu prescindir da Copa Intertoto co cambio de formato de competición da Copa da UEFA aplicable desde a tempada 2009-10. Deste xeito, no verán de 2008 disputouse a última edición da Copa Intertoto.

Os equipos galegos na Intertoto

editar

Os dous equipos galegos que participaron na Copa Intertoto foron o Celta de Vigo, nunha ocasión, e o Deportivo da Coruña, en dúas.

O Celta gañou o torneo, e conseguiu a clasificación para a Copa da UEFA no ano 2000 tras impoñerse nunha das finais da Intertoto ó Zenit San Petersburgo. O Deportivo, pola súa parte, disputou a final no ano 2005, na que foi derrotado fronte ó Olympique de Marsella pero clasificouse no ano 2008 cando disputou a final e derrotou ao Bnei Sakhnin.

Todas as finais

editar

Campións da Copa Karl Rappan [2]

editar
Tempada Campión Subcampión Resultado
1962   Ajax   Feyenoord Rotterdam 4-2 (pr.)
1963   Inter Bratislava   Calcio Padova 1-0 (pr.)
1964   Inter Bratislava   Polonia Bytom 1-0 (pr.)
1965   Polonia Bytom   Leipzig 5-4
1966   Lokomotive Leipzig   Norrköping 4-1
1967   Eintracht Frankfurt   Inter Bratislava 4-3

Campións da Copa Intertoto

editar

En cursiva, o resultado no estadio do gañador.

Tempada Campión Subcampión Ida Volta Global
1995   Estrasburgo   Tirol Innsbruck 1-1 6-1 7-2
  Girondins de Bordeos   Karlsruher 2-0 2-2 4-2
1996   Karlsruher   Standard de Liège 0-1 3-1 3-2
  En Avant Guingamp   Rotor Volgograd 1-2 1-0      2-2
  Silkeborg   Segesta Sisak 2-1 0-1      2-2
1997   Bastia   Halmstads 1-0 1-1      2-1 (pr.)
  Olympique de Lión   Montpellier 1-0 3-2 4-2
  Auxerre   Duisburg 0-0 2-0 2-0
1998   Valencia   Salzburgo 2-0 2-1 4-1
  Werder Bremen   Vojvodina Novi Sad 1-0 1-1 2-1
  Bologna   Ruch Chorzów 1-0 2-0 3-0
1999   Montpellier   Hamburgo 1-1 1-1 2-2
     (3-0 p.)
  Juventus   Stade Rennes 2-0 2-2 4-2
  West Ham   Metz 1-0 3-1 4-1
2000   Udinese   Sigma Olomouc 2-2 4-2      6-4 (pr.)
  Celta de Vigo   Zenit San Petersburgo 2-1 2-2 4-3
  Stuttgart   Auxerre 2-0 1-1 3-1
2001   Aston Villa   Basilea 1-1 4-1 5-2
  Paris Saint-Germain   Brescia 0-0 1-1      1-1
  Troyes   Newcastle United 0-0 4-4      4-4
2002   Málaga   Villarreal 1-0 1-1 2-1
  Fulham   Bologna 2-2 3-1 5-3
  Stuttgart   Lille 0-1 2-0 2-1
2003   Schalke 04   Pasching 2-0 0-0 2-0
  Villarreal   Heerenveen 2-1 0-0 2-1
  Perugia   Wolfsburgo 1-0 2-0 3-0
2004   Lille   Leiria 0-0 2-0 2-0
  Schalke 04   Slovan Liberec 2-1 1-0 3-1
  Villarreal   Atlético de Madrid 2-0 0-2 2-2
     (3-1 p.)
2005   Hamburgo   Valencia 1-0 0-0 1-0
  Lens   Cluj 1-1 3-1 4-2
  Olympique de Marsella   Deportivo da Coruña 0-2 5-1 5-3
Tempada Gañadores
2006   Newcastle United   Auxerre
  Ethnikos Achnas
  Grasshopper-Club
  Hertha Berlín
  Kayserispor
  Maribor
  Odense
  Olympique de Marsella
  Ried
  Twente
2007   Atlético de Madrid

  Aalborg
  Blackburn Rovers
  Hamburgo
  Hammarby
  Leiria

  Lens
  Otelul Galati
  Rapid Viena
  Sampdoria
  Tobol Kostanay
2008   Sporting de Braga

