Rosenborg Ballklub

(Redirección desde «Rosenborg BK»)

O Rosenborg Ballkub, tamén coñecido polas siglas RBK, é un club de fútbol da cidade de Trondheim, en Noruega.

Rosenborg BK
NomeRosenborg Ballklub
Alcume(s)Troillongan
Fundación19 de maio de 1917
EstadioLerkendal Stadion,
Trondheim, Noruega
Inauguración1947
Capacidade21.405
Presidente Ivar Koteng
Adestrador Kåre Ingebrigtsen
LigaEliteserien
20239.º
Na rede
http://www.rbk.no/
Facebook: rosenborg Twitter: RBKfotball Instagram: rosenborgballklub Snapchat: rosenborgbk Youtube: UCMzBr0zvB2uhUTRvnSFzwIw Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O palmarés do club é o máis extenso do fútbol noruegués, onde posúe a marca de 13 campionatos da liga norueguesa gañados consecutivamente (desde 1992 a 2004).

Historia editar

O club foi fundado o día 19 de maio de 1917 co nome de Odd. Con todo os inicios para o equipo non foron fáciles, e ata o ano 1967 non conseguiron facerse un oco na elite do fútbol noruegués, conseguindo o seu primeiro campionato de liga.

Así deu inicio a unha época de 7 anos nos que se alternaba na primeira e a segunda posición do campionato. Con todo, o club volveu perder protagonismo, permanecendo 13 anos sen alzarse coa liga, desde 1971 a 1985.

En 1992 daría comezo ao seu longo refacho de triunfos, truncada en 2005 polo Vålerenga IF, cun decepcionante sétimo posto logo de ser o gran dominador durante trece anos. Esta marca de vitorias consecutivas é o segundo máis longo no mundo, superado polo Skonto Riga letón (14 ligas entre 1991 e 2004).

Ata o ano 2004 o Rosenborg posuía a marca de participacións consecutivas na fase final de grupos da Liga de Campións da UEFA (oito participacións desde 1995 a 2002). En 2004 o Manchester United conseguiu a súa novena participación seguida.

Uniforme editar

  • Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón negro e medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias negras.

Palmarés editar

Torneos nacionais editar

Ligazóns externas editar