  Aston Villa
  Deportivo da Coruña
  Elfsborg
  Grasshopper-Club
  Nápoles

  Rosenborg
  Stade Rennes
  Sturm Graz
  Stuttgart
  Vaslui

Palmarés

editar

Equipos segundo número de títulos

editar
Equipo País Títulos Subcampión Anos campión
VfB Stuttgart   Alemaña 3 0 2000, 2002 e 2008
Villarreal CF   España 2 1 2003 e 2004
Hamburger SV   Alemaña 2 1 2005 e 2007
AJ Auxerre   Francia 2 1 1997 e 2006
FC Schalke 04   Alemaña 2 0 2003 e 2004
Olympique de Marseille   Francia 2 0 2005 e 2006
RC Lens   Francia 2 0 2005 e 2007
Aston Villa FC   Inglaterra 2 0 2001 e 2008
Grasshopper-Club   Suíza 2 0 2006 e 2008
Karlsruher SC   Alemaña 1 1 1996
Valencia CF   España 1 1 1998
Bologna FC 1909   Italia 1 1 1998
Montpellier Hérault SC   Francia 1 1 1999
Lille OSC   Francia 1 1 2004
Newcastle United FC   Inglaterra 1 1 2006
Club Atlético de Madrid   España 1 1 2007
RC Strasbourg   Francia 1 0 1995
FC Girondins de Bordeaux   Francia 1 0 1995
En Avant Guingamp   Francia 1 0 1996
Silkeborg IF   Dinamarca 1 0 1996
SC Bastia   Francia 1 0 1997
Olympique Lyonnais   Francia 1 0 1997
Werder Bremen   Alemaña 1 0 1998
Juventus FC   Italia 1 0 1999
West Ham United FC   Inglaterra 1 0 1999
Udinese Calcio   Italia 1 0 2000
Real Club Celta de Vigo   Galicia 1 0 2000
Paris Saint Germain FC   Francia 1 0 2001
Troyes AC   Francia 1 0 2001
Málaga CF   España 1 0 2002
Fulham FC   Inglaterra 1 0 2002
AC Perugia   Italia 1 0 2003
Ethnikos Achnas FC   Chipre 1 0 2006
FC Twente   Países Baixos 1 0 2006
Hertha BSC Berlin   Alemaña 1 0 2006
Kayserispor   Turquía 1 0 2006
NK Maribor   Eslovenia 1 0 2006
Odense BK   Dinamarca 1 0 2006
SV Ried   Austria 1 0 2006
Aalborg BK   Dinamarca 1 0 2007
Blackburn Rovers FC   Inglaterra 1 0 2007
FC Otelul Galati   Romanía 1 0 2007
FC Tobol Kostanay   Casaquistán 1 0 2007
Hammarby   Suecia 1 0 2007
SK Rapid Wien   Austria 1 0 2007
UC Sampdoria   Italia 1 0 2007
UD Leiria   Portugal 1 0 2007
Sporting Braga   Portugal 1 0 2008
IF Elfsborg   Suecia 1 0 2008
Rosenborg BK   Noruega 1 0 2008
SC Vaslui   Romanía 1 0 2008
SK Sturm Graz   Austria 1 0 2008
SSC Napoli   Italia 1 0 2008
Stade Rennais FC   Francia 1 0 2008

Países segundo número de títulos

editar
País Títulos Subcampionatos
  Francia 16 5
  Alemaña 11 4
  España 7 4
  Inglaterra 7 1
  Italia 6 2
  Austria 4 3
  Dinamarca 3 0
  Portugal 2 1
  Suecia 2 1
  Suíza 2 1
  Romanía 2 1
  Países Baixos 1 1
Chipre 1 0
  Turquía 1 0
  Eslovenia 1 0
  Casaquistán 1 0
  Rusia 0 2
República Checa 0 2
  Bélxica 0 1
  Croacia 0 1
  Serbia e Montenegro 0 1
  Polonia 0 1

Estatísticas

editar

Equipos españois

editar
Equipo Participacións Gañador
Villarreal CF 4 2
Valencia CF 2 1
Atlético de Madrid 2
RCD Espanyol 2
Deportivo 2
Celta de Vigo 1 1
Málaga CF 1 1
Athletic Club de Bilbao 1
RCD Mallorca 1
Racing de Santander 1
  1. "Historia da Copa Intertoto da UEFA". Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2006. Consultado o 12 de abril de 2006. 
  2. O Ajax é o primeiro club vencedor da Copa Intertoto, pero durante a década de 1960, segundo a Historia da Copa Intertoto da UEFA do sitio oficial da UEFA (uefa.com), o torneo estivo organizado por Ernst Thommen e Karl Rappan nunha época onde os únicos torneos recoñecidos e organizados pola UEFA eran a Copa de Europa (actual Liga de Campións) e a Recopa de Europa. Desde 1995 a Copa Intertoto adquire rango oficial ao ser organizada pola UEFA, desde 1995.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar